O poderío de Susana Seivane
agosto 11, 2007 at 3:17 am 3 comentarios
Teño comentado xa a miña devoción pola música folk, en especial polo mestre Carlos Núñez, aínda que hoxe quero recomendarvos que escoitedes, e a poder ser en directo á gaiteira Susana Seivane.
Eu téñoa visto varias veces actuar en televisión e escoitado en CD, aínda que nunca tivera a oportunidade de vela en directo. Hoxe tiven a ocasión de disfrutar da súa actuación en Boiro, con motivo do Vai de Camiño que organiza o Xacobeo, e teño que confesarvos que estou fascinado pola súa forza e o seu poderío sobre o escenario, pero ao mesmo tempo pola naturalidade, a sencillez e a sensualidade que transmite; ademais de saber rodearse dun fantástico grupo de músicos, entre os que se atopa o baixista noiés Kin García.
Mentres estaba vendo e escoitando actuar a Susana víñanme á cabeza recordos doutra popular gaiteira de pelo verde, que abusaba en exceso da esaxeración e o desenfreo, aparte de que musicalmente deixaba bastante que desexar, alomenos coa gaita –como pianista non teño opinión-. A andaina musical de Susana Seivane non foi tan sonada nin meteórica como a de Cristina Pato, quizais porque non tivo a sorte de saír nun anuncio de cava, pero a diferencia é que a de Cambre naceu entre foles, roncos e punteiros, e leva tocando en escenarios desde nena, polo que a gaita non ten secretos para ela.
Polo que, se tendes ocasión e vos gusta a música galega, non deixedes de ver un concerto da Gaiteira Seivane
Entry filed under: Música, Persoal, Recomendacións.
1.
Manuel Cendán | agosto 14, 2007 a las 7:36 am
Si, está claro que Susana ten moita calidade. Aínque que persoalmente gústame máis Berrogüetto.
2.
blas | agosto 14, 2007 a las 4:41 pm
Manolo, a min tamén me gusta máis Carlos Núñez, pero eu descubrín o pasado venres a calidade de Susana; á cal nunca a escoitara en directo. E polo que puiden observar despois ten unha axenda bastante apretada, xa que viña de tocar en Bos Aires, e de Boiro marchaba directamente a Francia.
O que non cabe dúbida é que en galicia hai moi bos músicos e moi bos grupos. Eu un que estou descubrindo últimamente é MARFUL. Escoitao e cóntame
3.
Manuel Cendán | agosto 20, 2007 a las 8:37 am
Hai xa un par de meses que merquei o cd de Marful. É do melloriño que hai hoxe na música galega.
Creo que temos moito e bos músicos galegos; o que falta é mercado, consumidores e poder espallar aos nosos grupos máis alá de Galicia e do circuito cultural da Xunta e das Caixas.
Polo menos, a Rede está axudando a moitos dos nosos grupos a abrir un burato e dicir que existen.
Unha aperta.