As mulleres tamén saben de política

septiembre 19, 2007 at 8:14 pm 3 comentarios

tempos_novos

Chegoume hoxe un mail de Ana Míguez, a presidenta da Asociación Alecrín, no que pon o grito no ceo –e con razón- porque a revista Tempos Novos realiza un monográfico no que analiza o goberno bipartito da Xunta de Galicia. E para a realización desta análise conta con varias persoas que escriben a súa opinión, entre as que, desgraciadamente, non se atopa ningunha muller.

Resulta bastante sorprendente que esta publicación non fose capaz de contar coa opinión de ningunha “fémina” que puidese dar a súa visión sobre o bipartito, porque habelas hainas, e a min véñenme agora á cabeza unhas cantas.

Ao mellor é bo recordarlle ao director de Tempos Novos, Luis Álvarez Pousa, que no noso País existen mulleres suficientes como para poder debater e opinar sobre política, xa que este campo, por sorte, non é só cousa de homes. E máis se temos en conta que foi precisamente nesta lexislatura na que máis reformas se acometeron en favor da igualdade, é bo e necesario que puideran participar neste especial.

Anuncios

Entry filed under: Galicia, Persoal, Política, Xunta.

56 mortos na Vía do Barbanza DdC.O que non se ve

3 comentarios Add your own

  • 1. Lidia Falcón  |  septiembre 21, 2007 en 11:32 am

    De tiempos nuevos nada, igual que hace cien, cuarenta o treinta años, cuando las mujeres solo opinaban de modas y cocina. Ni el nombre le corresponde ni el Sr. Luis Álvarez Pousa es director de prensa, debería vivir en el museo y dejar que periodistas demócratas -aunque no sean feministas- si puede ser una mujer, dirijan la revista, para que las opiniones de las mujeres políticas se publiquen, porque de esta manera es inaceptable. Si la revista es un reflejo de los políticos, las mujeres gallegas ya se pueden remangar para echarlos de sus sillones.

  • 2. Carmen Cajide  |  septiembre 25, 2007 en 6:25 pm

    Tendo en conta que esta reflexión está feita por un home xa podemos comezar a falar de novos tempos. Claro que se trata dun home que conta cunha sesibilidade especial e que está implicado nun proxecto progresista. Nun proxecto Socialista liderado polos presidentes Zapatero e Touriño que teñen moi claro que a igualdade entre mulleres e homes é unha prioridade.
    Pero, eu entendo, que en boa medida, esta forte aposta débese a loita, ó mérito das mulleres feministas que crearon a necesidade destes novos tempos.
    Uns novos tempos esperanzadores, a pesares de freos como o Sr. Álvarez Pousa que quedou enganchado dese sistema machista que aínda perdura na nosa sociedade.

  • 3. Amalia Castro  |  octubre 22, 2007 en 12:32 am

    Se hai algunha publicación na que se teña constatado a presenza permanente da muller (como autora e como actora social e política), esa é a revista Tempos Novos. Abonda con ir á colección dos máis de cen números publicados e velo en debates, entrevistas, artigos de opinión, etc.
    Por outra parte, Álvarez Pousa é seguramente quen máis se ten significado no estudo da problemática de xénero: creou un seminario permanente no grupo CIDACOM da Universidade e no Observatorio Galego dos Medios que dirixe, programando xornadas e foros sobre Comunicación e Xénero. As xornadas sobre comunicación e violencia de xénero foron modélicas e de ahí saíu a Declaración de Compostela. Tamén promoveu e dirixiu cursos de especialización sobre xénero e xornalismo. E no seu programa de Xornalismo Especializado, na Universidade, aparece esta temática de estudo.
    Certo que nesta ocasión non hai entre os colaboradores deste número sobre o Bipartito mulleres. Non sei a que se debeu. Porque os colaboradores son boa parte dos compoñentes do grupo de análise habitual, e noutros números especiais apareceron sempre autoras mulleres facendo análise ou debatindo (entre elas, María Xosé Queizán, Alba Nogueira, etc).
    ´Tentei enteirarme ben despois de ver afirmacións como as que se fan máis enriba, porque son habitual participante en moitas desas iniciativas, e considero absolutamente inxustas as afirmacións que se fan.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Calendario

septiembre 2007
L M X J V S D
« Ago   Oct »
 12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930

O meu Twitter

Error: Twitter no responde. Por favor, espera unos minutos y actualiza esta página.

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

A %d blogueros les gusta esto: