Archive for noviembre 23, 2007

Xuntos por Galicia


A verdade é que este vídeo vén cuns días de retraso, pero nunca é tarde para lembrar os erros cometidos no pasado.

Este vídeo foi proxectado no V aniversario do afundimento do Prestige que organizou a Fundación Iniciativas 21 en Muxía, e á que asistiu, entre outros, o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño; e no que participou tamén o cantante Jorge Drexler.

O vídeo é moi bo e amosa en poucos minutos o traballo, a loita e a unión dun pobo.

Anuncios

noviembre 23, 2007 at 7:12 pm 1 comentario

O rey xa ten un corrido

O ¡Por qué no te callas! do Rey está dando para moito, e a última que acabo de escoitar é un corrido tex mex segundo me informan as miñas fontes friki-musicais, que se diferencia do corrido tradicional porque son un estilo latinamericano de canción protesta.

Pois o Álex este –que é o Raimón venezolano- fixo un corrido criticando a Chávez. É do máis orixinal que escoitei sobre este asunto real.

Escoitar o corrido na Cadena Ser.

noviembre 23, 2007 at 2:53 pm 2 comentarios

A Asemblea da FEGAMP

Foto de www.lavozdegalicia.es

Hoxe estiven todo o día na Asemblea da FEGAMP, xa que era a elección do Presidente e dos órganos de dirección desta federación que reúne a tódolos concellos de Galicia. Había serias posibilidades de que a asemblea resultase tensa, xa que o BNG pretendía que a presidencia fose rotatoria, amparándose nun suposto punto dun acordo asinado co PSdeG; pero, a realidade era outra e para poder desenvolver o tipo de presidencia que reclamaban os nacionalistas debería de existir consenso entre todas as forzas políticas, e ese consenso non existía.

Pero o BNG sempre interpreta os acordos segundo a forma que lle interese a eles.A miña opinión persoal é que os nacionalistas non cren no municipalismo, e máis durante esta lexislatura na que desde a Vicepresidencia da Xunta ideou un Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar que pretende quitarlle autonomía aos concellos á hora de xestionar as áreas municipais de benestar social, deste Consorcio dependen centros de tanta importancia como as Galescolas, os centros de día, as vivendas tuteladas, etc. E son moitos os alcaldes e alcaldesas que non están a favor que sexa este Consorcio nacionalista o que controle e manexe directamente unha área tan importante como esta, e que os concellos sexan uns meros convidados de pedra; por iso creo –e repito que é a miña opinión persoal- que ao BNG non lle interesa que a FEGAMP sexa un organismo que funcione de forma unánime e poida resultar un freo no afán opresivo e dominante do Bloque.

Pero, ao remate só se presentaron tres listas (PSdeG, PP e BNG), a pesares dos rumores de que o PP ía a presentar dúas listas para obter máis representación, ou de que o BNG non ían a presentar candidatura e podían abandonar a Asemblea; os que si abandonaron foron os independentes porque ao final non puideron presentar candidatura, e iso que o PP ofreceulle poder incorporar á súa a algún alcalde. En definitiva foi un xoves entretido e interesante que me serviu como unha nova experiencia para coñecer o complicado sistema de elección de representantes que ten este organismo.

Aínda que a boa nova, sobre todo para os socialistas, foi poder acadar a presidencia da FEGAMP e a maioría nos órganos de dirección. Carlos Fernández, o alcalde de Ames, resultou elixido presidente ao ser a candidatura socialista a máis votada; e a alegría é dobre, xa que Carlos é un compañeiro ao que coñezo desde fai tempo e co que teño vivido algunha experiencia política desas que é difícil de esquecer, por iso me alegro enormemente que sexa o elixido polo PSdeG para ser o referente municipal galego nos vindeiros anos.

Por iso, quero rematar este post dándolle a miña noraboa e os meus parabéns a Carlos, e desexarlle moita sorte. Ahhh!! e tamén a Iván, que saíu elixido para formar parte do Consello Federal da FEGAMP e que ademais hoxe tocoulle traballar, xa que formou parte da Mesa da Asemblea por ser o alcalde máis xoven de Galicia.

noviembre 23, 2007 at 2:25 am 1 comentario


Calendario

noviembre 2007
L M X J V S D
« Oct   Dic »
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930  

O meu Twitter

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.