Archive for diciembre, 2007

¡¡FeliZ 2008!!

feliz2008

diciembre 30, 2007 at 12:08 pm 2 comentarios

Campaña Electoral 2.0

blas_anosaterra.jpg

Días atrás propuxéronme colaborar de cando en vez cun artigo de opinión na edición dixital do diario A Nosa Terra, e a verdade é que non puiden dicir que non por varias razóns: por unha banda pola historia que posúe este xornal centenario no noso País, por outra porque iniciaban unha nova etapa na súa edición dixital, e por outra porque o director é Xurxo Salgado, un profesional e unha boa persoa coa que teño compartido bos momentos durante as duras e longas campañas electorais.

Esta é a miña primeira aportación, e espero que forme parte dunha longa serie de artigos.

Facebook, MySpace, YouTube, Second Live, Blog, … eran termos que ata non fai moito pasaban desapercibidas, ou simplemente non existían nas campañas electorais. Agora, nembargantes, a popularidade e a importancia da rede, especialmente entre os máis mozos, fai que os partidos políticos enfoquen unha parte importante da súa estratexia electoral cara internet para intentar pescar o maior número de votos posibles.

Esta campaña electoral que temos aí á porta preséntase moi interesante e sobre todo novidosa, xa que os comités electorais e os responsables de novas tecnoloxías dos partidos políticos están centrados na carreira dixital por conseguir ser os primeiros en acadar a meta da innovación. Agora non se entende un candidato sen unha web ou un blog, ou un partido sen un espazo no que colgar os seus vídeos de campaña, ou sen un foro no que os internautas poidan facer preguntas ou suxerencias, … ; e todo isto está moi ben, eu coincido en que os líderes políticos deben de ter presenza na rede, pero discrepo fundamentalmente nunha cousa, que esta avalancha internaútica debería de ser continua, e non só durante as campañas electorais. Se facemos un repasiño breve e real do uso da rede por parte dos políticos comprobamos que son moi poucos os que empregan esta ferramenta de xeito habitual. Pero, durante as campañas, como dicía ao principio, non hai candidato e candidata que non teña o seu blog, o cal desgraciadamente queda abandonado unha vez rematada a contenda electoral, por iso, ás veces os blogues electorais lémbranme a esas mascotas que regalamos polo nadal e que ao chegar ao verán deixamos tirados nunha estrada.

A verdadeira campaña electoral non dura quince días, nin tres meses dura toda unha lexislatura, por iso sería positivo que non mirásemos a rede como un filón propagandístico temporal e conseguísemos cambiar o “chip” e todos estes medios que despregamos en campaña conseguísemos que permaneceran despois do día D.

diciembre 26, 2007 at 10:49 pm 1 comentario

Un aniversario especial

 
Lembro aquel blog que atopei por casualidade fai hoxe xustamente un ano, e no que unha muller de 95 anos nos contaba historias sobre a súa longa vida. Durante este ano tanto Mª Amelia como o seu blog viviron unha chea de acontecementos e novidades, desde varios premios e recoñecementos de prestixio ata innumerables aparicións en medios de comunicación de diferentes países.

Eu creo que nin Mª Amelia, nin Esteban –o seu neto e o que lle regalou o blog- se imaxinaron nunca semellante éxito, pero as case un millón de visitas e os seus millerios de netos –como ela os chama- fixeron que a avoa de Muxía fose capaz de vivir e desfrutar dunha segunda xuventude.

Eu non quero deixar de felicitar a Mª Amelia polo seu noventa e seis aniversario, e polo “aniño” que cumpriu o seu blog, e desexarlle que continúe a darnos moitos máis instantes memorables coa lectura das súas historias.

¡¡Felicidades!!

diciembre 26, 2007 at 10:08 pm Deja un comentario

Palabra de Aznar, te alabamos …

Aznar en Murcia

O ex presidente do goberno, José María Aznar, recalou este fin de semana en Murcia, canso, seguramente, xa se falar en tantos idiomas estranxeiros nesta ocasión quixo que a súa doutrina rancia e fascistas se escoitase na súa lingua natal. Nesta ocasión a súa conferencia tivo lugar nun colexo chamado San Buenaventura, dos Padres Capuchinos –non teñen nada que ver co café-, e o aquí foi o lugar elixido para predicar o dogma de fe que José María está intentando espallar.

Ao presidente de FAES calquera sitio e persoa lle parece axeitado para redimir aos mortais dos seus pecados, e conseguir captar ao maior posible número de infieis para a súa causa. En Murcia os elixidos –tal e como nos conta Kheldar no seu blog– foron nenos de entre 13 e 17 anos, pais e profesores; e o seu sermón foi basicamente o mesmo de sempre: a unidade de España, o terrorismo, a educación, …, acompañado dunha forte crítica ao socialismo e á esquerda.

Aznar, que por certo, parece ser que non aproveitou a súa visita a Murcia para visitar ao alcalde de Totana, está cada vez máis inmerso na campaña electoral das eleccións xerais, a cal, por outra banda, non abandonou aínda desde o 14 de marzo do 2004. Estas conferencias do ex presidente, ademais de para adoutrinar, tamén lle serven para facer caixa e incrementar as arcas da empresa Famaztella SL.

::Recoméndovos a lectura da crónica deste acto realizada por un antigo alumno do colexo San Buenaventura.

Máis info en RadioCable.com

diciembre 16, 2007 at 6:17 pm 4 comentarios

El Jueves felicita o 2008

Felicitación de El Jueves

¿Quen son estas dúas persoas que aparecen na felicitación de nadal de El Jueves?. ¿Eres capaz de adiviñalo?.

Xenial esta nova caricatura de El Jueves

diciembre 13, 2007 at 12:17 am 2 comentarios

Aznar, ese gran humorista

Cartel do novo programa de Aznar en Canale 5

Segundo novas de última hora, e tras o éxito acadado por José María Aznar coas súas conferencias en italiano nas cidades de Milán e Roma, parece ser que o ex presidente do goberno vai a iniciar unha xira polo país transalpino realizando varios monólogos. A gracia e a desenvoltura amosada por Aznar coa lingua de Umberto Eco ou Darío Fo fixo posible, ademais, que lle empezasen a chover ofertas para actúar en diversos programas de máxima audiencia da televisión italiana, e ata existe o rumor de que pode ser o responsable de presentar as campanadas de fin de ano no Canale 5, a televisión do seu amigo Berlusconi, acompañado de Raffaela Carrá.

Aznar, a preguntas de varios xornalistas sobre esta posibilidade, respostou:

“É una posibilitá che non descartini, io non posso diccir o que faré manniana, pero sempri mi giustó el mondo di la televisione y el contatto con las persones”.

Esta nova causou certa confusión no Partido Popular, e varios dos seus líderes opinaron sobre esta posibilidade. Eduardo Zaplana, o portavoz no Congreso, foi o primeiro en opinar: “Eso es un rumor, por ahorá noy hay confirmación, pero tengan claro que de ser así, el culpable no es otro que Zapatero, que consiguió con la crispación generada durante su gobierno que el expresidente tenga que marcharse de España.”

Acebes pola súa banda a preguntas dos xornalistas durante unha rolda de prensa manifestou: “La alianza deeee ETA-Batasuna y eeel presidente del gobierno hacen que vivir en Eeeespaña sea muy difícil y cada vez más peligroso, por eeeeso José María Aznar está abriendo nuevos horizooontes en su vida personal, peeero no duden de cuando Marianooo Rajoy sea presidenteee del gobierno esto cambiará”.

Mariano Rajoy, pola súa parte, dixo: “Eehhh!!, hummmm!, cómo?. Pueshhh no lo se, aún no he hablado con Joshe … con Aznar, pero leshh puedo decir que yo tengo un primo ehhh, en Roma, y me dijo que allí se vive muy bien, y que hay mucha pasta, aunque el fútbol esh más bonito en Eshpaña.”

Este xiro na carreira profesional de José María Aznar é unha sorpresa para todos, xa que nin os máis achegados ao ex presidente podían imaxinarse que chegara algún día a dedicarse ao humor, de tódolos xeitos a nova foi ben acollida entre varios representantes da cultura humorística do noso país, e algún deles xa se ofreceu para formar parella con Aznar, entre eles o propio Chiquito de la Calzada, o cal demostrou ao longo da súa carreira profesional ser unha persoa que domina os idiomas, e xa dixo: “¡¡no puedooor, no puedooorr!!, este fistro de Asnar tiene más grasia parlando italiano que Fraga bailando la yenka”; así mesmo o famoso compositor galego Cañita Brava ofreceuse para escribir un tema para José María Aznar, aínda que manifestou que el prefire compoñer en chino ou xaponés, pero que facerá un esforzo para crear un “hit” en italiano.

diciembre 12, 2007 at 8:29 pm 4 comentarios

Debates, agora si

Zapatero e Rajoy ás postas da Moncloa

¡¡Que sorpresa!!. O PP pide dous debates cara a cara entre Rajoy e Zapatero. ¡¡Como cambian as cousas!!. Fai catro anos Zapatero pediu debater con Rajoy, e este negouse, as razóns non están claras, quizais fose por medo, ou porque como daquela gobernaba o PP estes preferiron non darlle oportunidades á oposición.

Catro anos despois as cousas cambian, pero substancialmente, xa que foi o propio presidente do goberno o que retou a Rajoy a debater na televisión, e agora son os populares os que piden xa que os debates sexan dous. ¿Que foi o que cambiou?.

Actualización: Rajoy xa pide tres debates, e ademais pon a condición de que teñen que ser nas televisións privadas. De Televisión Española nada de nada. Pero ademais ten o “morrazo” de dicir o seguinte: “Yo creo que unos debates en televisión bien organizados pueden ser muy útiles para que la gente pueda conocer las propuestas y el diagnóstico de las situaciones de cada uno de los candidatos”.

Rostro e desfachatez non lle falta a Mariano e aos colegas do PP, que son capaces de xirar e modificar os seus argumentos en función dos seus intereses. Rajoy neso é como Groucho Marx: “Estos son mis principios. Si no le gustan tengo otros”.

diciembre 11, 2007 at 5:31 pm 2 comentarios

Entradas antiguas


Calendario

diciembre 2007
L M X J V S D
« Nov   Ene »
 12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31  

O meu Twitter

Error: Twitter no responde. Por favor, espera unos minutos y actualiza esta página.

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.