Unha de leis raras, raras, raras

agosto 17, 2007 at 12:23 am 1 comentario

leis absurdas

En moitas ocasións queixámonos da existencia de leis absurdas e sen sentido. Neso son especialistas os do PP que durante esta lexislatura cualificaron como absurdas –e inconstitucionais- case todas as que se aprobaron no Congreso.

Pero, sen dúbida Rajoy e os seus descoñecen a existencia dun ranking, elaborado por The Times, das vintecinco leis máis extravagantes e ilóxicas.

Este é o ranking:

  1. Se aparece unha balea morta nas costas británicas, a cabeza é do rei. Con todo, a cola pertence á raíña no caso de que necesite os ósos para o seu corpiño.

  2. En Bahrein, un doutor pode examinar os xenitais dunha muller, pero ten terminantemente prohibido mirar a eles directamente durante o exame, e só pode ver o seu reflexo nun espello.

  3. En Londres é ilegal montar nun taxi se se ten a peste.

  4. En Vermont (Estados Unidos), as mulleres necesitan un permiso asinado dos seus maridos para usar dentadura postiza.

  5. Na cidade estadounidense de Boulder  (Colorado) é ilegal matar un paxaro dentro dos límites da cidade, así como ser o dono dunha mascota (legalmente, os cidadáns só son “supervisores” destas).

  6. Na cidade de York (Inglaterra), é ilegal asasinar a un escocés dentro das antigas murallas, pero só se el leva un arco e frechas.

  7. En Chester (Inglaterra), os galeses non poden entrar á cidade antes da saída do sol, e non poden permanecer nela unha vez que se puxo.

  8. En Kentucky (EEUU), é ilegal levar armas ocultas que excedan dos dous metros de longo.

  9. En Florida (EEUU), as mulleres solteiras que salten en paracaídas os domingos poden ser encarceradas.

  10. No Reino Unido, un home que sente obrigado a ouriñar en público pode facelo a condición de que apunte cara á roda do seu vehículo e manteña a súa man dereita apoiada nel.

  11. No Salvador, os conductores borrachos poden ser castigados coa morte ante un pelotón de fusilamento.

  12. Está permitido pasear un rabaño de ovellas ao longo da Ponte de Londres sen ter que pagar peaxe, o mesmo que ocorre cos gansos en Cheapside.

  13. No Reino Unido, os homes menores de 14 deben practicar diariamente o tiro con arco.

  14. En Indonesia, a masturbación está penada coa decapitación.

  15. En Miami, é ilegal pasearse pola comisaría de Policía en monopatín.

  16. En Lancashire (Inglaterra) , se un policía che parae na beira do mar, está prohibido que incites a un can a ladrar.

  17. No Reino Unido, unha embarazada pode ouriñar onde queira, ata nun casco de policía.

  18. Os barcos da Armada Real Británica que entran ao Porto de Londres deben proporcionar un barril de ron aos encargados da Torre londinense.

  19. En Ohio (EEUU), é ilegal pescar bébedo.

  20. En Alabama (EEUU) , é ilegal vendar os ollos a unha persoa mentres conduce o seu vehículo.

  21. No Reino Unido, é ilegal non contarlle ao cobrador de impostos o que non queres que saiba. Con todo, podes ocultarlle o que non che importaría que soubese.

  22. En Francia, é ilegal pór de nome a un porco Napoleón.

  23. No Reino Unido, considérase un acto de traizón pór ao revés un selo de correos no que aparece unha imaxe da monarquía británica.

  24. É ilegal morrer no Parlamento británico.

  25. Vai contra a lei que un taxi transporte cadáveres ou cans rabiosos en Londres.

Como vedes hainas para todos os gustos. Sen dúbida os grandes mestres de leis raras son os ingleses e os americanos. 

Máis leis absurdas dos EEUU.

Anuncios

Entry filed under: Humor, Política, PP.

Un pacto difícil Unha perla musical do grupo Ialma

1 comentario Add your own

  • 1. Lua  |  agosto 17, 2007 en 11:07 am

    Pero iso é pola carencia de constitución o que os obriga a crear novas leis cando dictaminan unha sentenza dese tipo…. é dicir se non castigan a unha embarazada por mexar nun casco de policía, pois crean esa lei por se se dera o caso de novo…

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


O máis ollado

Calendario

agosto 2007
L M X J V S D
« Jul   Sep »
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  

O meu Twitter

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

Fotos

Debuxo do Carrabouxo

Nevada (2)

Nevada (2)

Nevada (2)

Nevada (2)

Más fotos

A %d blogueros les gusta esto: