Archive for febrero, 2008

Tamén con Sonsoles!!!

Sonsoles Espinosa

Sonsoles Espinosa é a dona de Zapatero, pero eu estou seguro de que son moitos os españois que descoñecen como cal é o nome e a que se dedica a “presidenta consorte”. Pero está claro que para o PP vale todo, lévano demostrado ao longo desta lexislatura, e agora tocoulle o turno a Sonsoles, a cal intentou pasar o máis desapercibida posible durante a súa estadía na Moncloa.Hoxe a fichaxe estrela do PP, o galáctico de Rajoy, decidiu nun ataque de inspiración durante unha entrevista na Cadena SER manifestar que:

“Compraría la voz de su señora, que canta en un coro. A ver si nos regala sus canciones, ya que no pudo estar en el aniversario del Rey por estar en el coro. Resulta que no puede faltar una voz de entre las 40 del coro, es tan importante su voz que se la compraría.”

Pois parece que ao tiburón das finanzas non lle parece ben que a dona do Presidente do Goberno cante nun coro, xa que ao mellor pensa como o seu amigo José María Aznar que a muller ten que ser “muller, muller”, e polo tanto debe de estar na casa coidando aos fillos e facendo as tarefas da casa.

¿Que vai ser o seguinte que pode usar o PP durante esta campaña?. Atacar ás fillas de Zapatero, ou a seu irmán ou a seu pai, porque ao avó –o Capitán Lozano– ademais de fusilalo no ano 36 seguírono insultando e faltándolle ao respecto durante esta lexislatura.

Anuncios

febrero 5, 2008 at 2:10 am 6 comentarios

Por que no PP non dimite ninguén?

Lamela e Esperanza Aguirre

¿Por que no PP nunca dimite ninguén?. Digan o que digan, fagan o que fagan é igual, eles nunca son responsables de nada. Pero despois teñen a desfachatez e a caradura de pedirlle responsabilidades aos demais –por calquera cousa-, porque eles sempre son os máis castos e os máis puros.

Un Conselleiro de Sanidade, co amparo dunha Presidenta Autonómica, atrévese a acusar a uns profesionais da menciña de “asasinar” a centos de pacientes terminais pola súa neglixencia. Anos despois a xustiza resolve o sobreseimento do caso, e di que non se produxo mala praxis médica. Pero no PP, tras a sentencia, acordan facer corporativismo e dicir que non pasou nada, que non cometeron ningún erro, que fixeron o correcto. ¡¡Que caraduras!!, ¡¡que pouca vergoña!!.

Lamela, Esperanza e Rajoy din que non pasou nada, que todo o que fixeron está ben feito; total só desprestixiaron a uns médicos. ¡¡Iso non é nada!!, ¡¡unha pequena broma!!. A verdade é que non temos sentido do humor.

¿Que pasaría se esto acontecese en Aragón, Andalucía ou Galicia?. ¿Que diría Rajoy, Acebes e Esperanza?. ¿Cal é o verdadeiro tamaño da vara de medir do PP?

febrero 4, 2008 at 1:05 am 1 comentario

Benvidos á rede

blog_lalo

Quero darlle a benvida a tres novas bitácoras que se unen á Rede Galega de Blogs Socialistas. Os tres son da provincia de Ourense e son tres persoas xóvenes: Lalo Gómez Rosales, Antía García e Jonathan da Silva.

Pois só dicirlle que moito ánimo e moita sorte.

febrero 3, 2008 at 2:37 am 3 comentarios

DdC. Volver a empezar: unha nova campaña.

Zapatero en Ourense

Levo varios días “desaparecido” da rede, pero nesta ocasión foi por causas alleas á miña vontade, xa que a culpa foi dunha infección respiratoria que me tivo desconectado durante uns días e recluído na casa. Pero xa estou novamente por aquí disposto a seguir dando guerra e a contarvos algunha que outra “batalliña”.A verdade é que o regreso ao traballo foi de todo menos suave, xa que temos a maquinaria electoral en marcha e quentando motores para afrontar a campaña das eleccións xerais con garantías. Para empezar dous “mitins”: onte en Pontevedra e hoxe en Ourense –con Zapatero-; pero, ademais, mañá imos a Ferrol e o domingo un paseo por Padrón.

Eu intentarei, ao igual que na última campaña, ir contándovos as anécdotas e outros historias que nos acontezan durante estes meses. Confesareivos que o inicio non tivo desperdicio e empezamos onte coas anécdotas xa que Fernando Martínez e eu tivemos que ir dando un pequeno paseo a pé pola autoestrada –camiño de Pontevedra- porque Víctor e Castiñeiras esquecéronse de collernos na área de servizo na que eu deixei o meu coche, e déronse conta cando pasaran de largo; pero nada, unha carreiriña pola vía de acceso e “aquí no pasa nada”, entre nós e sen que se entere ninguén: menos mal que non pasou nese momento a Garda Civil de Tráfico.

Hoxe estivemos no Pavillón dos Remedios de Ourense no primeiro mitin de Zapatero en Galicia, e foi un éxito. Máis de cinco mil persoas abarrotaban o pavillón e foron moitas as que quedaron ás portas, xa que dentro non collía nin un “alfiler”. Zapatero estivo grandioso e tivo, como non, palabras de cariño para os bispos dos que dixo que caeran na tentación de usar o terrorismo na campaña electoral. Falou tamén do medo e das escusas do PP cos debates electorais.

Antes de empezar o mitin, a anécdota foi a intervención do Follonero -o que aparece no programa de Buenafuente– que subiu ao atril e pediu o apoio para o PSOE e para Zapatero. Despois estiven falando con el nun dos pasillos, mentres esperábamos que chegara o presidente, e comenteille que me sorprendera que se mollase desa forma, pero que é algo que se agradece. ¡¡Eu que sempre pensei que a Sexta era do PP!!. Por certo, o Follonero vai a ter un programa na Sexta que se vai chamar “Salvados por la campaña”.

Pois por hoxe nada máis, voume deitar que mañá tocamos en Ferrol e hai que madrugar.

febrero 2, 2008 at 2:18 am 3 comentarios

Entradas recientes


O máis ollado

Calendario

febrero 2008
L M X J V S D
« Ene   Mar »
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
2526272829  

O meu Twitter

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.