De relax en Asturias

agosto 8, 2007 at 2:09 pm Deja un comentario

Vista desde a casa de Cuerres en Ribadesella 

Levamos xa unha semana en Asturias. Chegamos o martes da semana pasada, e desde ese mesmo día intentei escribir algo no blog, pero fun incapaz. A verdade e que estiven bastante entretido,pero ademais a pereza gañoume a partida. 

O fin de semana estivemos en Ribadesella, como tódolos anos asistimos ao descenso do Sella -unha tradición familiar durante os últimos cinco anos-. Marchamos o venres para a casa que meu cuñado Arturo ten en Cuerres, e estamos alí todo o fin de semana, este ano xuntámonos máis de vinte persoas. 

A verdade é que cando un está relaxado e tranquilo as novas e a actualidade vense doutra maneira. Durante esta semana seguín a actualidade nacional pero desde lonxe, como sen que me importase demasiado o que acontecía. O goberno de Navarra, o “roubo” a Fernando Alonso, as novas discrepancias no goberno galego, os caos circulatorios en Cataluña, etc. Eu non sei se este exceso de “pasotismo” é politicamente correcto, o que si sei é que é tremendamente recomendable e moi saudable. Por iso, todos deberiamos poñer o “salvapantallas” de cando en vez.

Estes días en Gijón servíronme para cargar a batería, e ata para mandar á papeleira de reciclaxe algúns problemas que carecen de interese. Non hai nada mellor que disfrutar coa familia, descansar, tomar unhas copas de cando en vez, …, en definitiva ¡¡VIVIR!!.

Acabo de darme conta que isto non é o que tiña pensado escribir, pero agora xa está.

Un saúdo. Mañá marchamos para Galicia.

Anuncios

Entry filed under: Familia, Persoal, Recomendacións.

A sentencia do Xuíz Calamidá O poderío de Susana Seivane

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Calendario

agosto 2007
L M X J V S D
« Jul   Sep »
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  

O meu Twitter

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

Fotos

Debuxo do Carrabouxo

Nevada (2)

Nevada (2)

Nevada (2)

Nevada (2)

Más fotos

A %d blogueros les gusta esto: