DdC. Volver a empezar: unha nova campaña.

febrero 2, 2008 at 2:18 am 3 comentarios

Zapatero en Ourense

Levo varios días “desaparecido” da rede, pero nesta ocasión foi por causas alleas á miña vontade, xa que a culpa foi dunha infección respiratoria que me tivo desconectado durante uns días e recluído na casa. Pero xa estou novamente por aquí disposto a seguir dando guerra e a contarvos algunha que outra “batalliña”.A verdade é que o regreso ao traballo foi de todo menos suave, xa que temos a maquinaria electoral en marcha e quentando motores para afrontar a campaña das eleccións xerais con garantías. Para empezar dous “mitins”: onte en Pontevedra e hoxe en Ourense –con Zapatero-; pero, ademais, mañá imos a Ferrol e o domingo un paseo por Padrón.

Eu intentarei, ao igual que na última campaña, ir contándovos as anécdotas e outros historias que nos acontezan durante estes meses. Confesareivos que o inicio non tivo desperdicio e empezamos onte coas anécdotas xa que Fernando Martínez e eu tivemos que ir dando un pequeno paseo a pé pola autoestrada –camiño de Pontevedra- porque Víctor e Castiñeiras esquecéronse de collernos na área de servizo na que eu deixei o meu coche, e déronse conta cando pasaran de largo; pero nada, unha carreiriña pola vía de acceso e “aquí no pasa nada”, entre nós e sen que se entere ninguén: menos mal que non pasou nese momento a Garda Civil de Tráfico.

Hoxe estivemos no Pavillón dos Remedios de Ourense no primeiro mitin de Zapatero en Galicia, e foi un éxito. Máis de cinco mil persoas abarrotaban o pavillón e foron moitas as que quedaron ás portas, xa que dentro non collía nin un “alfiler”. Zapatero estivo grandioso e tivo, como non, palabras de cariño para os bispos dos que dixo que caeran na tentación de usar o terrorismo na campaña electoral. Falou tamén do medo e das escusas do PP cos debates electorais.

Antes de empezar o mitin, a anécdota foi a intervención do Follonero -o que aparece no programa de Buenafuente– que subiu ao atril e pediu o apoio para o PSOE e para Zapatero. Despois estiven falando con el nun dos pasillos, mentres esperábamos que chegara o presidente, e comenteille que me sorprendera que se mollase desa forma, pero que é algo que se agradece. ¡¡Eu que sempre pensei que a Sexta era do PP!!. Por certo, o Follonero vai a ter un programa na Sexta que se vai chamar “Salvados por la campaña”.

Pois por hoxe nada máis, voume deitar que mañá tocamos en Ferrol e hai que madrugar.

Anuncios

Entry filed under: DdC, Galicia, Persoal, Política, PSOE, Xerais 2008. Tags: , , , , .

¡¡Pobre Gallardón!! Benvidos á rede

3 comentarios Add your own

  • 1. Eladio Osorio Montenegro  |  febrero 2, 2008 en 4:17 am

    Un éxito rotundo. Esto volve a cheirar a un dous a dous en Ourense. E un pracer compartir mesa e mitin contigo. Unha aperta

  • 2. Rubin de Cendoya  |  febrero 2, 2008 en 12:36 pm

    Bienvenido. Non contes que fas o blog no traballo, que alguén pode pensar mal.

    Respecto a Sexta sorpréndeme que non souperas o de “fuego amigo” de F.G., se solo é por publicitala, muy mal.

  • 3. Delfín  |  febrero 3, 2008 en 7:15 pm

    Hola e benvido,…. antes de nada, para os problemas respiratorios o que che dixo o médico,…. pero senón vai ó veterinario coma facían en Oia, que de seguro che atina mellor (;-().
    Saúdos e benvido para loitar con forza.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Calendario

febrero 2008
L M X J V S D
« Ene   Mar »
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
2526272829  

O meu Twitter

  • En Negreira segue ardendo o monte, e os medios son escasos. De Ames aportamos un tractor cisterna, tamén están os... fb.me/BmZ7Yc4q 2 days ago
  • AVARÍA AUGA. Xa está restablecido o servizo de auga na maior parte da rede afectada. Operarios de Espina&Delfín... fb.me/1Dnkvea17 3 days ago
  • ATENCIÓN. Con motivo dunha ruptura na liña de abastecemento que baixa do depósito de Castiñeiro do Lobo non hai... fb.me/1tBGQwm7h 3 days ago
  • CENTRO SAÚDE MILLADOIRO. Pois si!! O paso dado hoxe na consecución do novo Centro de Saúde de Milladoiro é moi... fb.me/2Q34RD505 4 days ago
  • Este venres 13 de outubro volvemos a dar outro paso importante para a construción do Centro de Saúde do... fb.me/9nHBJu8i9 5 days ago

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

A %d blogueros les gusta esto: