Chus Escudero non é María San Gil

febrero 17, 2008 at 2:48 am 7 comentarios

Chus Escudero

Chus Escudero é a alcaldesa de Mos, e esta é a súa segunda lexislatura ao fronte do concello. María San Gil é a presidenta do PP de Euskadi e parlamentaria no Parlamento vasco.Chus Escudero é do PSdeG-PSOE e pódese dicir que case unha política descoñecida, que ademais durante esta lexislatura, na que goberna en minoría, pasando serías dificultades porque o PP e o BNG están facendo unha pinza no concello de Mos e obstaculizando todos os proxectos. San Gil, pola súa banda é unha política coñecida e mediática, que ocupa páxinas nos xornais e nos distintos medios de comunicación. Co cal, as diferencias entre ambas son moitas e enormes.

Pero esta semana as dúas viviron situacións semellantes: foron increpadas por uns radicais e sufriron un intento de agresión. A diferencia é que o acontecido a María San Gil acaparou espazos en tódolos informativos, e incluso foi empregado polo PP para crear polémica e crispación; pero o intento de agresión a Chus pasou totalmente desapercibido, só foi recollido nunha breve nova polo Atlántico Diario; pero ademais todos se solidarizaron –como debe ser- e criticaron os feitos violentos sufridos pola política do PP, pero da alcaldesa de Mos ninguén se acordou, ningún partido censurou os feitos. Por que?, é que non é tan censurable o intento de agresión sufrido por Chus como o de María San Gil?.

Eu só podo dicir que rexeito calquera acto de violencia sexa a quen sexa. E quero manifestarlle o meu apoio a Chus e a todos os compañeiros e compañeiras de Mos.

Anuncios

Entry filed under: Galicia, Persoal, Política, PSdeG-PSOE. Tags: .

O homeLAGE Un vídeo das XSG

7 comentarios Add your own

  • 1. Carlos Insúa  |  febrero 18, 2008 en 2:26 am

    Totalmente dacordo contigo, Blas. O único que pode escusar a diferencia de trato é que San Gil estaba nunha Facultade e a repercusión mediatica fose mayor. Pero me temo que non foi solo iso, alguns revolveron moito as augas.
    Sorte no teu traballo,
    Saude e saudos

  • 2. veciña de Mos  |  febrero 23, 2008 en 5:04 pm

    aquí o radical é o que chama radicais a uns veciños afectados e indignados cunha alcaldesa que antes das elección tiña unha actitude e despois de ser nomeada adoptou outra contraria. nin a miña nai nin os meus avós son radicais de nada, eso sí, votaron a esa traidora

  • 3. Outra veciña, pero con sentido  |  febrero 27, 2008 en 3:51 pm

    Pobre veciña de Mos. Que pena, no? Realmente sí, e moi triste ter unha alcaldesa como Chus. Unha alcaldesa que sempre está a nosa disposición, incluso daqueles a quen lle ten pagado as pancartas nas que despóis poñen o seu nome como culpable de que Mos estea a pagar o prezo estar situado as portas de Vigo, como culpable de ter intentado canto é imposible por encontrar alternativas.
    Pero veciña, tranquila sempre che queda Nidita.

  • 4. Mosense  |  febrero 27, 2008 en 3:52 pm

    Gracias Chus. Non cambies!!!!!!

  • 5. Anónimo  |  marzo 2, 2008 en 8:04 pm

    Para os que non coñezadeo o Concello de Mos e as peculiaridades que o fan único vouvos poñer en antecedentes. En Mos existen máis de dous partidos políticos, sen embargo, existen tan só dous tipos de votantes: o votante partidario do Mos do atraso, do Mos sen actividae cultural, do Mos sen locais deportivos públicos, do Mos sen saneamento… en fin, non vos falo dun tempo tan lonxano, refírome ao Mos que tiñamos antes do goberno do PSOE con Chus á fronte. Este Mos era un pobo máis ben típico do

  • 6. Cristina Pérez Leirós  |  marzo 2, 2008 en 9:22 pm

    Para os que non coñezades o Concello de Mos e as peculiaridades que o fan único vouvos poñer en antecedentes. En Mos existen máis de dous partidos políticos, sen embargo, existen tan só dous tipos de votantes: un tipo de votante é o votante partidario do Mos do atraso, do Mos sen actividae cultural, do Mos sen locais deportivos públicos, sen ciber municipal, sen parque infantil, do Mos sen saneamento … é dicir, o votante que prefire o Mos que tiñamos antes, e non vos falo dun tempo tan lonxano, refírome ao Mos que tiñamos antes do goberno do PSOE con Chus á fronte.
    Este Mos era un pobo máis ben típico doutro tempo: o Concello tomado por xente que cambiaba votos por alumeado público, por asfalto para os camiños, cheo de concellais máis ben primarios, por non dicir cazurros ou animaliños aos que lle cambiaban o sacho por unha pluma e de pura soverbia non lles chegaba unha vida para aprender a usala (non sei se me estou a explicar con claridade, o que quero dicir e que o pecado non está en non saber usala, senon en crer que non che fai falta ningunha porque para iso eres o conellal)…
    O outro votante é o que considera que Mos é digno de algo máis, e é capaz de apreciar todos os cambios que tiveron lugar ao longo de cinco anos, todas esas cousiñas que non foron capaces de facer os que gobernaron aquí ata 2003, seguramente por falta de tempo.
    Este outro tipo de votante, o que ten sentido, o que é persoa ten a capacidade de reaccionar con indignación cando observa como un grupo de veciños, con moi pouca vergoña e categoría moral, reclaman uns cartos para organizar as súas protestas e logo COAS PANCARTAS PAGADAS POLO CONCELLO DE MOS VAN DE ROTONDA EN ROTONDA FACENDO O ABSURDO E O RIDÍCULO. Explícome, digo a facer o absurdo e o ridículo porque estes non tiñan feito unha manifestación na súa vida, así lle roubaran as mantas da cama ao veciño. Estes maniféstanse,agora,oportunistamente, porque lles molesta máis un goberno de esquerdas que catro autovías xuntas, de feito, moléstalles tanto que son capaces de manifestarse, o que xa é dicir, porque os que hoxe van dando pena e noxo polas rotondas son os que antes quedaban na casa porque as manifestacións eran cousa de delincuentes. Pois eu, que fun en 26 anos a bastantes máis protestas e manisfetacións das que irán estes na súa vida, dígolles a estes impresentables que prefiro vivir no medio da autovía que apoiar a senvergoñas oportunistas que van por ahí agredendo á xente e que mirando o Mos de hoxe parece que teñan pasado 50 anos en lugar de 5, e que para defender o atraso no que nos mantiña o goberno do PP hai que ser un fascista ou un burro redomado e que por moito que lles gustara que non fora así, A MAIORÍA PREFIRE O MOS DE CHUS, A GALICIA DE TOURIÑO E A ESPAÑA DE ZAPATERO
    Por certo, en relación s que comentaba a veciña portadora de pancartas pagadas por gobernos socialistas e defensora das agresións en rotondas, ou ben ela non saiu á raza ou iso de que os seus pais e avós votarosn o PSOE soñouno. Saúde.

    Cristina Pérez Leirós. A Porteliña, Petelos, Mos.

  • 7. Outra veciña mais...  |  agosto 28, 2008 en 1:55 am

    Quen defende a Chus Escudero é que non a coñece.

    Non hai que confundir as persoas cos partidos, nin ás ideoloxías xerais co caracter e a forma de actúar das persoas que dicen defendelas.

    Ter unha pésima opinión de Escudero non quere dicir nin que se sexa simpatizante do PP nin que se despreze ao PSOE. Estamos a falar de persoas non de partidos. Para moitos é unha grandísima desgracia que o PSOE ainda teña nas súas filas a esta muller, e esperamos que esta situación non se prolongue indefinidamente, ven sexa porque a inviten a marchar en calque momento, ven sexa porque ela mesma lle encontre outro rumbo a súa vida.

    Escudero, que di agora que é de esquerdas, sorp´rendenos a moitos dos que a coñeciamos fai vinte anos, que quedamos ca idea que entón era de dereitas… E anque de sabios é rectificar, tamén é certo que lle desconocíamos absolutamente interés socialista algún hasta que decididiu entrar na política local. Se cadra, as sempre apretadas listas dos partidos de dereitas, sempre surtidos por tradición de pais a fillos, tamén lle animou a facer algunha viraxe.

    Chama moito a atención o feito de que unha persoa de supostas ideas liberais actúa cunha sempiterna prepotencia que posiblemente só se vexa superada pola súa ignorancia, secundaria a escasa formación que posúe. Calquera que teña tratado con ela, con diferencia de opinións, sabe a qué me refiro: é unha de esas persoas cas que non se pode falar, e que cando vai quedando sen argumentos coherentes e razonados non dubida primeiro en intentar facerte calar como sexa; se non o consigue, pode pasar as descalificacións, aos xestos innecesariamente retadores e desafiantes e mesmo as amenazas… Carece absolutamente da mais elemental elegancia de xestos e non practica nin unha mínima cortesía. Basta votarlle unha ollada aos periódicos e ver coma trata os seus contrincantes: endexamais estivo o panorama político en Mos tan crispado, con tanto cruce de insultos, descalificacións, ameazas de demandas xudiciais, desafíos…

    (Venme a cabeza unha frase de Roland: ” unha trifulca de verduleiras… con todos os meus respetos para as señoras verduleiras”)

    A min a súa forma de actúar seméllaseme moitísimo aos políticos doutros tempos, do século pasado, cando o PSOE non podía existir na vida española, xa me entenden…

    Eu tamén son votante do PSOE de toda a vida, pero nin de broma vou votar a semellante persoaxe: esa muller non me representa, nin representa o que eu penso, nin a miña ideoloxía, nin a miña educación.

    Desde logo que a violencia sempre hai que condeala, e está moi mal que alguén intente agredir tanto a alcaldesa de Mos como a Chus Escudero, pero entendo que a algunha xente débelle entrar unha xenreira de moito c. cada vez que a ve diante.

    …e mais se son votantes de PSOE…

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


O máis ollado

Calendario

febrero 2008
L M X J V S D
« Ene   Mar »
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
2526272829  

O meu Twitter

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

Fotos

Debuxo do Carrabouxo

Nevada (2)

Nevada (2)

Nevada (2)

Nevada (2)

Más fotos

A %d blogueros les gusta esto: