Archive for septiembre, 2007
¡¡Adeus Antón!!
¡Jo!. ¡Que disgusto me acabo de levar!. Resulta que Antón Losada, o fiel escudeiro do vicepresidente, o azote de socialistas, ese home que era un ídolo entre a militancia da UPG, decidiu “marcharse”.
Antón, canso xa da súa constante loita con socialistas e nacionalistas decide abandonar o barco do goberno bipartito, canso xa dos seus constantes enfrontamentos e pelexas “con tó quisqui”. Mandilóns, himnos, TVG, carteis, enquisas, transferencias, policía, Superpiñeiro, …, son lembranzas xa para este home tranquilo, pausado, moderado, respectuoso, educado, …, que despois de cumpridos dous anos no goberno como secretario xeral –e aprobada a Lei de Función Pública- decide marcharse (segundo a versión oficial).
Grazas Antón polos bos momentos que me fixestes pasar. ¡¡Moita sorte!!
¿En que se diferencian Rajoy e Zapatero?
Mentres ao primeiro só lle preocupa como gobernar primeiro e ter máis poder, o segundo quere mellorar as prestacións sociais dos que menos teñen. Esa é unha das grandes diferencias entre Rajoy e Zapatero, entre PP e PSOE
Sarkozy: un exemplo estético a seguir
O domingo pasado (26 de agosto) saín nunha foto do xornal La Voz de Asturias ao carón de Zapatero e Pepe Blanco. O motivo foi o mitin que o secretario xeral do PSOE deu en A Fonsagrada.
A razón pola que escribo este post é debida a que a miña familia de Asturias, ao igual que despois na casa, ao ver a foto “cachondeáronse” de min pola miña panza. E un aínda ten o seu amor propio, por iso non tolero que se metan coa miña esvelta figura; así que tomando como exemplo estético a Sarkozy decidín facer uns arregliños co Photoshop e lucir fino e gallardo xunto ao Presidente do Goberno.
Nota: Retocar o “careto” xa é máis complicado.
Comentarios