Monseñor o fariseo

noviembre 20, 2007 at 8:10 pm 1 comentario

Blázquez e Rouco

A Igrexa Católica española xa iniciou a campaña electoral, e o único ao que podo achacar as palabras de Ricardo Blázquez nas que presuntamente pedía perdón pola participación da igrexa na Guerra Civil.

“Deseamos pedir el perdón de Dios para todos los que se vieron implicados en acciones que el Evangelio reprueba, estuvieran en un lado u otro lado de los frentes trazados por la guerra”. Estas palabras de Blázquez -entre outras- representan para a maioría dos medios de comunicación unha gran nova porque a Igrexa pide perdón. E, como vos dicía, considero que Blázquez é un fariseo, un actor que está interpretando un papel nun momento determinado porque tanto a el como á Igrexa que representa lle interesa, pero a realidade é que ata o de agora nin Rouco, nin Cañizares, nin o Papa lle pediron perdón ata o de agora ás víctimas da “santa cruzada” franquista aos cales sempre mantiveron no seu esquecemento; nembargantes aos do outro lado, aos seus, si os lembran e premian coa beatificación –498 recentemente-. Como di o refrán: unha cousa é predicar –monseñor- e outra dar trigo, e Blázquez trigo ata o de agora non foi capaz de darlle ningún aos do outro bando, a aqueles que fusilaron nos cemiterios e mataron ás portas das igrexas.

A Conferencia Epìscopal, co seu presidente á cabeza, está xa inmersa nunha campaña electoral da que é parte importante e interesada desde fai xa moito tempo, e ao igual que o PP os bispos españois tamén fan a súa Conferencia Política, as cales coinciden case nos días; e mentres Rajoy fai anuncios de fume –coa baixada de impostos-, Blázquez, que non vai ser menos, xoga tamén o seu papel de telepredicador.

¡¡Deus nos colla confesados!!

Anuncios

Entry filed under: Persoal, Política, PP, Xerais 2008. Tags: , , , , , , .

Mª Amelia: noraboa e moitas grazas A “gilipollez” non ten cura

1 comentario Add your own

  • 1. Rubin de Cendoya  |  noviembre 20, 2007 en 11:30 pm

    Non creo que sea de tan pouca importancia o discurso do Bispo (non sei se no e mais xa). Outro cantar e que conveña agora un bon inimigo pra xuntarse ante as eleuciós.

    Os tempos da irexa son outros eainda fai pouco ian pola “rotación de la tierra” cecais lles veñan de eso os dous mil anos.

    Saude

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


O máis ollado

Calendario

noviembre 2007
L M X J V S D
« Oct   Dic »
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930  

O meu Twitter

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

Fotos

Debuxo do Carrabouxo

Nevada (2)

Nevada (2)

Nevada (2)

Nevada (2)

Más fotos

A %d blogueros les gusta esto: