Archive for diciembre, 2007
Deira para ser feliz quería un camión
Dando unha volta polo blog de Carlos Insúa leo a súa última anotación na que fala do novo camión de recolleita de lixo que a Consellería de Medio Ambiente, que dirixe Manuel “Pachi” Vázquez, lle regalou ao Concello de Boiro. Na nova do xornal La Voz de Galicia aparece unha foto na que o alcalde Xosé Deira se amosa feliz e contento sentado aos mandos do vehículo ao cal, segundo este medio, ata deu varios bocinazos.
Non cabe dúbida de que o rexedor municipal se amosaba moi contento e feliz con este obsequio do conselleiro socialista Vázquez, ao cal, por certo, lle deu plantón fai case un ano e non o quixo recibir. Queda demostrado polo tanto que non todos son iguais, e “Pachi” Vázquez, alomenos non é rencoroso, e a pesares do desplante de febreiro deste ano foi capaz de facer feliz a Deira.
Carlos, xa o decía Loquillo: “Yo para ser feliz quero un camión”; e a Deira este vehículo motorizado deulle unha grande alegría. ¡¡Grazas “Pachi” por non terlle en conta ao noso alcalde a súa falla de educación!!
Nerea ten cinco anos
Onte Nerea estivo de cumpre e celebrouno por partida dobre. Primeiro no cole con todos os seus compañeiros e compañeiras, porque é tradición no Santa Baia que o último venres do mes celebren o cumpreanos de todos os alumnos que durante ese mes estiveron de aniversario, e onte ela foi unha das afortunadas.Despois celebrou novamente o cumpre con grupo de amigos, esta vez en Xoanes. Ela di que o pasou moi ben, sobre todo á hora de abrir os regalos.
O tempo pasa e os fillos, afortunadamente, van medrando e cumprindo anos, pero: ¿hai maior ledicia para un pai –ou nai- que ver como cumpren anos e medran os fillos?.
Que cumpras moito máis Nerea e eu que o siga disfrutando e contándoo neste blog.
Comentarios