Un pacto difícil

agosto 15, 2007 at 2:55 am Deja un comentario

Sinatura do acordo no ano 2003 

A vida política en Boiro anda un pouco revolta –ou un moito- porque os cidadáns notan a existencia dun “vacío” de poder ao fronte do goberno municipal. E os e as boirenses están espectante para ver como se resolve o asunto das dedicacións e ver ao final quen consegue tirar máis forte da corda e arrastrar ao contrario ata o seu campo.

 A cuestión de quen vai a cobrar converteuse nun pulso que manteñen ámbalas formacións políticas, na que ningunha delas quere dar o seu brazo a torcer, xa que a situación chegou a enrocarse de tal xeito que de ceder algunha das partes consideraríase coma unha derrota fronte á sociedade; pero o peor de todo é que ningunha das formacións quere dar o primeiro paso para falar, e iso estámolo pagando os boirenses, porque a sensación de desgoberno e de apatía e notoria. 

Seguramente haberá xente que poidan sorprenderse de que eu diga cousas como estas, dada a miña afiliación, pero eu teño unha concepción da política que dista bastante de como están a actuar os chamados líderes de ambos partidos. Por encima de todo hai que entender a política como un servizo aos cidadáns e non como unha maneira de sobrevivir, e a imaxe que se está trasladando e aquela de “todo por la pasta”. 

Eu descoñezo a solución que vai a ter este asunto, pero o que si sei é que de chegar a un acordo a ferida vai a quedar aberta e terá unha difícil cicatrización, feito que vai a incidir de xeito negativo durante toda a lexislatura. Deira quixo repetir novamente como alcalde de Boiro, e iso levouno a asinar “in extremis” un preacordo con Ares, o cal agora está a obviar e permanece agachado detrás das presuntas directrices que lle marca a súa asemblea de militantes; pero un líder debe de ser sobre todo honesto e ter palabra, e debe de estar capacitado para arranxar as dificultades que xurdan, e coa súa actitude o que demostra e unha incapacidade para o diálogo e para estar sentado no sillón da alcaldía. A non ser que toda esta situación a estea provocando el mesmo porque o que quere é gobernar en minoría e pactar de xeito puntual con calquera partido con representación no pleno; e de ser así debería de ser sincero e dicilo claramente. 

Di o refrán que “en auga revolta ganancia de pescadores”, e os únicos que están saíndo beneficiados do fracaso político de nacionalistas e socialistas son o Partido Popular e os independentes de Velo. E de non acadar un acordo en datas próximas alguén debería de empezar a asumir a súa responsabilidade a curto prazo.

Anuncios

Entry filed under: Barbanza, BNG, Boiro, Municipais 2007, Política, PSdeG-PSOE.

O campionato do mundo de Hamilton Unha de leis raras, raras, raras

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Calendario

agosto 2007
L M X J V S D
« Jul   Sep »
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  

O meu Twitter

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

A %d blogueros les gusta esto: