Archive for enero 9, 2008
Os obstáculos de David Cal

Segundo a Consellería de Cultura e Deporte, que dirixe a nacionalista Ánxela Bugallo, o piragüista David Cal non é un deportista de alto nivel. ¡¡Parece mentira!!.A traxectoria e o “curriculum” do atleta de Cangas é impresionante, xa que ademais da dúas medallas que gañou nos xogos olímpicos de Atenas (unha de ouro e outra de prata), tamén conseguiu varias medallas máis en campionatos mundiais e europeos. Pero esto parece ser que para os “burócratas” da consellería non é importante nin suficiente, eles prefiren manter un enfrontamento e un trato case vexatorio con David Cal, e no canto de prestarlle axuda e colaborar con el, é preferible poñerlle obstáculos e chegar case ao boicot do “palista” galego.
¿Pero que pasará se este deportista galego -que fixo historia no deporte español ao ser o primeiro atleta que conseguiu gañar dúas medallas nunha mesma olimpíada- consegue algún “metal” nas vindeiras xogos olímpicos?. Imaxino que os que agora lle negan a súa axuda serán despois os primeiros que: dirán que é un exemplo para tódolos galegos e galegas, que Galiza é unha potencia mundial e que a nazón galega merece unha selección en piragüismo; e ata me imaxino o recibimento á súa chegada a Peinador ou Lavacolla onde estarán en primeira fila para saír na foto. ¡¡Menudo éxito do nacionalismo!!.
A verdade é que ser deportista de elite en Galicia non é unha fazaña, ¡é unha milagre!. A impresión que eu me levo da xestión desta área é que os investimentos van dirixidos a potenciar non o deporte senón unha serie de espectáculos que calmen e contenten aos militantes do BNG. Ou senón que explicación ten o impresionante gasto dedicado ao paso da Volta Ciclista a España por Galicia, ou o impresionante apoio ao equipo Karpin Galicia, ou os partidos da selección galega de fútbol, …, . Eu, a verdade é que non son capaz de lembrar ningún outro “éxito” da Consellería de Ánxela Bugallo, agás a recente declaración de San Mamés.
Seguramente alguén dirá que se investiu no deporte de base, pero agora véñenme á cabeza os casos de Rufino Regueira (nadador boirense que gañou varios campionatos de España e de Galicia) ou de Miguel Rodríguez Galbán (piragüista rianxeiro que logrou varias medallas en campionatos do mundo e de Europa) aos que lles negaron as becas no Centro de Tecnificación de Pontevedra; ou tamén podemos poñer o exemplo das traiñeiras onde se marxina a clubs como Cabo de Cruz, que participan na Liga ACT contra traiñeiras de Euskadi ou Cantabria, e as axudas que recibe son ridículas.
En definitiva, que o caso de David Cal é o máis soado pola repercusión mediática que ten, pero a política desenvolvida por esta consellería é bastante errática e orientada á promoción da esencia nacional-patriótica, e non do deporte propiamente dito.
Comentarios