Archive for enero, 2008

¡¡Pobre Gallardón!!

A vida é así de dura e de complicada, resulta que o “Raúl” do PP, ese “crack” que é capaz de conseguir cos seus goles que o seu equipo consiga victorias soadas é apartado da selección Popular e non consigue que o convocan para xogar na Champions da política española. ¡¡Pobre Gallardón!!.

Pediuna unha, … dúas e … ata tres veces; nos xornais, na televisión, nas radios, …; pero o Aragonés de turno do PP negoulle a posibilidade de mellorar e incrementar o seu palmarés, quizais polo recelo e a envexa que xera o crack Gallardón entre os seus compañeiros e compañeiras de vestiario.

¿E agora que?. ¿Que vai pasar co alcalde madrileño?. ¿Como vai asumir ese castigo que lle impoñen os seus propios amigos?. Terá ánimos e folgos para continuar xogando e marcando goles para o seu equipo?. A verdade é que un home tan acostumado á victoria, que unha derrota tan severa como esta é para ir pensando na retirada.

¡¡Pobre Gallardón!!.

enero 16, 2008 at 2:08 am 3 comentarios

Pizarro, a gran fichaxe

Manuel Pizarro

Parece que Mariano xa está perfilando as candidaturas e o seu próximo goberno. O novo e flamante fichaxe de Rajoy para formar parte das listas é Manuel Pizarro, que ademais –segundo informa a Cadena Ser– vai a ser tamén o que xestione o Ministerio de Economía, no caso de que o líder popular sexa o próximo presidente do goberno.Pizarro é bo amigo de Aznar, e destacou, sobre todo durante esta lexislatura, por converterse no brazo armado do PP e loitar con uñas e dentes contra a OPA que Gas Natural lle lanzou á eléctrica Endesa –compañía que presidía desde o ano 2002 por obra e gracia do goberno de José Mari-. Pizarro, desde logo, estes servizos ao PP de Rajoy e Aznar non eran gratuítos, e moito menos un favor persoal, xa que o candidato a Ministro de Economía de Rajoy cobrou no ano 2006 un “ridículo” soldo de 3,2 millóns de euros (máis de 532 millóns de pesetas), un 38 por cento máis do que percibira no ano anterior. En definitiva: ¡¡unha miseria!!.

Pero, vendo os galácticos que o candidato Rajoy está a fichar, eu estou impaciente por coñecer a totalidade das súas listas, porque non me estrañaría que dentro das súas incorporacións aparezan nomes coma o do cardenal Rouco Varela, que ben podería dirixir o novo Ministerio da Familia que xa prometeu Mariano, ou é que quizais non o merece tanto coma Pizarro. Jiménez Losantos -ese comunista reciclado- podería ser un excelente portavoz do goberno, Alcaraz, o presidente da AVT, sería un magnífico ministro do Interior, … ; eu a verdade vou a seguir ansioso o desenlace das listas populares.

enero 15, 2008 at 2:03 am 2 comentarios

Os obstáculos de David Cal

David Cal

Segundo a Consellería de Cultura e Deporte, que dirixe a nacionalista Ánxela Bugallo, o piragüista David Cal non é un deportista de alto nivel. ¡¡Parece mentira!!.A traxectoria e o “curriculum” do atleta de Cangas é impresionante, xa que ademais da dúas medallas que gañou nos xogos olímpicos de Atenas (unha de ouro e outra de prata), tamén conseguiu varias medallas máis en campionatos mundiais e europeos. Pero esto parece ser que para os “burócratas” da consellería non é importante nin suficiente, eles prefiren manter un enfrontamento e un trato case vexatorio con David Cal, e no canto de prestarlle axuda e colaborar con el, é preferible poñerlle obstáculos e chegar case ao boicot do “palista” galego.

¿Pero que pasará se este deportista galego -que fixo historia no deporte español ao ser o primeiro atleta que conseguiu gañar dúas medallas nunha mesma olimpíada- consegue algún “metal” nas vindeiras xogos olímpicos?. Imaxino que os que agora lle negan a súa axuda serán despois os primeiros que: dirán que é un exemplo para tódolos galegos e galegas, que Galiza é unha potencia mundial e que a nazón galega merece unha selección en piragüismo; e ata me imaxino o recibimento á súa chegada a Peinador ou Lavacolla onde estarán en primeira fila para saír na foto. ¡¡Menudo éxito do nacionalismo!!.

A verdade é que ser deportista de elite en Galicia non é unha fazaña, ¡é unha milagre!. A impresión que eu me levo da xestión desta área é que os investimentos van dirixidos a potenciar non o deporte senón unha serie de espectáculos que calmen e contenten aos militantes do BNG. Ou senón que explicación ten o impresionante gasto dedicado ao paso da Volta Ciclista a España por Galicia, ou o impresionante apoio ao equipo Karpin Galicia, ou os partidos da selección galega de fútbol, …, . Eu, a verdade é que non son capaz de lembrar ningún outro “éxito” da Consellería de Ánxela Bugallo, agás a recente declaración de San Mamés.

Seguramente alguén dirá que se investiu no deporte de base, pero agora véñenme á cabeza os casos de Rufino Regueira (nadador boirense que gañou varios campionatos de España e de Galicia) ou de Miguel Rodríguez Galbán (piragüista rianxeiro que logrou varias medallas en campionatos do mundo e de Europa) aos que lles negaron as becas no Centro de Tecnificación de Pontevedra; ou tamén podemos poñer o exemplo das traiñeiras onde se marxina a clubs como Cabo de Cruz, que participan na Liga ACT contra traiñeiras de Euskadi ou Cantabria, e as axudas que recibe son ridículas.

En definitiva, que o caso de David Cal é o máis soado pola repercusión mediática que ten, pero a política desenvolvida por esta consellería é bastante errática e orientada á promoción da esencia nacional-patriótica, e non do deporte propiamente dito.

enero 9, 2008 at 2:25 am 9 comentarios

«Politicamente incorrecto». Grazas José Luis

prieto_voz_entrevista

Lendo hoxe La Voz de Galicia atópome cunha entrevista a José Luis Prieto, un blogger nado en Madrid pero que recentemente adoptamos como galego, xa que se veu a vivir a Bertamiráns coa súa familia.

O blog de José Luis é o máis visitado de toda Galicia e o octavo de toda España –segundo o raking de Wikio– no apartado de política, por diante de algúns tan importantes coma o de Pepe Blanco, Juan Carlos Escudier, Luis Solana ou Iñaki Anasagasti –tan popular ultimamente coas súas opinións sobre a monarquía-. Aproveito para indicar tamén que a miña humilde bitácora ocupa o posto 65.

O motivo deste post é para, ademais de para felicitar a José Luis polo seu blog, para darlle as grazas polo que comenta nesta entrevista sobre o meu blog:

“La bitácora de Blas García, secretario general de Barbanza es buenísima, es muy crítico y políticamente incorrecto”.

Entenderedes que é unha honra que alguén comente algo semellante, porque como diría o monarca de todos os españois “me llena de orgullo y satisfacción”. De agora en diante procurarei sendo politicamente incorrecto, e intentarei non defraudar a ninguén.

Entrevista en pdf

enero 8, 2008 at 8:15 pm 2 comentarios

Pola diversidade familiar

Un grupo de persoas decidiron abrir o blog Internautas pola Diversidade Familiar, esta é a súa presentación:

Somos un grupo de hombres y mujeres gais que concebimos la red como una fuente de información y entretenimiento, pero también de activismo y participación social. Desde la diversidad ideológica, de creencias, racial y sexual nos une únicamente nuestro compromiso con la igualdad. Por ello, hemos decidido poner en marcha una iniciativa ciudadana que defienda, también en internet, el respeto y la tolerancia hacia los distintos modelos familiares.

Los tiempos han cambiado y el modelo tradicional de familia convive hoy con otros tipos, como las familias monoparentales u homoparentales. Entendemos que esta diversidad enriquece notablemente a nuestra sociedad y, desgraciadamente, vemos día tras día como algunos sectores conservadores y retrógrados.

Ademais contan cun manifesto no que podes asinar, ou se tes un blog ou unha web unirte a eles. Na actualidade contan co respaldo de 13 webs e 65 blogs, ademais de 117 persoas.

Eu sen dubidalo, únome tamén á diversidade familiar.

Banners da campaña:

enero 4, 2008 at 1:35 am 2 comentarios

A rendición de Zapatero

El año 2007 finaliza con la cifra de presos de la organización terrorista ETA más alta de la última década, un total de 728 encarcelados en España, Francia, Reino Unido y Canadá, …

… En cárceles españolas se encuentran encarceladas en estos momentos 560 personas, a la espera de juicio o ya condenadas por su vinculación con la banda…

… Durante 2007 se ha detenido a 125 personas por su presunta vinculación con la organización terrorista ETA, a las que hay que sumar otras 76 por delitos de “kale borroka”. En España han sido arrestadas 79 personas, mientras que en Francia lo han sido otras 40.

Hai datos que debemos de ter en conta á hora de facer valoracións e para poder xulgar certas declaracións e manifestacións de individuos acostumados a falsear a realidade (mentir), porque ¿quen eran os que dicían que o goberno de Zapatero se arrodillara ante ETA?

Visto no Diario de Salamanca vía Escolar

enero 3, 2008 at 8:45 pm 2 comentarios

A Mafia Católica

A Igrexa Católica saíu á rúa novamente, disque para defender á familia, pero ¿que entende esta Igrexa retrógrada e fascista por familia?. No seu caso a palabra familia lembra máis a unha Mafia baixo a dirección dun padriño, que ben podería ser Benedicto XXI, e un capo –en España- que non pode ser outro máis que Rouco Varela; esa é a verdadeira familia que defenden estes membros da camorra católica, que se atreven a facer política para defender os seus intereses mafiosos.

Son capaces, desde o púlpito que lles da a súa posición privilexiada, de criticar a un goberno lexítimamente elixido polos cidadáns, e amparados por unha dubidosa moralidade e un catecismo anticuado e interesado son capaces de falar de presuntos fraudes, enganos, ou da “disolución da democracia”. Pero, ¿que entenderán estes fundamentalistas cristiáns de democracia ou de liberdade, cando a institución á que eles pertencen funciona únicamente dun xeito dictatorial.

Acaso os defensores da familia cristián poden defender e protexer a individuos coma o arzobispo de Tenerife que din cousas como: «Puede haber menores que sí lo consientan y, de hecho, los hay. Hay adolescentes de 13 años que son menores y están perfectamente de acuerdo y, además, deseándolo». Nunha organización seria e normal, alguén que fixese unhas manifestacións deste tipo estaría na rúa ao día seguinte, pero os protectores da familia amparan sen pudor a un enfermo como este.

¡¡Deus nos colla confesados!!

enero 3, 2008 at 3:06 am 9 comentarios


Calendario

enero 2008
L M X J V S D
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031  

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.