Adeus á Copa
marzo 21, 2008 at 2:55 am 4 comentarios

Non sei que lle pasa a este Barça!!. Hoxe os barcelonistas sufrimos a nosa enésima decepción esta tempada, porque este equipo non acaba de arrancar. Eu, alomenos, levo desde o comezo esperando que o xogo mellore e empecemos a gañar, pero nada de nada, cada partido é unha pequena desilusión.
Esta vez foi en Valencia, coa resaca das fallas o equipo que dirixe Koeman e Bakero –dous ex barcelonistas ilustres- acabou por prenderlle lume ao “ninot” blaugrana. Nin Eto’o, nin Puyol, nin Valdés, nin Milito, nin Xavi, nin Iniesta, …, ningún estivo á altura das circunstancias e sucumbiron ante un equipo mediocre que está dando máis que falar polo espectáculo extra deportivo que polo seu xogo.
Cada vez que vexo un partido do Barça lembro con nostalxia a aquel equipo que daba espectáculo, que presionaba e atacaba con orden, e que transmitía unha maxia especial; agora só vexo un grupo de xogadores sen ideas, sen clase, que semella que estean aburridos ou cansos de xogar ao fútbol. ¡¡Canto boto de menos ao Dream Team!!
E a pesares de todo o FC Barcelona ata hoxe aínda aspiraba a gañar tres títulos, pero de seguir así, de non xurdir unha milagre as vitrinas do museo do Nou Camp van a quedar como estaban.
Entry filed under: Barça, Deportes, Persoal. Tags: Barça, Fútbol, FC Barcelona.
Cinco anos despois 10 anos!!!!
4 comentarios Add your own
Responder Cancelar respuesta
Trackback this post | Subscribe to the comments via RSS Feed
1.
José-Luis Prieto | marzo 22, 2008 de 1:32 am
Y yo que me alegro, jejeje 😉
Ahora ya solo falta que el Geta gane al Valencia, y me daré por satisfecho
2.
sinblancaporelmundo | marzo 27, 2008 de 9:15 am
Digámosle NO al Barça.
http://sinblancaporelmundo.wordpress.com/2008/03/27/el-barca-fuera-de-la-liga-espanola-%c2%a1ya/
3.
frmartinez | abril 1, 2008 de 9:38 pm
Creo que o que lle pasa ó Barça o explicou con precisión cirúrxica o xornalista Óscar Sanz (de El País) cando na súa crónica do Madrid-Sevilla do domingo pasado, como peche de artigo, sentenciaba:
“La culpa fue del Madrid que, por fin, demostró su condición de líder y que ya está lejos, muy lejos, de un Barça al que le falta todo lo que ayer le sobró al Madrid: grandeza, sobre todo.”
Nunca estiven tan de acordo cun xornalista deportivo. O Real Madrid… que grande!!!
PD: velaquí a crónica completa: http://www.elpais.com/articulo/deportes/Madrid/enorme/elpepudepfut/20080331elpepidep_4/Tes
4.
blas | abril 2, 2008 de 12:49 am
Fran, iso vindo dun “hooligan” madridista coma ti non vale. Eu recoñezo que o Barça está xogando mal e en ocasións ata dando pena, pero vós non estades para tirar bombas de palenque.
Por certo, nos alomenos aínda estamos na Champions, e vós??