Pradolongo

marzo 14, 2008 at 6:16 pm 6 comentarios

Cartel de Pradolongo

Hoxe estreáse a Pradolongo, un filme de Ignacio Vilar gravado íntegramente na comarca de Valdeorras (Ourense). A historia trata sobre tres amigos da infancia que ven como se vai deteriorando a súa amizade por algo tan importante nas nosas vidas como é o amor. Raquel, Martiño e Armando son os protagonistas nesta longametraxe, e son tres mozos que acaban de cumprir a maioría de idade.O persoaxe de Raquel está interpretado por Tamara Canosa –da cal xa teño comentado algo-; Tamara é unha boa actriz … moi boa actriz, e non o digo por pasión de amigo, senón porque á súa idade xa ten unha longa carreira ás súas costas. Pero, fundamentalmente, Tamariña é boa persoa, todo tenrura e simpatía, entusiasmo e sensibilidade; e, merece que a sorte lle pete un día á porta para invitala a protagonizar o sono da súa vida.

Hoxe, sen dúbida, é un día importantante na súa carreira como actriz -xa que estrean na Rúa o filme- na cal non dubido que vai a triunfar, como triunfa xa cada día como persoa e como amiga. Por iso, Tamara, como acostumades a dicir neste mundo da “farándula”: MOITA MERDA!!. Eu, sinxelamente che digo: BOAS NOITES, E BOA SORTE!!

Máis info sobre a peli.
Reportaxe de El País.

Anuncios

Entry filed under: Galicia, Publicidade, Recomendacións. Tags: .

Rajoy, a crónica dunha morte anunciada “A Dennis se le han puesto por corbata”

6 comentarios Add your own

  • 1. Rubin de Cendoya  |  marzo 14, 2008 en 8:26 pm

    Pois xa que a recomendas tentarei de vela estas festas, ainda que Trives xa hai anos que non ten cine.

  • 2. Tamara Canosa  |  marzo 17, 2008 en 12:38 am

    A unha non lle adican todos os días as palabras que acabo de ler…

    A verdade é que me emocionaste e non sei moi ben que dicir…tal vez que espero non decepcionarte nunca, aínda que cando dis que son todo ternura creo que te deixas levar polo cariño, jejeje

    Blas…mil graciñas…por todo….sempre.

  • 3. rakel,patri,rebe&fani  |  marzo 27, 2008 en 9:09 pm

    ola wapisimos somos a do colexio maria inmaculada o domingo vamos a star en primeira fila paraver a peli.
    sondes muy wapos/as pero o roberto esta…………..jeje

  • 4. rakel,patri,rebe&fani  |  marzo 27, 2008 en 9:12 pm

    somos amigas do fabian dos rios.
    e a patri a irma do pelikas tamen e dali como a fani mira que non conocer a tuas veciñas jejejej
    TU TAMEN bueno en resumen k vos valla moi ben na peli e ke teñandes moit suerte

    TE KEREMOS MUCHO

    BESITOS

  • 5. Meu Pradolongo « Blas García  |  abril 3, 2008 en 12:07 am

    […] E en Valdeorras había colas enormes. O que si vos pode dicir é que o meu blog desde que colguei o post de Pradolongo máis de trescentas persoas entraron de xeito directo a velo, e son moitas a entradas que rexistra […]

  • 6. Ferrolán  |  abril 30, 2008 en 1:44 am

    Cando os Medios españois intentan xeolocalizar unha noticia, case sempre din a localidade e a súa provincia, pero se é en Galicia, é esta última a “provincia” que utilizan, como se aquelo ficase tan lonxano que non hai por qué esforzarse en especificar, como se a ninguén lle interesase o detalle, ou, mais probabelmente, como se á audiencia non lle servese de nada porque soubese localizar perfectamente Segovia, Palencia ou Teruel, pero non Pontevedra ou Lugo.

    Pero o colmo é que logo aquí, cando alguna nova sucede en certas comarcas, os xornalistiños (incluidos moitos dos que protestan o anterior) fan exactamente o mesmo.

    Ou sexa que, sen botarche culpas… “grazas” por aclararmos que Valderroas está en Ourense.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


O máis ollado

Calendario

marzo 2008
L M X J V S D
« Feb   Abr »
 12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31  

O meu Twitter

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

Fotos

Debuxo do Carrabouxo

Nevada (2)

Nevada (2)

Nevada (2)

Nevada (2)

Más fotos

A %d blogueros les gusta esto: