Archive for octubre 21, 2007

Fernando, nunca pilotarás solo

Ao final houbo milagre en Brasil, pero en beneficio de Kimi Raikkonen. O finlandés acabou gañando a carreira e o campionato do mundo. Que lle imos a facer!!.A carreira de Interlagos empezaba ben, con Hamilton por fora e Fernando de terceiro, máis tarde o inglés tivo un problema mecánico que o relegaba ao posto 18. Pero, todas estas milagres, a parte de darnos esperanzas, acabaron sendo para Kimi. Pero, non vos vou a negar que aínda que a tarde non rematou nunha festa, ao non gañar Fernando, alomenos tampouco o conseguiu o piloto protexido de Ron Dennis e de McLaren Mercedes.

A imaxe que trasladou toda esta tempada de Fórmula 1 a escuadra inglesa foi lamentable e esperpéntica, cun Ron Dennis que se amosou como incapaz para xestionar unha situación que se lle escapou das mans, pola súa obcecación por protexer e defender a Lewis Hamilton, en detrimento do campión do mundo que acababan de fichar. E esa situación de toda a tempada rematou dun xeito impensable nun principio: coa victoria de Ferrari e cos pilotos de McLaren de segundo e terceiro. Está claro que a igualdade pregoada e defendida por Dennis non lle serviu para poder conseguir o mundial de pilotos. Os erros de principiante –o que é- de Hamilton nos momentos claves fixeron que fracasara McLaren no seu intento, outra cousa pasaría se apostasen polo verdadeiro número 1, ou se aplicasen a igualdade de Dennis de verdade.

Que McLaren perdese o mundial só ten un responsable, e ese é Ron Dennis, e cando unha empresa como esta, que manexa tanto presuposto, e que xoga cos intereses de tantos “sponsors” só pode tomar unha decisión: DESPEDILO.

Rematar dicíndovos que hoxe, durante a carreira, acordeime moito dunha persoa, do PAI DE HAMILTON, ao cal apenas se viu (só nunha ocasión); gustaríame saber onde estivo e que pensará.

Non quero pechar este post sen darlle as grazas a Fernando por facernos disfrutar, sufrir, saltar, madrugar, rir, …; grazas Fernando por estar aí, por ser como es e dicir o que pensas, e como dicía unha pancarta duns aficionados:

FERNANDO, NUNCA PILOTARÁS SOLO

octubre 21, 2007 at 9:00 pm 5 comentarios


Calendario

octubre 2007
L M X J V S D
« Sep   Nov »
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031  

O meu Twitter

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.