Paula e Nerea en Radio Boiro

noviembre 8, 2007 at 3:45 am 1 comentario

Paula e Nerea

Escoita aquí o programa de Radio Boiro

Os que seguides habitualmente este blog sabedes que me gusta presumir de fillas. E, novamente, quero compartir con vós as afeccións de Paula e Nerea.

En Radio Boiro, o seu director Xose Triñanes, dirixe e presenta un programa chamado “La Hora Meteora” na que participan rapaces da localidade, e Paula durante os últimos meses participa de xeito habitual. Pero Nerea, cada vez que a súa irmá ía á radio ela tamén se presentaba voluntaria, aínda que nunca deixamos que fose.

A miña filla pequena, como fan todos os nenos e nenas, intenta sempre copiar e imitar á súa irmá maior, e unha das cualidades de Nerea é a súa insistencia e perseverancia; e a base de insisitir e ofrecérselle a Xose en reiteradas ocasións logrou participar na tertulia infantil de Radio Boiro, e a verdade, direivos -sen nengunha obxectividade, desde logo- que estivo bastante ben.

Aquí vos deixo a súa participación, a de Paula e a de Álvaro -outro participante na tertulia- no programa da pasada semana.

Anuncios

Entry filed under: Barbanza, Boiro, Familia, Persoal. Tags: , , , , , , , .

Unha agresión televisada ¡¡Por que no te callas!!

1 comentario Add your own

  • 1. Renovación Tecnológica  |  noviembre 9, 2007 en 3:21 pm

    que fermosas raparigas e xa unhas estrelas mediáticas!

    Blas, estou tratando de informar os emprendedores galegos e responsables de pemes da oportunidade que teñen de financiar a compra de equipamento informático sen ningún interese en Renovación Tecnológica (a información está na ligazón da sinatura).

    os responsables do portal, dependente de Caixanova, encárganse de todo o proceso. o interesado di o que lle fai falta: ordenadores, software, dominio de internet, cursos de novas tecnoloxías…; e eles solicitan ofertas a varios proveedores, preséntanlle ao empresario as cinco mellores e financian a operación sen intereses.

    unha boa oportunidade para mellorar a capacitación tecnolóxica do empresariado galego.

    Un saúdo

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Calendario

noviembre 2007
L M X J V S D
« Oct   Dic »
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930  

O meu Twitter

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

A %d blogueros les gusta esto: