56 mortos na Vía do Barbanza

septiembre 19, 2007 at 1:24 am 2 comentarios

Accidente na Vá do Barbanza -foto de www.canalriasbaixas.com-

Máis de medio cento de persoas (56) morreron na Vía Rápida do Barbanza, e outras moitas –non contabilizadas- resultaron feridas de gravidade, desde a súa inauguración aló polo ano 1994. Esta estrada, tristemente coñecida en toda Galicia e no resto do Estado pola súa alta siniestralidade, pasou de ser a vía de comunicación que ía vertebrar e achegar a comarca do Barbanza á capital de Galicia, a convertirse nun artefacto mortal que racharía coas ilusións vitais de moitas familias.

Desde que Manuel Fraga, en calidade de presidente da Xunta, procedeu á súa inauguración ata o día de hoxe ninguén dos seus “pais” foi capaz de asumir a súa responsabilidade, e nin moito menos pedir perdón polo letal trazado. Pero agora, transcorrido xa un ano da súa adxudicación, algúns dos seus promotores e defensores son capaces de saír á palestra para intentar “enmerdar” e sementar dúbidas sobre presuntas irregularidades na adxudicación e afirmando que existe unha vinculación entre a conselleira de Obras Públicas e a empresa concesionaria.

Núñez Feijoo, Alfonso Rueda ou Ruíz Rivas –todos eles membros do PP– realizan acusacións sen aportar unha soa proba, pero ningún deles é capaz de lembrarse dos falecidos, e moito menos foi capaz de arranxar –ou alomenos intentalo- as deficiencias da vía do Barbanza cando tiñan responsabilidades de goberno. Dos dous primeiros non me extraña, pero Manolo Ruíz seguro que coñecía a algún dos mortos na “gran obra” coa que o goberno do PP nos obsequiou aos barbanzáns.

Eu levo sete anos percorrendo diariamente esta Vía, e podo dar grazas de non sufrir ningún percance, pero si vos podo asegurar que si sufrín as súas trampas e vin varios accidentes mortais e incluso algún deles era coñecido. Descoñezo tamén se as acusacións do PP sobre a adxudicación son certas, pero o que si sei é que ao fin podo ver que se está construíndo unha autovía, cun trazado case novo en moitos tramos, e que para este desdobramento nunca debemos de ter que esperar trece anos, e moito menos a que morreran cincuenta e seis persoas (e esperemos que non sexan máis).

+ información

Anuncios

Entry filed under: Barbanza, Boiro, Galicia, Persoal, Política, PP, PSdeG-PSOE, Xunta.

Un novo blog en Boiro As mulleres tamén saben de política

2 comentarios Add your own

  • 1. Jose Mariño Carracedo  |  septiembre 25, 2007 en 3:24 pm

    Moitos dos acidentes se podian prevenir si os condutores viaxaran mais despacio,especialmente a xente xoven e mais os turistas que non concen as carreteras.
    Clarp que vos os politicairos tratades de apuntar o dedo uns os otros para ver can e o mais mentiroso.
    Un Saudo.
    Jose Mariño Carracedo

  • 2. blas  |  septiembre 25, 2007 en 4:52 pm

    José, estou contigo en que algúns accidentes se podían evitar, se os conductores respectásemos as normas. Pero, si eres asiduo ou coñeces a vía do Barbanza, coincidiras conmigo que o seu trazado é unha aberración.
    Neste caso non se trata de dicir ou culpar ao rival político, o que se trata e de ser coherente, e sabes que o PP no asunto da Autovía do Barbanza non o está sendo, xa que só se dedicou a culpar sen aportar nin unha soa proba.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Calendario

septiembre 2007
L M X J V S D
« Ago   Oct »
 12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930

O meu Twitter

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

Fotos

Debuxo do Carrabouxo

Nevada (2)

Nevada (2)

Nevada (2)

Nevada (2)

Más fotos

A %d blogueros les gusta esto: