A bandeira negra da praia de Barraña

julio 23, 2007 at 1:40 pm 1 comentario

Playa de Barraña e paseo mar�timo 

“Ecologistas en Acción ha otorgado a esta playa una de las cuatro banderas negras que concedió al litoral gallego para llamar la atención sobre sus ­aspectos más negativos y dándose la paradoja que el mismo arenal cuenta con bandera azul.”

 Esto aparecía onte nunha información publicada polo xornal compostelán El Correo Gallego. Unha nova similar apareceu o pasado 19 de xullo en Tele Salnés-Barbanza. Ámbolos medios basean a súa información nun estudio realizado pola asociación Ecologistas en acción, aínda que ámbolos medios de comunicación deberían de puntualizar que se ben é certo que este colectivo no seu estudio lle outorga a bandeira negra a Barraña non é motivado pola súa presunta contaminación ou falla de limpeza –tal e como din- senón por, e cito textualmente: 

“… por la construcción de diques y regeneración artificial de la playa. Obra licitada por la Dirección General de Costas que desconfigurará esta parte de la costa gallega. La inversión será de 6,9 millones de euros.”

Sería bo, polo tanto, para non desinformar á xente e non crear unha situación de alarma ou preocupación nos usuarios desta praia boirense, que a información que se facilite sexa a correcta e a que reflexa o citado estudio, e non empregar o sensacionalismo para que a nova teña máis credibilidade. 

É certo tamén, que a praia de Barraña necesitaría que se mellorasen os servizos de limpeza en todo o areal, así como outros máis básicos e necesarios –salvamento, hixiénicos, calidade da auga, seguridade, …- dos que debe estar dotado un areal tan visitado como este, e iso é responsabilidade do goberno municipal, que debe de garantir que todo estea en óptimas condicións. Pero a responsabilidade e a deixadez que poida ter o goberno municipal non debe de ser motivo para a información que faciliten os medios teña que ser deformada de xeito premeditado. 

Outro apunte sobre este informe de Ecologistas en Acción,o cal eu si lin, son os criterios polos que se asignan as bandeiras e os puntos negros, xa que polo simple feito de que nun lugar se teña previsto levar a cabo unha rexeneración dunha praia (como é o caso de Barraña), se constrúa un porto deportivo ou exista o proxecto dun paseo marítimo xa é motivo de que se considere como negativo e apareza reflexado neste estudio. Por tanto, considero que é un estudio enganoso e que pode confundir a quen non o lee nin coñece os criterios empregados, e vai en contra, precisamente, de actuacións e obras que son os propios cidadáns os que as reclaman. Véñenme agora á cabeza os veciños e veciñas de Cabo de Cruz ou de Escarabote, os cales seguramente prefiren que non lles fagan o porto deportivo ou o paseo marítimo porque, segundo o criterio deste estudio, serían considerados puntos negros. 

Para rematar, facer un breve comentario sobre a posible fiabilidade e rigurosidade deste estudio, o cal, por exemplo, sitúa na provincia de Pontevedra lugares como Muros, Porto do Son, Cabo Vilán, Camariñas, Muxía, Fisterra, Cee, Corcubión, etc.

Anuncios

Entry filed under: Barbanza, Boiro, Galicia, Persoal.

Unha rivalidade de anuncio A sentencia do Xuíz Calamidá

1 comentario Add your own

  • 1. Lúa  |  agosto 4, 2007 en 1:49 pm

    É evidente que o estudo realizado por Ecologistas en Acción debería ser matizado. Pero desde o meu punto de vista é demasiado benévolo.
    Chámame a atención a pouca importancia que lle das ó feito de que a praia de Barraña conta cunha red de colectores en medio de todo o areal (o que é unha evidencia), feito que non se corrixe cunha rexeneración nin mellorando os servizos da praia. Precisamente a calidade das augas é consecuencia directa, entre outros moitos factores, da falta de control nos vertidos de augas residuais que se efectuan na praia.
    A beleza da praia de Barraña é indiscutible, mais tampouco se pode negar a presencia de numerosos impactos, tales como: recheos en determinadas zonas do areal, presencia de granulometrías de area do máis variopintas, suciedade da praia, A REDE DE COLECTORES A TRAVÉS DA PRAIA, canalización da rede de drenaxe das rúas transversalmente á praia con verquidos que non son únicamente de augas pluviais, presencia de numerosas especies alóctonas que atentan coa biodiversidade propia da zona (claro, esto só se vera a longo prazo), un descuido claro e evidente da fachada marítima e da zona do muelle da Chouza…

    Cando se citan certas actuacións como a rexeneración da praia, o Porto deportivo ou o paseo marítimo sería convinte tamén consultar ditos proxectos, analizar as causas do porqué da súa execución e tamén saber qué solución se lles da. É obvio que calquer veciño vai darlle a benvida a calquera obra que se faga no Concello. Eso é a priori. Cando ven o resultado, moitas veces, de actuacións inxustificadas o mal concebidas (exemplos deses hai dabondo nas obras da administración), tan só pensadas por invertir con meros fins localistas ou partidistas, é cando o soño inicial de ter máis e mellor que o do lado, se desvanece. Para entonces, xa os cartos estarán gastados, o dano feito e o futuro dos nosos fillos hipotecado por estrangulamento total dos limitados recursos naturais cos que contamos.

    Conclusión: é prioritario, para a praia de Barraña, resolver os problemas de saneamento, invasión de especies, limpeza… antes de acometer calquer outra inversión. Dame a impresión de que se actúa sen sentido, por invertir unicamente, e logo será necesario poñer parches, como pasa sempre que se toman decisión basadas en intereses locais e non xerais.
    Logo todo o mundo se bota as mans á cabeza.

    Paréceme adecuada a actuación das ONX’s, aínda que matizables, por obligar a poñer unha lupa en certos sitios. Peor uso dos medios fan os políticos, con moito menos rigor, e só fai falla ir a unha hemeroteca dun xornal para velo. E por riba de todo manipulan a todos aqueles veciños que, por circunstancias da vida, carecen de recursos para poder informarse como deberían.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Calendario

julio 2007
L M X J V S D
« Jun   Ago »
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031  

O meu Twitter

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

A %d blogueros les gusta esto: