DdC. Momentos da campaña

marzo 5, 2008 at 3:12 pm 6 comentarios

Zapatero e Mª Amelia

Esta campaña electoral é das máis duras que levo vivido, e asegúrovos que xa levos unhas cantas. A verdade é que non sei se é pola idade, é porque cada vez asumimos máis tarefas na organización dos actos electorais, ou son as dúas cousas.O certo é que levo sen entrar no blog desde o 19 de febreiro, pero é que desde ese día entramos xa na voráxine electoral. O martes mitin en Narón con Alfonso Guerra, ao día seguinte mitin de Felipe González en Vigo, o 21 en A Coruña e Lugo, e pola noite volta á Coruña para o inicio da campaña, e dahí para diante Burela, O Carballiño, Vilagarcía, Ribeira, Ribadavia, A Coruña con ZP, Pontevedra, Baiona, Fene, O Barco, Santiago, Caldas de Reis, Cee, Culleredo, Melide, e hoxe Vigo. En total creo que levamos percorridos preto de 5000 quilómetros. E aínda nos queda ir a Ferrol e a Ourense.

Tiña a intención de realizar o Diario de Campaña, ao igual que fixen nas últimas eleccións municipais, pero a verdade é que me resultou imposible, porque, como vos dicía ao principio, as tarefas cada vez son máis e os horarios máis longos. E iso que nesta campaña incrementamos o equipo de actos de xeito permanente coa presenza de Eva Tomé, co cal conseguimos cumprir a paridade. O equipo de actos públicos nesta ocasión está formado polo “incombustible” Víctor, o cal leva xa case tantos anos no partido como Pablo Iglesias, e vaiamos a onde vaiamos sempre atopa coñecidos; Víctor sempre ten un momento para tararearnos unha canción durante os longos desprazamentos en coche, o cal el é o encargado de conducir –porque se non di que se marea-. Eva Tomé, a nova compañeira, ademais de un soplo de aire fresco ao noso equipo e á organización do PSdeG-PSOE é unha especie de terremoto, que ademais do seu importante traballo apórtanos alegría polo seu entusiasmo e porque sempre está de bo humor.

MARÍA AMELIA E ZAPATERO
Anécdotas nesta campaña levamos xa unhas cantas, as cales espero contarvos noutra ocasión; pero sen dúbida desta campaña teño dous momentos moi especias. O primeiro é o día que coñecín en persoa a Maria Amelia, foi no mitin de A Coruña con Zapatero, e podo asegurarmen que vivín un dos días máis felices desde que traballo no PSdeG-PSOE. Días antes do mitin de Riazor Nacho e Chelis de Pontedeume chamáronme por teléfono para ver a posibilidade de que a avoa blogueira puidese coñecer ao presidente do Goberno, e a min ese encontro resultábame do máis bonito e entrañable, pero non vos nego tamén que me parecía extremadamente complicado, non porque Zapatero non quixese estar con ela, senón polas medidadas de seguridade que o rodean e polo entorno do presidente que de entrada sempre suelen poñer dificultades. Ese mesmo día púxenme en contacto coa xente de actos públicos de Ferraz, e teño que dicir que me facilitaron todo o seu apopio e colaboración e o que ao principio me resultaba bastante difícil resultou ser un momento inesquecible, sobre todo se temos en conta que a propia María Amelia non sabía nada do que lle tiñamos preparado.

A verdade é que ela algo sospeitaba, xa que unha vez que entrou no pavillón de deportes empezou a facer preguntas: “e logo porque me sentades en primeira fila”, cando lle dixen que íamos a subir a unha sala de espera dicía “e a donde me levades agora, non me iredes a facer algo, mira que me poño moi nerviosa”. Pero o gran momento foi cando ela estaba sentada ao carón dunha mesa con Chelis, e Zapatero entrou na habitación e lle dixo “buenas noches”, María Amelia levantou a cabeza e veu ao presidente e dun salto –a pesares da súa idade- levantouse coma un resorte da silla e se abrazou nel. O momento é difícil de contar, porque a emoción e a alegría que transmitía a avoa de muxía non se pode escribir nun blog; estiveron falando bastantes minutos, ata que tivemos que baixala ao recinto do mitin porque tiñamos que empezar. Polo camiño María Amelia dicíame que sentía admiración por Zapatero, porque o vía tan sensible e boa persoa, “tan bueniño” que era coma un neno. Sen dúbida poder participar nunha sorpresa como esta foi algo difícil de esquecer, e serve para sentirse contento polo traballo que facemos a diario.

EN FENE CON IVÁN
Outro dos momentos entrañables da campaña e que gardarei nese álbum de lembranzas e o día que visitamos Fene con Touriño, xa que ese día tiven ese sentimento de satisfacción por un amigo, ao que fai un ano era un compañeiro de traballo na organización socialista, un compañeiro máis que formaba parte do equipo do que vos falaba ao inicio, e agora é nin máis nin menos que o alcalde de Fene. Iván, aquel amigo que viña con nós no coche, o que colaboraba, participaba e traballaba con nós na Rúa do Pino era o que estaba recibindo ao Presidente da Xunta na súa calidade de alcalde, e era o que lle explicaba os proxectos que tiña para Fene e para a comarca de Ferrolterra. Iván psou de estar entre as bambalinas da política, a ser un dos actores protagonistas; e confésovos que me sinto orgulloso de que un amigo e un compañeiro triunfe.

Anuncios

Entry filed under: Blogs Socialistas, DdC, Fene, Galicia, Persoal, Política, PSdeG-PSOE, PSOE, Xerais 2008, Xunta. Tags: , , , , , .

Educación Popular DdC. ¡¡Adeus Isaías, e grazas!!

6 comentarios Add your own

  • 1. concepcion allegue del rio  |  marzo 5, 2008 en 7:00 pm

    Blas, soy Chelis. Otra vez te doy las gracias por lo de María Amelia y me alegro de que tú también hayas pasado ese día esa tremenda emoción. Yo no lo olvidaré en mi vida. Tenía ganas, desde hace tiempo, de organizarle algo a María Amelia que la emocionase de verdad. Sabía de las ganas que ella tenía de conocer y saludar a Zapatero. Le dije a Nacho que me pusiese en contacto contigo. Ya que Zapatero venía a Coruña quería aprovechar esa oportunidad. El problema era “llegar a Zapatero”. Yo sabía que una vez que llegase a Zapatero, debido a su sensibilidad, todo vendría “rodado”. Y así fué. Y me alegro enormemente de que haya sido así. Me alegro de que todos os volcáseis en “ese encuentro”, que ella no olvidará en toda su vida, pero te aseguro que yo tampoco lo olvidaré. Y contigo: YA SOMOS TRES.
    Gracias otra vez, de corazón, MUCHA SUERTE Y QUE GANEMOS. CHELIS

  • 2. Jayja  |  marzo 5, 2008 en 8:37 pm

    Soy cubana, pero soy nieta ciberneticade la abuela Maria Amelia, Amis95. cibernética, y si, creo que el amor de ella y su gran sentido de la justicia, hace que sin conocer profundamente como españoles sus problemas estemos seguros que lo que ella elija sera la mejro eleccion para España.

  • 3. larosadelapaz  |  marzo 6, 2008 en 1:06 am

    conozco el blog de María desde hace algún tiempo y es totalmente de admirar.
    ya nos queda menos para votar!!
    ya está ahí!!

    saludos!

  • 4. Belén  |  marzo 7, 2008 en 1:40 am

    Tan só felicitarche pola túa entrega ao traballo e á causa socialista. Preciosa anécdota a do encontro de María Amelia ( para mín tamén é a miña aboa cibernética ) con Zapatero, eses son os feitos que elevan i enriquecen as persoas.Gracias por adicarnos esta actualización en plena voráxine electoral e desexo que todos gañemos en xustiza, igualdade, solidaridade, paz e prosperidade e a poder ser con “MAIORIA ABSOLUTA”.
    Un abrazo,
    Belén

  • 5. ana maria  |  marzo 8, 2008 en 2:31 am

    me encanto tu personalidadmaria amelia Te cuento qque soy una mujer Argentina y he declarado que voy a vivir 95 años!!!!!!!!!!!Voy por los 65 !!!!!!!!!!!Y te felicito de todo corazon y que Dios te bendiga

  • 6. Boa viaxe María Amelia « Blas García  |  mayo 21, 2009 en 7:45 pm

    […] todos nós, a Chelis por acercarme a ela, e por permitirme compartir con ela e con María Amelia un dos días máis felices no meu traballo. Pero, sobre todo, quero darche as grazas a ti. Grazas por coñecerche, por compartir a túa vida […]

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Calendario

marzo 2008
L M X J V S D
« Feb   Abr »
 12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31  

O meu Twitter

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

A %d blogueros les gusta esto: