Archive for marzo 8, 2008

DdC. ¡¡Adeus Isaías, e grazas!!

¡¡Que tristeza rematar así, deste xeito tan duro e tan cruel!!. Viñamos de facer unha visita por Santiago co “Presi” cando me chamou Eva –a miña muller- para dicir que ETA volvera a matar. Nese momento pasáronme moitas cousas pola cabeza, pero o que lembro con máis forza é un sentimento de carraxe, de odio e de impotencia.Levamos moitos quilómetros de esforzo, moitas horas de traballo, moita ilusión, demasiadas horas sen descansar, pero iso agora non conta, o triste despois de tantos días é que un grupo de asasinos desalmados e sen escrúpulos son capaces de aparecer e rachar con todo. E o máis triste é que se atribúen a potestade de poder poñerlle fin a unha vida, sinxelamente porque lles da a gana.

Esta vez a víctima foi Isaías, e a pregunta é: ¿quen pode ser o seguinte?, ou ¿vai a haber máis asasinados?. Creo que a todos e a todas non gustaría que alguén fose a último, e todos temos a esperanza de que iso algún día acontecerá, pero para que sexa así hai que tomar decisións e encarar o futuro con valentía. Algúns estamos dispostos a facelo, pero outros seguen empeñados en mirarse o embigo.

O domingo os demócratas e os que amamos a liberdade temos a oportunidade de expresarnos e de decidir o que queremos co noso voto, por iso todos e todas deberiamos votar con todas as nosas forzas.

Que pena que esta campaña rematase así!!. ¡¡Adeus Isaías, e grazas!!

Anuncios

marzo 8, 2008 at 2:35 am 2 comentarios


Calendario

marzo 2008
L M X J V S D
« Feb   Abr »
 12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31  

O meu Twitter

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.