Archive for julio 22, 2007

Fernando Alonso gaña en Nürburgring

Foto de www.20minutos.es. Fernando Alonso no podium 

¿Quen dixo que a Fórmula 1 era aburrida?. As persoas que pensan eso deberían de ver o GP de Europa que se celebrou hoxe en Alemaña. Foi unha carreira moi entretenida, cun comezo e un final espectacular, no que apareceu a choiva conseguindo que tódalas tácticas previstas polas escuadras non servisen para nada. 

Cando todo parecía listo para sentencia, e que Felipe Massa ía a gañar este gran premio apareceu a choiva, novamente, e da auga de Nürburgring xurdiu o campión do mundo, o asturiano Fernando Alonso, que cunha conducción maxistral e arriscada adiantou ao brasileño -faltando cinco voltas para o final- e tras manter un pique espléndido no que ambos chegaron a tocarse. Pique que continuou unha vez rematada a carreira e antes de subir ao “podium”. 

Fernando con este adiantamento seguro que fixo pechar moitas bocas que dubidaban del, e empezaban a dicir que Hamilton era superior a el. Sobre as raras “axudas” do inglés tocará falar outro día.

Vídeo do adiantamento de Alonso a Massa.

Vídeo da discusión entre Alonso e Massa (subtitulada).

Anuncios

julio 22, 2007 at 11:40 pm 1 comentario


Calendario

julio 2007
L M X J V S D
« Jun   Ago »
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031  

O meu Twitter

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.