Archive for marzo, 2008
O PSdeG en Facebook

O Partido dos Socialistas de Galicia xa forma parte do Facebook, unha web de redes sociais.Son moitas as persoas que forman parte desta comunidade, e os socialistas galegos tamén queremos ter presenza nesta plataforma que conta con milleiros de usuarios e usuarias.
O pasado mes de xaneiro e dun xeito experimental creamos este grupo o cal no día de hoxe conta con coarenta membros. O obxectivo é que no grupo do PSdeG teña cabida todas as persoas progresistas e crear un foro de opinión e participación que poida chegar a todos aqueles que “sintonicen” coas políticas socialistas.
Para os que non coñezades esta comunidade indicarvos que se vos facedes membros do noso grupo teredes acceso e contacto co resto de usuarios e usuarias subscritos ao PSdeG, e que poderes colgar e ver fotos e videos, publicar post e comentarios ou participar en debates na rede. Así que xa sabedes, animádevos e unídevos ao Facebook do PSdeG
Cinco anos despois

O 20 de marzo do 2003 invadiuse Iraq. Cinco anos despois dous dos artífices e máximos defensores da citada invasión seguen a defender a súa decisión.
Bush di que «Expulsar del poder a Sadam Husein ha sido la decisión correcta».
Aznar, nembargantes vai máis alá e di cun descaro e unha desfachatez digna dun enfermo: «volvería a actuar de igual modo», e afirma que a situación en Iraq sen ser idílica “muy buena”.
Está claro que a estes imitadores de superheroes que quixeron liberar ao mundo do eixo do mal non lles importan os milleiros de persoas que quedaron mutiladas ou que morreron por mor do seu afán imperialista. A estas alturas ninguén é capaz de calcular con exactitudes os falecidos; por unha banda parece ser que os soldados mortos durante a 2ª Guerra do Golfo son máis de catro mil -4297 exactamente segundo o reconto oficial-, pero contar as baixas civís é máis complicado e neso as cifras son variadas pero sempre aterradores: un estudio realizado pola OMS e o propio goberno iraquí revela que ata xuño do 2006 morreran máis de 150.000 persoas; outros estudios chegan a dar unha cifra superior aos 650.000 ou incluso máis.
Pero nin a Aznar nin a Bush, cinco anos despois, lles interesa e moito menos lles preocupa o sufrimento, a morte, a destrucción e o resto das consecuencias ocasionadas por unhas mentes enfermas que se atreven a xogar coa vida dos demais como se xogasen ao Risk. E o peor é que lonxe de amosar algún sentimento de culpabilidade e de asumir o seu grave erro, continúan defendendo a invasión e dicindo que volverían a facer o mesmo.
O tempo pasa, pero os individuos non cambian!!.
DdC. Curiosidades ortográficas


Unha campaña electoral dá para moitas cousas. Como visitas moitos lugares vives infinidade de anécdotas e atopas moitas curiosidades.
Estas dúas fotos son da precampaña electoral e son obra de Rubén –do equipo dos Albertos-; son dunha viaxe a Ribadavia e foron obtidas no concello de Leiro. Creo que é de destacar o estilo e a caligrafía de ámbolos dous carteis, en especial o deseño do primeiro. A ortografía prefiro que a xulguedes vós mesmos.
“A Dennis se le han puesto por corbata”
Que Fernando Alonso é un “crack” creo que xa ninguén o pon en dúbida. Pode caer ben ou mal, pero como piloto de Fórmula 1 é o mellor. E para proba está o GP de Australia, onde demostrou cun coche máis ben mediocre, e a pesares da caótica carreira na que só conseguiron acabar sete coches, a súa calidade rematando en cuarta posición, por diante do McLaren de Kovalainen.
Que o seu Renault está moi lonxe das escuadras punteiras veuse claramente na madrugada do domingo, pero tamén puidemos ver –aqueles que decidimos deitarnos tarde- a un piloto con moito valor e cun control da carreira e do seu coche fora de serie. Está claro que os accidentes e a saída do safety car non lle axudou demasiado, xa que cada vez que lle tocaba entrar a repostar era cando había un accidente e pechaba o pit lane; pero aínda así foi capaz de dar espectáculo e ata de adiantar dunha tacada a un Ferrari e a un McLaren.
Esta temporada vai a ser bastante dura, para Renault, para Fernando e para os aficionados, xa que estamos acostumados a ver ao asturiano loitando para gañar; pero esta tempada moito ten que mellorar o R28 para que sexa así, aínda que de todos os xeitos vainos a dar espectáculo.
E como dixo esta fin de semana Briatore: “A Dennis se le han puesto por corbata”
Pradolongo

Hoxe estreáse a Pradolongo, un filme de Ignacio Vilar gravado íntegramente na comarca de Valdeorras (Ourense). A historia trata sobre tres amigos da infancia que ven como se vai deteriorando a súa amizade por algo tan importante nas nosas vidas como é o amor. Raquel, Martiño e Armando son os protagonistas nesta longametraxe, e son tres mozos que acaban de cumprir a maioría de idade.O persoaxe de Raquel está interpretado por Tamara Canosa –da cal xa teño comentado algo-; Tamara é unha boa actriz … moi boa actriz, e non o digo por pasión de amigo, senón porque á súa idade xa ten unha longa carreira ás súas costas. Pero, fundamentalmente, Tamariña é boa persoa, todo tenrura e simpatía, entusiasmo e sensibilidade; e, merece que a sorte lle pete un día á porta para invitala a protagonizar o sono da súa vida.
Hoxe, sen dúbida, é un día importantante na súa carreira como actriz -xa que estrean na Rúa o filme- na cal non dubido que vai a triunfar, como triunfa xa cada día como persoa e como amiga. Por iso, Tamara, como acostumades a dicir neste mundo da “farándula”: MOITA MERDA!!. Eu, sinxelamente che digo: BOAS NOITES, E BOA SORTE!!
Rajoy, a crónica dunha morte anunciada

O 9 de marzo do 2008 puxo fin a un ciclo político duro e difícil, rematou –eso espero- con catro anos de crispación, mentiras e provocación por parte dun partido político e duns dirixentes que nunca foron capaces de asumir unha derrota electoral.O Partido Popular empregou durante esta lexislatura todos as artimañas ao seu alcance para despreciar e ridiculizar a un Presidente e a un goberno aos que nunca respectou; e intentou por todos os medios de enganar e confundir aos españois co único obxectivo de acadar a presidencia do goberno. En definitiva, tanto Mariano Rajoy coma os seus acólitos e seguidores empregaron todo menos a cabeza e o corazón. Pero catro anos despois os cidadáns votaron libremente e decidiron volver a darlle o seu apoio e o seu respaldo a Zapatero e ao PSOE, e a pregunta que xurde é: ¿e agora que?.
As dúbidas empezan a xurdir nas filas populares e os que no seu momento foron os brazos armados de Rajoy, agora empezan a darlle as cosas. Algúns medios de comunicación afíns empezan a poñer en dúbida o seu “liderazgo”, e os escudeiros/as ¿fieis? onte decidiron non acompañar na foto máis importante de Mariano no balcón de Xénova. Onde estaba Esperanza, Aznar, Anita Botella, Rato, Zaplana, …; parece ser que algúns celebrando a ¿victoria? en Madrid. E o pobre Mariano estaba só acompañado por Acebes, Pizarro, Soraya, Pío e Viri –a súa muller-. ¡¡Pobre Mariano!!.
Rajoy quixo xogar unha partida de “póker” sen ter ningunha baza, e botoulle un farol a todos os cidadáns pero collérono nun “renuncio”, e agora quizais sexa el o que teña que renunciar, porque aínda que nos intente dicir agora que os resultados acadados foron case exitosos a realidade deixa a Mariano e ao PP catro anos máis na oposición. ¡¡Na fría e dura oposición!!. As mentiras, os enganos, os insultos, a traizón, a man dura, …, non obtivo os resultados esperados, e agora chega o momento de que Rouco –o seu amigo e aliado- rece unha oración pola súa alma e que os acólitos populares se apiaden de Mariano.
O día 9 púxolle fin á crónica dunha morte anunciada.
DdC. ¡¡Adeus Isaías, e grazas!!

¡¡Que tristeza rematar así, deste xeito tan duro e tan cruel!!. Viñamos de facer unha visita por Santiago co “Presi” cando me chamou Eva –a miña muller- para dicir que ETA volvera a matar. Nese momento pasáronme moitas cousas pola cabeza, pero o que lembro con máis forza é un sentimento de carraxe, de odio e de impotencia.Levamos moitos quilómetros de esforzo, moitas horas de traballo, moita ilusión, demasiadas horas sen descansar, pero iso agora non conta, o triste despois de tantos días é que un grupo de asasinos desalmados e sen escrúpulos son capaces de aparecer e rachar con todo. E o máis triste é que se atribúen a potestade de poder poñerlle fin a unha vida, sinxelamente porque lles da a gana.
Esta vez a víctima foi Isaías, e a pregunta é: ¿quen pode ser o seguinte?, ou ¿vai a haber máis asasinados?. Creo que a todos e a todas non gustaría que alguén fose a último, e todos temos a esperanza de que iso algún día acontecerá, pero para que sexa así hai que tomar decisións e encarar o futuro con valentía. Algúns estamos dispostos a facelo, pero outros seguen empeñados en mirarse o embigo.
O domingo os demócratas e os que amamos a liberdade temos a oportunidade de expresarnos e de decidir o que queremos co noso voto, por iso todos e todas deberiamos votar con todas as nosas forzas.
Que pena que esta campaña rematase así!!. ¡¡Adeus Isaías, e grazas!!
Comentarios