Por que no PP non dimite ninguén?

febrero 4, 2008 at 1:05 am 1 comentario

Lamela e Esperanza Aguirre

¿Por que no PP nunca dimite ninguén?. Digan o que digan, fagan o que fagan é igual, eles nunca son responsables de nada. Pero despois teñen a desfachatez e a caradura de pedirlle responsabilidades aos demais –por calquera cousa-, porque eles sempre son os máis castos e os máis puros.

Un Conselleiro de Sanidade, co amparo dunha Presidenta Autonómica, atrévese a acusar a uns profesionais da menciña de “asasinar” a centos de pacientes terminais pola súa neglixencia. Anos despois a xustiza resolve o sobreseimento do caso, e di que non se produxo mala praxis médica. Pero no PP, tras a sentencia, acordan facer corporativismo e dicir que non pasou nada, que non cometeron ningún erro, que fixeron o correcto. ¡¡Que caraduras!!, ¡¡que pouca vergoña!!.

Lamela, Esperanza e Rajoy din que non pasou nada, que todo o que fixeron está ben feito; total só desprestixiaron a uns médicos. ¡¡Iso non é nada!!, ¡¡unha pequena broma!!. A verdade é que non temos sentido do humor.

¿Que pasaría se esto acontecese en Aragón, Andalucía ou Galicia?. ¿Que diría Rajoy, Acebes e Esperanza?. ¿Cal é o verdadeiro tamaño da vara de medir do PP?

Entry filed under: Política, PP. Tags: .

Benvidos á rede Tamén con Sonsoles!!!

1 comentario Add your own

  • 1. heladio  |  febrero 12, 2008 a las 6:45 pm

    como xa sabemos de que van, (cinicos, mentirosos, embaucadores, “”podria seguir, pero por non ferir oidos e por respeto a ete blog….””) en este caso so cabe lembrar que o director das urxencias ten que ser restituido no seu posto, “”as malas practicas”” fixeron moito ben a moita xente, na que incluo a miña nai, e incluso seria mais atrevido ainda, quixera que mas fixesen a min. Pero de xente que, mentres levaban as fillas a londres a abortar, condenaban as nenas embarazadas……….
    que imos decir que xa non estea dito.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Calendario

febrero 2008
L M X J V S D
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
2526272829  

O meu Twitter

  • RT @ConcelloAmes: 💕Animando á solidariedade! A unidade móbil de doazón de sangue estará o 16 e 17 de setembro no #Milladoiro, no cruce da R… 1 day ago
  • RT @ConcelloAmes: 💠Organizamos o XII Campionato de Galicia Absoluto de 5K en ruta, en colaboración con @atletismogalego. 🎽Será o 26 setembr… 1 day ago
  • RT @ConcelloAmes: Reanudamos os programas #Amessan e #Sanauga con novidades❗️ 💚Amessan incorpora baile en liña e bailoterapia 💚Sanauga inc… 1 day ago
  • RT @carlosecue: Dice el Financial Times que la decisión de Sánchez sobre la energía mete presión a otros países de la UE que tienen también… 2 days ago
  • RT @ConcelloAmes: MERC@MES | Mañá 15 de setembro comeza a 2ª fase da campaña de tarxetas bono, até o 15 de novembro. ✨Poderedes adquirir os… 2 days ago

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

A %d blogueros les gusta esto: