Archive for diciembre 12, 2007

Aznar, ese gran humorista

Cartel do novo programa de Aznar en Canale 5

Segundo novas de última hora, e tras o éxito acadado por José María Aznar coas súas conferencias en italiano nas cidades de Milán e Roma, parece ser que o ex presidente do goberno vai a iniciar unha xira polo país transalpino realizando varios monólogos. A gracia e a desenvoltura amosada por Aznar coa lingua de Umberto Eco ou Darío Fo fixo posible, ademais, que lle empezasen a chover ofertas para actúar en diversos programas de máxima audiencia da televisión italiana, e ata existe o rumor de que pode ser o responsable de presentar as campanadas de fin de ano no Canale 5, a televisión do seu amigo Berlusconi, acompañado de Raffaela Carrá.

Aznar, a preguntas de varios xornalistas sobre esta posibilidade, respostou:

“É una posibilitá che non descartini, io non posso diccir o que faré manniana, pero sempri mi giustó el mondo di la televisione y el contatto con las persones”.

Esta nova causou certa confusión no Partido Popular, e varios dos seus líderes opinaron sobre esta posibilidade. Eduardo Zaplana, o portavoz no Congreso, foi o primeiro en opinar: “Eso es un rumor, por ahorá noy hay confirmación, pero tengan claro que de ser así, el culpable no es otro que Zapatero, que consiguió con la crispación generada durante su gobierno que el expresidente tenga que marcharse de España.”

Acebes pola súa banda a preguntas dos xornalistas durante unha rolda de prensa manifestou: “La alianza deeee ETA-Batasuna y eeel presidente del gobierno hacen que vivir en Eeeespaña sea muy difícil y cada vez más peligroso, por eeeeso José María Aznar está abriendo nuevos horizooontes en su vida personal, peeero no duden de cuando Marianooo Rajoy sea presidenteee del gobierno esto cambiará”.

Mariano Rajoy, pola súa parte, dixo: “Eehhh!!, hummmm!, cómo?. Pueshhh no lo se, aún no he hablado con Joshe … con Aznar, pero leshh puedo decir que yo tengo un primo ehhh, en Roma, y me dijo que allí se vive muy bien, y que hay mucha pasta, aunque el fútbol esh más bonito en Eshpaña.”

Este xiro na carreira profesional de José María Aznar é unha sorpresa para todos, xa que nin os máis achegados ao ex presidente podían imaxinarse que chegara algún día a dedicarse ao humor, de tódolos xeitos a nova foi ben acollida entre varios representantes da cultura humorística do noso país, e algún deles xa se ofreceu para formar parella con Aznar, entre eles o propio Chiquito de la Calzada, o cal demostrou ao longo da súa carreira profesional ser unha persoa que domina os idiomas, e xa dixo: “¡¡no puedooor, no puedooorr!!, este fistro de Asnar tiene más grasia parlando italiano que Fraga bailando la yenka”; así mesmo o famoso compositor galego Cañita Brava ofreceuse para escribir un tema para José María Aznar, aínda que manifestou que el prefire compoñer en chino ou xaponés, pero que facerá un esforzo para crear un “hit” en italiano.

Anuncios

diciembre 12, 2007 at 8:29 pm 4 comentarios


O máis ollado

Calendario

diciembre 2007
L M X J V S D
« Nov   Ene »
 12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31  

O meu Twitter

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.