Archive for noviembre, 2007

No nos falles


Na noite electoral do 14 de marzo do 2004 un mozo díxolle a Zapatero: “No nos falles”. E transcorridos case catro anos tocar facer balance; as Juventudes Socialistas lanza un novo vídeo no que varios mozos e mozas falan dalgunhas das promesas de ZP que cumpriu durante esta lexislatura.

Por certo, a canción do vídeo é do grupo Tequila e foi versionada por Los Secretos e titúlase: “Que el tiempo no te cambie”.

noviembre 11, 2007 at 2:21 am Deja un comentario

¡¡Por que no te callas!!


¡¡Zapatero defendendo a Aznar!!. Alguén podía pensar que iso ía a acontecer?. ¡¡Eu creo que non!!. Ao igual que ninguén podía imaxinarse a “saída” do “Rey” mandando calar a Chávez.

Como dicía Zapatero mentres defendía a Aznar: “el ex presidente fue elegido por los españoles, y exijo respeto, …”; e precisamente eso é certo, Aznar foi votado en dúas ocasións, e polo tanto democraticamente. Pero os membros do PP non son capaces de respectar a Zapatero como presidente, a pesares de que tamén foi elixido polos mesmos votantes que con anterioridade apoiaron a Aznar.

O “Rey” mandou calar a Hugo Chávez, e tiña razón, pero quen manda calar a Zaplana, Acebes, Rajoy ou ao propio Aznar cando dun xeito tremendamente irrespectuoso insultan, ofenden e inxurian ao xefe do goberno español.

José María Aznar, despois da defensa, chamou a Zapatero –e ao “Rey”- para darlle as grazas polo seu apoio, pero o Partido Popular, dentro do respecto que o caracteriza, dixo que o Goberno español mantivo unha “actitud pusilánime”.

Non sería oportuno que alguén agora lle dixese aos populares: “¡¡Por que no te callas!!”.

Relacionadas:

Escolar
La Huella Digital

noviembre 11, 2007 at 1:48 am 2 comentarios

Paula e Nerea en Radio Boiro

Paula e Nerea

Escoita aquí o programa de Radio Boiro

Os que seguides habitualmente este blog sabedes que me gusta presumir de fillas. E, novamente, quero compartir con vós as afeccións de Paula e Nerea.

En Radio Boiro, o seu director Xose Triñanes, dirixe e presenta un programa chamado “La Hora Meteora” na que participan rapaces da localidade, e Paula durante os últimos meses participa de xeito habitual. Pero Nerea, cada vez que a súa irmá ía á radio ela tamén se presentaba voluntaria, aínda que nunca deixamos que fose.

A miña filla pequena, como fan todos os nenos e nenas, intenta sempre copiar e imitar á súa irmá maior, e unha das cualidades de Nerea é a súa insistencia e perseverancia; e a base de insisitir e ofrecérselle a Xose en reiteradas ocasións logrou participar na tertulia infantil de Radio Boiro, e a verdade, direivos -sen nengunha obxectividade, desde logo- que estivo bastante ben.

Aquí vos deixo a súa participación, a de Paula e a de Álvaro -outro participante na tertulia- no programa da pasada semana.

noviembre 8, 2007 at 3:45 am 1 comentario

Unha agresión televisada

Fai varios días que non accedo ao blog, porque xunto coa familia tomeime uns días de vacacións nos que estiven intentando desconectar de case todo. Pero a gran sorpresa foi o pasado mércores cando chegamos ao hotel no que estivemos de vacacións e vendo o canal internacional da TVE (o único ao que tiñamos acceso) unha das novas da cabeceira era a brutal agresión sufrida por un rapaz de Boiro.Observar desde a distancia acontecementos negativos do lugar onde vives non é doado, máis cando días despois ves como a nova é recollida por tódolos medios de comunicación do teu país aos que tes acceso, e máis cando se trata dunha nova deste tipo, que resulta xa por si mesma vomitiva pola violencia da malleira entre nenos de catorce e quince anos, pero moito máis porque un desgraciado se atreveu a gravala en vídeo co seu móbil e a defundila despois pola rede; sen esquecernos que durante o ataque animal había varios “voyeurs” que animaban e aplaudían.

As imaxes difundidas polos medios de comunicación, así coma o posterior desembarco e toma de Escarabote só demostran outra cousa que o carroñerismo informativo que existe neste país, onde a información que prima e que interesa é aquela na que se amosan os instintos máis baixos dos individuos, e nas que a sangue, a violencia, a crueldade ou o salvaxismo protagonizan as historias. Non é agradable, desde logo, que o teu pobo sexa o protagonista dunha nova como esta, aínda que Boiro acostuma a ser portada informativa por desaparicións de nenos, accidentes, frikies –coma Tonecho o enterrador-, contrabandistas e drogadictos, ou ladróns de berberechos; pero aos que son de fóra e non coñecen aos boirenses explicarlle que os estes son casos aillados, malos exemplos da forma de ser dos que nacemos e vivimos en Boiro, xa que a inmensa maioría somos persoas normais que traballamos, temos hipotecas, desfrutamos coa familia, tomamos unha cervexa, …

Este incidente en Boiro xa é historia para a maioría dos medios informativos, porque durante estes días xa atoparon carnaza noutra esquina do país da que facerse eco, pero detrás desta presa informativa queda algo que vai a durar moito tempo, algo ao que a ninguén lle interesou demasiado: as familias dos protagonistas desta espantosa historia, tanto a do agresor como a do agredido. Estas familias que, seguramente, atravesaron durante estes días un momentos dos máis duros das súas vidas quedarán marcadas para sempre por esta historia, e sobre todo cando vives nun pobo pequeno no que todo o mundo se coñece. Pero as televisións apagaron as cámaras e os focos e marcháronse.

noviembre 6, 2007 at 9:22 pm 3 comentarios

Entradas recientes


Calendario

noviembre 2007
L M X J V S D
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930  

O meu Twitter

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.