365 días de blasgarcia.com

noviembre 27, 2007 at 1:53 am 14 comentarios

blog_blas.jpg

Xa fai un ano que empecei con esta aventura do blog, o 25 de novembro do pasado ano colguei o meu primeiro post, e desde aquel día logrei manter unha actividade que nin eu mesmo me imaxinaba que podería desenvolver; a verdade é que dubidada que puidese aguantar tanto, xa que eu son dos que acostumo a cansarme rápido, pero nesta ocasión teño que confesarvos que esto do blog chegoume a enganchar ata tal punto que diariamente acudo a visitar este espazo persoal que posúo na rede.186 posts e 547 comentarios, 57.339 visitas e un máximo de 2.033 nun só día, un dos meus post apareceu na portada de La Voz de Galicia, ademais de no Xornal.com, en Vieiros, no Galicia Confidencial, no Chuza, etc. Aínda que todo isto está ben e serve para subir o ego, o máis importante e o que máis valoro destes 365 días na rede e saber que hai persoas que che seguen a diario, que len e opinan o que escribes, que fas amigos e compañeiros de opinión, e en definitiva, que sempre hai alguén ao outro lado do portatil.

Grazas a Iván, Loli, Carlos, Lage, Marcus, Marco, Rubín de Cendoya, Mª Amelia, Delfín, José Luis, Nelly, Eladio, Julio, Vicente, …, e a outros moitos que me acompañan durante esta viaxe pola rede e que coa súas visitas e comentarios me axudan a seguir tecleando opinións persoais –e só persoais- sobre o que me peta, contar parte do meu traballo ou a facer recomendacións.

Seguiremos en contacto.

Anuncios

Entry filed under: Barbanza, Boiro, Galicia, Persoal. Tags: , , .

La mirada positiva Nerea ten cinco anos

14 comentarios Add your own

  • 1. Marcus  |  noviembre 27, 2007 en 2:59 am

    Agardemos que estes 365 días só sexan os primeiros de moitos outros. O mar é moi grande, pero coincidir na Rede sempre é algo que se agradece.

  • 2. marcus.es » 2 anos de Marcus.es  |  noviembre 27, 2007 en 3:29 am

    […] Mirando o blogue de Blas, que vén de cumprir 1 ano, déuseme por mirar o tempo que tiña este espazo, e decateime de que este martes cumpre 2 aniños, o que non está nada mal. Esta historia naceu narrando o acontecido nun Beers & Blogs coruñés, que tería unha segunda parte na cafetería Bitácora de Santa Cristina, e aínda que levo blogueando uns 7 anos, manter un espazo persoal con periodicidade era algo que non probara ata o momento. Nun principio alternaba o español e o galego, e rematei expresándome en galego para non liala (a miña ilusión era ter un Marcus.es en español e un Marcus.gal en galego… pero iso aínda vai tardar en chegar). Nestes dous anos de vida esta web serviu para dar cabida a 840 entradas e 3.855 comentarios, estes últimos promovidos en boa medida polo debate político melidense (o que me fixo recuperar a esperanza na cidadanía), e durante o mes de novembro recibíu entre 1.744 e 2.308 visitas diarias, ou sexa, máis de 50.000 visitas/mes, marcas ás que non agardaba chegar en ningún momento, pois esperaba que este espazo quedase limitado a algúns amigos e ós incondicionais do programa de radio Zapping. Así pois, o único que podo dicir neste momento é grazas, a tódolos que pasades por aquí, e soltades algún comentario de cando en vez… e grazas tamén ós que non vos animades a comentar, pero seguides aí, mirando o que contan os outros, vendo como a Rede tece novas comunicacións mesmo na periferia. Sen vós esta web non estaría viva, e eu a tería deixado de lado hai moito tempo. Grazas por seguir aí. por Marcus | escrito en Internet Trackback URL | RSS Feed de comentario Etiqueta en del.icio.us | Enlace entrante | […]

  • 3. Eladio Osorio Montenegro  |  noviembre 27, 2007 en 12:04 pm

    Noraboa polo cumple. Somos moitos os que esperamos ansiosos todos os días a ver se escribes algo novo para ler. Unha forte aperta.
    P.D. Pos certo olvidaste da túa principal asesora técnica, a tús filla maior 😉

  • 4. Delfín  |  noviembre 27, 2007 en 4:07 pm

    Súmome ás noraboas, dunha maneira moi sinxela: gracias por me deixar participar no teu blog.

    Unha aperta.

    P.D.: Eu levo dende o 18 de outubro de 2006, as miñas estadísticas son moito máis modestas, jejeje. Pero serve para “valeirar” a mente cando estás moi atufado.

  • 5. Tacho  |  noviembre 27, 2007 en 5:46 pm

    Atopei este blogue por marcus.es, polo comentario que deixache, pero ten un problema, xa teño outro sitio que visitar todalas mañans¡
    Parabens por ese ano, e que sigas coma marcus.es, moitos anos máis¡

  • 6. Modesto  |  noviembre 27, 2007 en 8:08 pm

    Parabéns! E que sexan moitos máis!

  • 7. elisa  |  noviembre 27, 2007 en 11:32 pm

    felicidades y que durante muchos años mas podamos segir leyendo tus comentarios y noticias

  • 8. Loli Rodriguez Amoroso  |  noviembre 28, 2007 en 11:28 pm

    Blas, noraboa polo teu primeiro ano como blogueiro.
    Ler o teu blog faime pasar un bo rato cada día. Unhas veces ameno e divertido, outras máis serio, outras con curiosidades curiosas…en fin, xenial.
    Noraboa de novo e moitos bicos;-)

  • 9. Marco  |  noviembre 29, 2007 en 6:59 pm

    Hemos empezado casi juntos: arranqué mi blog el 28 de noviembre de 2006. Y este espacio tuyo es de los mejores. Enhorabuena y gracias por dedicarnos tiempo a tus lectores.

  • 10. Eva  |  noviembre 30, 2007 en 7:05 pm

    Brais “feliz diasblog e que cumpras moitos máis…”

  • 11. heladio  |  noviembre 30, 2007 en 11:07 pm

    xa pasaron os primeiros 365 dias, viran outros moitos mais, asi o desexamos moitos, que inda que non entramos a diario si estamos pendientes das novas que nos mostras. miñas mais sinceiras noraboas.

  • 12. blas  |  diciembre 2, 2007 en 2:20 am

    Grazas a todos vos polos parabéns, e sobre todo por estar aí de cando en vez apoiando, comentando e axudándome a continuar con este espazo.

    Espero poder estar dándolle ás teclas durante moito máis tempo, aínda que ao mellor dentro dunsa nos esto dos blogs xa está atrasado e hai unha ferramenta moito máis moderna, pero si é así -que o será- espero poder facer uso dela.

    A Marcus, Eladio, Delfín, Tacho, Modesto, Elisa, Loli, Marco, Eva e Heladio mil grazas, ao igual que a Adriana polo seu post.

    ¡¡Vémonos!!

  • 13. Iván Puentes  |  diciembre 3, 2007 en 11:30 pm

    Aínda que con algo de atraso, porque isto da alaldía tenme gustosamente atrapado, douche a noraboa de ivanpuentes.com polo teu aniversario como blogueiro.

    Dos inicios, quédome coas competecións por ver quen poñía antes o post sobre o tema de actualidade do día antes de baixar a comer. Do momento actual valoro o feito de que o Blog me mantén cerca de ti, dos teus comentarios, pese a non verte xa a diario.

    Saúdos 😉

  • 14. José Manuel Lage  |  diciembre 12, 2007 en 8:31 pm

    Noraboa Blas.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


O máis ollado

Calendario

noviembre 2007
L M X J V S D
« Oct   Dic »
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930  

O meu Twitter

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

Fotos

Debuxo do Carrabouxo

Nevada (2)

Nevada (2)

Nevada (2)

Nevada (2)

Más fotos

A %d blogueros les gusta esto: