Unha agresión televisada

noviembre 6, 2007 at 9:22 pm 3 comentarios

Fai varios días que non accedo ao blog, porque xunto coa familia tomeime uns días de vacacións nos que estiven intentando desconectar de case todo. Pero a gran sorpresa foi o pasado mércores cando chegamos ao hotel no que estivemos de vacacións e vendo o canal internacional da TVE (o único ao que tiñamos acceso) unha das novas da cabeceira era a brutal agresión sufrida por un rapaz de Boiro.Observar desde a distancia acontecementos negativos do lugar onde vives non é doado, máis cando días despois ves como a nova é recollida por tódolos medios de comunicación do teu país aos que tes acceso, e máis cando se trata dunha nova deste tipo, que resulta xa por si mesma vomitiva pola violencia da malleira entre nenos de catorce e quince anos, pero moito máis porque un desgraciado se atreveu a gravala en vídeo co seu móbil e a defundila despois pola rede; sen esquecernos que durante o ataque animal había varios “voyeurs” que animaban e aplaudían.

As imaxes difundidas polos medios de comunicación, así coma o posterior desembarco e toma de Escarabote só demostran outra cousa que o carroñerismo informativo que existe neste país, onde a información que prima e que interesa é aquela na que se amosan os instintos máis baixos dos individuos, e nas que a sangue, a violencia, a crueldade ou o salvaxismo protagonizan as historias. Non é agradable, desde logo, que o teu pobo sexa o protagonista dunha nova como esta, aínda que Boiro acostuma a ser portada informativa por desaparicións de nenos, accidentes, frikies –coma Tonecho o enterrador-, contrabandistas e drogadictos, ou ladróns de berberechos; pero aos que son de fóra e non coñecen aos boirenses explicarlle que os estes son casos aillados, malos exemplos da forma de ser dos que nacemos e vivimos en Boiro, xa que a inmensa maioría somos persoas normais que traballamos, temos hipotecas, desfrutamos coa familia, tomamos unha cervexa, …

Este incidente en Boiro xa é historia para a maioría dos medios informativos, porque durante estes días xa atoparon carnaza noutra esquina do país da que facerse eco, pero detrás desta presa informativa queda algo que vai a durar moito tempo, algo ao que a ninguén lle interesou demasiado: as familias dos protagonistas desta espantosa historia, tanto a do agresor como a do agredido. Estas familias que, seguramente, atravesaron durante estes días un momentos dos máis duros das súas vidas quedarán marcadas para sempre por esta historia, e sobre todo cando vives nun pobo pequeno no que todo o mundo se coñece. Pero as televisións apagaron as cámaras e os focos e marcháronse.

Anuncios

Entry filed under: Barbanza, Boiro, Galicia, Medios de Comunicación. Tags: , , , , , , .

A campaña “Me dijo mi primo …” Paula e Nerea en Radio Boiro

3 comentarios Add your own

  • 1. Rubin de Cendoya  |  noviembre 6, 2007 en 11:46 pm

    Blas, así está o mundo que facemos só de imaxes e slogans.

    Las televisiones viven de dar basura, son empresas y quieren ganar, mas por qué las públicas también o a veces más entran en el juego?.

    Un país que los políticos sólo andan con anécdotas, de lo obvio hacen maravillas, presumen de las faltas de ortografía poniendo pesaded en lugar de solidaridaz y honraded.

    En fin que me pongo pesado tambieén, ya está demostrado desde hace muchos años que le verano trae monstruos al lago Nessy los ciclistas son una serpiente multicolor.

    Pues eso, que el mundo sigue, y escándalos no nos han de faltar.

    Lo que nos falta son unos políticos que encaucen las fuerzas hacia el bien y no se aprovechen del mal

  • 2. Delfín  |  noviembre 6, 2007 en 11:49 pm

    Triste por que foi tratada coma unha “chiquillada”.
    Triste por que foi filmada.
    Triste por que foi “colgada”.
    Tristísimo por que foi “baixada” e “exhibida” nos medios públicos, por moito que quixeron difumina-los rostros.

    Da para pensar largo e tendido ós pais responsabeis. Os nenos son responsabilidade dos pais e nais ata os 18 anos, ¿non sí?.

  • 3. blas  |  noviembre 7, 2007 en 2:05 am

    Rubin, habitualmente acostumo a coincidir cos teus comentarios, pero nesta ocasión considero un exceso que mistures un asunto como esta agresión coa política e o enlaces coa campaña de con Z de Zapatero. Paréceme unha frivolidade pola túa parte, e disculpa.

    Delfín, bastante mágoa me dan os pais destes rapaces, a súa situación non é envexable, e ti sabes que moitas veces os pais descoñecemos o que fan os nosos fillos por aí, e moito menos do que poden chegar a facer. Sen dúbida que unha boa educación na casa, baseada sobre todo no respecto e tolerancia aos demais, é fundamental. Pero nunca se sabe o que pode acontecer.

    Un saúdo aos dous.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Calendario

noviembre 2007
L M X J V S D
« Oct   Dic »
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930  

O meu Twitter

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

A %d blogueros les gusta esto: