Archive for agosto 25, 2007

¡¡Más madera, es la guerra!!

rajoy_gallardon

A verdade é que no Partido Popular as augas non baixan nadiña tranquilas, e esa aparente calma e unidade en torno á figura mesiánica de Mariano Rajoy  é fundamentalmente unha sociedade limitada con data de caducidade: as eleccións xerais do 2008. Se hai sorte e Rajoy gaña as eleccións, todos contentos porque todos gañan; e se perde, todos contentos tamén porque o único derrotado vai a ser o candidato proclamado a dedo por Aznar.

E que a estabilidade dentro do PP é dubidosa vese, por exemplo, cando aparece Ruiz-Gallardón en público amosando a súa ambición: a de ser candidato ao Congreso dos Deputados polas listas de Madrid. Entón nese momento aparecen as “vacas sagradas” do PP (Esperanza, Zaplana e Acebes) para poñer firme ao alcalde da capital de España e sobre todo para ir marcando o seu territorio de cara ao futuro.

Que Gallardón non é querido e apreciado polo “brazo armado” popular non é ningún segredo, porque tampouco ningún dos mercenarios de Aznar fai nada por ocultalo, e aí están as declaracións realizadas tras a entrevista que Europa Press lle fixo. Acebes, dixo que agora cada un debe estar ao seu traballo, Esperanza Aguirre que non lle sorprende o anuncio de Gallardón, pero si que o faga despois de dicir que non falaría máis do asunto, e para Zaplana é un erro falar agora das futuras candidaturas do PP ao Congreso e asegurou que é o que menos lle convén ao partido.

Pero como na película “Los Hermanos Marx en el Oeste”, todos se dedican a botar madeira á caldeira da locomotora popular porque … ¡¡es la guerra!!. Á madeira aportada por Acebes, Aguirre e Zaplana sumáronse outros membros do PP (Antonio Basagoiti, Javier Arenas, Martínez Pujalte ou Jorge Fernández Díaz) que continuaron botando madeira; Manuel Cobo (man dereita de Gallardón no concello de Madrid) e o propio Alcalde seguiron enchendo a caldeira. E Rajoy de corpo presente –como case sempre- axudou a que o lume non se apagara. Ata o propio José Bono, amigo de Gallardón, axudou a quentar máis a desbocada locomotora do PP. En definitiva, que o PP pode estoupar en calquera intre, só fai falla unha razón para que alguén diga algo que sexa considerado pecado pola curia popular é: ¡¡Más madera, es la guerra!!.

Anuncios

agosto 25, 2007 at 2:59 am 3 comentarios


Calendario

agosto 2007
L M X J V S D
« Jul   Sep »
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  

O meu Twitter

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.