Un novo blog en Boiro

septiembre 10, 2007 at 6:46 pm 2 comentarios

carlos_blog.jpg

O domingo atopeime coa grata sorpresa (e alegría) de que en Boiro nacera un novo blog. Carlos Insúa, profesor na USC e articulista habitual de La Voz de Galicia e outros xornais e revistas, decidiu crear unha bitácora persoal que pretende ser “un instrumento de debate, cada vez más urgente y necesario, sobre los problemas derivados del desarrollo económico y urbanístico de Boiro”, -tal e como di o propio autor-

Eu coincido con Carlos na necesidade de crear máis espazos de debate e participación no noso municipio, algo do que se carece; e en especial na rede, xa que cando palabras como internet, rede, wifi, adsl, blog, …, xa están arraigadas nos concellos máis desenvolvidos, en Boiro (con preto de 20 mil habitantes e inmerso nun proceso de crecemento e progreso importante) parece que as novas tecnoloxías forman aínda parte dun futuro lonxano.

Polo que teño comprobado ata o de agora, só existen catro blogs: O bazar de Nes, Paula de Boiro, Carlos Insúa e un servidor; e unha web persoal de fotos de Boiro (Webboiro.com). O concello, a través do portal Boiro cidadán deu a posibilidade de crear un blog, pero a esta iniciativa só se sumaron cinco persoas que puxeron un post inicial e deixaron de actualizar este blog. Existe algún proxecto máis por aí, na inmensidade da rede, que ou desaparecu ou está esquecido.

En conclusión, Boiro, a pesares de contar cun movemento cultural e xuvenil en auxe, está obviando unha ferramenta tan útil e importante como internet; e o debate e a participación que facilitan os blogs na actualidade, aquí é inexistente. Por iso, o nacemento dun novo espazo  coma o creado por Carlos, sempre é unha ledicia.

Saúdos, e ánimo Carlos!!

Anuncios

Entry filed under: Barbanza, Boiro, Enlaces, Galicia, Recomendacións.

“Paula azafata supermartes” 56 mortos na Vía do Barbanza

2 comentarios Add your own

  • 1. O bazar de nes  |  septiembre 12, 2007 en 4:39 pm

    Que ben! outro blog en Boiro. Gracias polo apunte Blas, engádoo ó meu Reader para ter fichado a Carlos Insua tamén.

  • 2. VELO  |  septiembre 26, 2009 en 11:48 pm

    NA RELACION DE BLOGS SOCILISTAS FALTA UN MUY FAMOSO QUE SE CHAMA ” CADIZ SOCILISTA

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Calendario

septiembre 2007
L M X J V S D
« Ago   Oct »
 12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930

O meu Twitter

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

Fotos

Debuxo do Carrabouxo

Nevada (2)

Nevada (2)

Nevada (2)

Nevada (2)

Más fotos

A %d blogueros les gusta esto: