Archive for febrero, 2008
Educación Popular
Creo que as estas alturas temos claro que os membros do PP son persoas educadas e respectuosas cos demais. Os seus cargos públicos nunca crispan, nin insultan; non desprezan aos seus rivais e moito menos os provocan. Iso fano sempre os outros, xa que eles son as víctimas.
Este vídeo do alcalde de Lalín é a proba clara da educación, os modais e o talante dos cargos populares.
E despois din que hai que suprimir a Educación para a Cidadanía!!!.
Un vídeo das XSG
As Xuventudes Socialistas de Galicia celebrou unha rolda de prensa para presentar a súa campaña para as eleccións xerais.
Desta campaña, polo de agora vou a destacarvos dúas cousas. En primeiro lugar o vídeo que presentaron e que vos deixo aquí para que o vexades, e en segundo o titural que deu Loli Rodríguez –a Secretaria Xeral das XSG– contra a crispación diversión.
Ao longo da campaña electoral haberá máis novas das Xuventudes, asegúrovolo.
Chus Escudero non é María San Gil

Chus Escudero é a alcaldesa de Mos, e esta é a súa segunda lexislatura ao fronte do concello. María San Gil é a presidenta do PP de Euskadi e parlamentaria no Parlamento vasco.Chus Escudero é do PSdeG-PSOE e pódese dicir que case unha política descoñecida, que ademais durante esta lexislatura, na que goberna en minoría, pasando serías dificultades porque o PP e o BNG están facendo unha pinza no concello de Mos e obstaculizando todos os proxectos. San Gil, pola súa banda é unha política coñecida e mediática, que ocupa páxinas nos xornais e nos distintos medios de comunicación. Co cal, as diferencias entre ambas son moitas e enormes.
Pero esta semana as dúas viviron situacións semellantes: foron increpadas por uns radicais e sufriron un intento de agresión. A diferencia é que o acontecido a María San Gil acaparou espazos en tódolos informativos, e incluso foi empregado polo PP para crear polémica e crispación; pero o intento de agresión a Chus pasou totalmente desapercibido, só foi recollido nunha breve nova polo Atlántico Diario; pero ademais todos se solidarizaron –como debe ser- e criticaron os feitos violentos sufridos pola política do PP, pero da alcaldesa de Mos ninguén se acordou, ningún partido censurou os feitos. Por que?, é que non é tan censurable o intento de agresión sufrido por Chus como o de María San Gil?.
Eu só podo dicir que rexeito calquera acto de violencia sexa a quen sexa. E quero manifestarlle o meu apoio a Chus e a todos os compañeiros e compañeiras de Mos.
psdeg-psoe.com. A nova web socialista
www.psdeg-psoe.com. Esa é a nova dirección da nova páxina web do PSdeG-PSOE coa cal queremos crear un espazo máis directo e máis participativo. Ademais de modernizar e adaptar a web aos novos tempos.
Levamos varios meses traballando na creación e deseño desta páxina, a cal mañá vai a presentar Ricardo Varela, o secretario de organización do PSdeG-PSOE.
Espero que vos guste, e espero que nos axudedes a mellorala naqueles aspectos que non sexan do voso agrado.
Defendamos a alegría ^^
Hoxe vai de vídeos!!, pero a novidade é a presentación da Plataforma de Apoio a Zapatero (PAZ), que integran máis de 2000 persoas da universidade, a ciencia, o deporte ou a empresa; ademais de representantes da cultura, do cine, da canción, etc.
Os impulsores da plataforma diríxense á esquerda que poda estar indecisa. E no manifiesto deféndese a Zapatero pola súa política a favor dos dereitos sociais e individuais: por «su incansable lucha por la igualdad, y por conseguir un país mejor, más moderno y tolerante».
A canción, básase nun poema de Mario Benedetti e, como di Víctor Manuel ao principio, busca «defender a alegría dos cenizos». Caras coñecidas como Ana Belén, Serrat, Sabina, Soledad Giménez, Fran Perea, Concha Velasco ou María Barranco interpretan «Defendamos la alegría». Por certo, o cenizo de Rajoy aproveitou xa para criticar aos artistas.
Tamén con Sonsoles!!!

Sonsoles Espinosa é a dona de Zapatero, pero eu estou seguro de que son moitos os españois que descoñecen como cal é o nome e a que se dedica a “presidenta consorte”. Pero está claro que para o PP vale todo, lévano demostrado ao longo desta lexislatura, e agora tocoulle o turno a Sonsoles, a cal intentou pasar o máis desapercibida posible durante a súa estadía na Moncloa.Hoxe a fichaxe estrela do PP, o galáctico de Rajoy, decidiu nun ataque de inspiración durante unha entrevista na Cadena SER manifestar que:
Pois parece que ao tiburón das finanzas non lle parece ben que a dona do Presidente do Goberno cante nun coro, xa que ao mellor pensa como o seu amigo José María Aznar que a muller ten que ser “muller, muller”, e polo tanto debe de estar na casa coidando aos fillos e facendo as tarefas da casa.
¿Que vai ser o seguinte que pode usar o PP durante esta campaña?. Atacar ás fillas de Zapatero, ou a seu irmán ou a seu pai, porque ao avó –o Capitán Lozano– ademais de fusilalo no ano 36 seguírono insultando e faltándolle ao respecto durante esta lexislatura.
Por que no PP non dimite ninguén?

¿Por que no PP nunca dimite ninguén?. Digan o que digan, fagan o que fagan é igual, eles nunca son responsables de nada. Pero despois teñen a desfachatez e a caradura de pedirlle responsabilidades aos demais –por calquera cousa-, porque eles sempre son os máis castos e os máis puros.
Un Conselleiro de Sanidade, co amparo dunha Presidenta Autonómica, atrévese a acusar a uns profesionais da menciña de “asasinar” a centos de pacientes terminais pola súa neglixencia. Anos despois a xustiza resolve o sobreseimento do caso, e di que non se produxo mala praxis médica. Pero no PP, tras a sentencia, acordan facer corporativismo e dicir que non pasou nada, que non cometeron ningún erro, que fixeron o correcto. ¡¡Que caraduras!!, ¡¡que pouca vergoña!!.
Lamela, Esperanza e Rajoy din que non pasou nada, que todo o que fixeron está ben feito; total só desprestixiaron a uns médicos. ¡¡Iso non é nada!!, ¡¡unha pequena broma!!. A verdade é que non temos sentido do humor.
¿Que pasaría se esto acontecese en Aragón, Andalucía ou Galicia?. ¿Que diría Rajoy, Acebes e Esperanza?. ¿Cal é o verdadeiro tamaño da vara de medir do PP?
Benvidos á rede

Quero darlle a benvida a tres novas bitácoras que se unen á Rede Galega de Blogs Socialistas. Os tres son da provincia de Ourense e son tres persoas xóvenes: Lalo Gómez Rosales, Antía García e Jonathan da Silva.
Pois só dicirlle que moito ánimo e moita sorte.
Comentarios