Archive for abril, 2008

Un consello de Wicho

microsiervos

Na revista de R deste mes fanlle unha entrevista a Javier Pedreira, máis coñecido na rede como Wicho. Este coruñés é o responsable de informática dos Museos Científicos de A Coruña, pero é máis coñecido por ser un dos creadores de Microsiervos –xunto con Alvy e Nacho-, o blog español máis visitado e o único que aparece en Technorati entre os 100 máis visitados e influintes (concretamente no posto 54).

De toda a entrevista de Wicho, a cal é moi interesante destaco o consello que nos dá aos blogueiros:

“O primeiro: non esperar o éxito da noite á mañá. Un debe de escribir do que lle gusta e, sobre todo, ser constante para enganchar á xente. Hai que ter en conta que un blogger empeza a selo cando comeza a ler outros blogs e intenta aportar e ser útil ao resto da comunidade. Segundo o que dás, tamén recibes. Así é a blogosfera.”

Pois haberá que seguir os consellos dun “crack” da blogosfera, aínda que o máis difícil para min é a constancia porque para iso hai que ter tempo.

abril 30, 2008 at 12:41 am Deja un comentario

Dobre ou nada

O Barça decidiu xogarse esta tempada á ruleta, e apostou en Manchester a dobre ou nada e ao final, como case sempre nestes casos, saíu nada.

É unha mágoa que un equipo –este ano máis ben un grupo de amiguetes millonarios- coma o Barça pase unha tempada en branco –que non merengue- e o peor é que xa é a segunda. E encima dando o espectáculo bochornoso que deu este ano.

É certo que hoxe en Manchester xogou un bo partido, pero víronse as carencias tamén máis que nunca: un equipo con pouca forma física, un Eto’o totalmente desatinado e falto de “olfato”, unha defensa débil, Iniesta mal colocado e en baixa forma, …, e un adestrador perdido e sen confianza; do presidente é mellor non falar. Se o Barça fose aquel equipo con ilusión e que disfrutaba xogando ao fútbol outro galo cantaría, pero o que hai é o que hai.

Esta tempada, nada de nada!!, pero eu espero que esto sirva para reflexionar aos dirixentes culés e invistan en novos xogadores e un adestrador. E que procuren que estes novas adquisicións aprendan principalmente a sufrir, a suar e a querer as cores do club, e non sexan meros mercenarios.

De todas formas: VISÇA EL BARÇA!!!!!

abril 29, 2008 at 11:57 pm Deja un comentario

Vaise «Alomejó»

Que día máis triste para a política española!!. Estou consternado ante a nova de que nos deixa Zaplana. Ese home que tanto nos deu que falar e escribir, ese político de nivel que baseou a súa carreira política en dous mandamentos, por un lado na teoría do “alomejó” segundo a cal todo político do PSOE era culpable de algo mentres non demostrase o contrario; e o outro naquela famosa frase “estoy en política para forrarme”.

Estou seguro de que imos a botar de menos a Exduardo, a ese home de pel morena polos raios uva, pelo engominado e traxes de Armani. Tamén é certo que a súa saída temporal da política e bastante digna –para si a quererían moitos-, marcha para como Delegado de Telefónica en Europa –un cholliño pequeno e cun salario escaso-.

Eu ante esta lamentable marcha, só podo dicir: que vaia con Deus, e que quede alí!!

abril 29, 2008 at 12:38 pm 1 comentario

A Ministra 2.0

Bibiana Ado

Bibiana Aído, a nova ministra de Igualdade, agradece a través do seu blog a infinidades de parabéns que recibiu. Está claro que a Ministra 2.0, como a chaman xa algúns medios de comunicación, pon de manifesto que os tempos cambian, e que agora ata os ministros e ministras poden comunicarse directamente cos cidadáns, só é cuestión de querer, de ter vontade e un pouco de tempo libre. Parece que Bibiana está disposta a facelo:

Sí, me cambia la vida el ser ministra. Pero seré -como he leido por ahí- una ministra 2.0. Una ministra cercana que va a luchar con todas sus fuerzas por la igualdad. Me cambiará la vida, pero merecerá la pena si logro que cambien las vidas de muchas mujeres y muchos hombres. En eso consiste para mí la política y el compromiso.

 

Ver máis no blog de Bibiana Aído.

abril 28, 2008 at 12:16 am Deja un comentario

E o PP?. Ben, grazas

En Libertad Digital non respectan xa nin a Don Manuel. Non é raro tampouco coñecendo a súa liña editorial e os individuos que manexan as teclas deste xornal(???) dixital.

Está claro que a aposta de Fede non é Rajoy, e polo tanto calquera que saia na súa defensa, ou que se atreva a criticar a Esperanza vai a ser diana das críticas destes “ayatolás” da información.

Acabo de botarlle unha ollada e atópome con que de Fraga din:

Fraga, que en 1989 quiso colocar a Isabel Tocino al frente del PP hasta que varios dirigentes tuvieron que convencerle de que debía ser Aznar, y que jamás consiguió ganar unas elecciones generales se dedica ahora a dar lecciones.

E de Rajoy, no seu editorial, afirman que:

Quien, como Rajoy, hace gala de «tener cabeza, entre otras cosas, para utilizarla», debería ser el primero en ser consciente de la empanada mental que padece o la confusión mediática que genera quien hace un discurso como el que él pronunció en Elche.

Por criticar, Libertad Digital ata critica a web do PP:

La web del Partido Popular, que después del despliegue electoral vuelve a su anodino aspecto habitual.

E eu que pensei que era duro en ocasións coas críticas que lle facía a Rajoy ou a Fraga, a verdade e comparándome con estes individuos debo recoñecer que son un «blando».

Non hai peor inimigo que o que tes na casa!!!.

20:35 h. Actualización

Non consigo saír do meu asombro, xa que acabo de ler o blog de Federico –é a primeira vez, confésoo- e ata me puxen colorado pola vergoña. Menudos eloxios lle dedica a Rajoy!!. Non lin nunca algo tan “faltón” e insultante. Dicíame agora Fernando –un compañeiro de traballo- que tiñamos que incluílo na blogosfera socialista, pero eu creo que aos dous días tiñamos que botalo por excesivo, desmedido, infame e inxurioso. Fixádevos nalgunhas cousas que di:

“Es verdad que a quien Mariano busca provocar no como un presidente, ni siquiera como un militante, sino como un navajero de barrio es a Esperanza Aguirre”

“Nunca pensé que Rajoy pudiera comportarse tan aviesamente y debo pedir públicamente disculpas a todos aquellos a los que influí o convencí para que lo votaran en las últimas elecciones”.

“Llevo muchos años viendo en primera fila el circo político nacional pero nunca el espectáculo de que un oso torpón resultara serpiente”.

«Responde perfectamente a la zafiedad ideológica de los Arriolalobos”.

“Gallardón, ese Barrabás disfrazado de Mesías”.

Máis aquí.

abril 22, 2008 at 8:21 pm 1 comentario

115 dólares

Eu non é por meter o dedo na ferida, nin moito menos por lembrar o pasado –aínda que de vez en cando é bo telo presente-, pero hoxe resulta que o barril de petróleo supera os 115 dólares. Case nada!!.

Esto tráeme á cabeza aquelas afortunadas palabras da ministra Ana de Palacio nas que manifestaba que co inicio da Guerra de Iraq xa notabamos o descenso dos prezos da gasolina e o gasóleo. Creo que sobran os comentarios porque a realidade é palpable para todos. O prezo do barril de Brent subiu dende o ano 2003 –ano da invasión a Iraq- ata este ano sobre 90 dólares.

A ascensión do prezo do gasóleo e da gasolina non ten límite, eu só sei que antes enchía o depósito do coche por 40 euros e agora cústame 65, e todo polo capricho e a chulería de Bush, Blair, Aznar e Durao Barroso.

Ver comparativa prezos petróleo.

abril 22, 2008 at 6:49 pm 2 comentarios

O Fedeguiki

Esto do Chiki Chiki está tendo un éxito incrible. Eu non sei o resultado que obterá Rodolfo Chikilicuatre no Festival de Eurovisión, pero o que dou de falar en España e as innumerables versións que se están a facer da mostras ás claras de que o fenómeno chikichiki xa é gañador.

A última versión que coñezo é unha sobre Federico Jiménez Losantos e o PP que acabo de ver en 20 minutos. Non ten desperdicio, botádelle un ollo á súa letra:

El Fedeguiki:

¡PPerrea, PPerrea!

El Fedeguiqui mola mogollón

lo bailan en la COPE, El Mundo y La Razón

dale Fedeguiqui a los peperitos

que con Fedeguiqui se ponen muy tontitos

Lo baila Rajoy, lo baila e$PPeranza

lo baila PPedroJeta con corpiño y con tanga

lo baila la Botella, lo baila Aznar

lo bailan en la sede del Partido Popular

Y el Fedeguiqui se baila así:

¡Uno! ¡Se rompe España!

¡Dos! ¡El 11-M!

¡Tres! ¡De Juana Chaos!

¡Cuatro! ¡La rendición!

Baila Fedeguiqui, baila Fedeguiqui

lo baila Luis del Pino y también sus friquis

Lo bailan los obispPos, lo baila ?Hazte Oír?

lo baila de noche Dragó en Telemadrid

La niña de Rajoy, los fines de semana

lo baila con Pujalte, Acebes y Zaplana

En una manifa del Alcaraz

pusieron Fedeguiqui ¡y todos a bailar!

¡Bailar! ¡Bailar, bailar!

y el Fedeguiqui se baila así. . .

abril 21, 2008 at 1:50 pm 1 comentario

Machismo puro e duro

Antonio Burgos, columnista de ABC
«¿Les parece poco que una flamenquita llegue a ministra del Batallón de Modistillas de ZP?»

Juan Manuel de Prada, columnista de ABC
«Para abastecer su gabinete de tías, Zapatero ha buscado debajo de las piedras»

Federico Jiménez Losantos, axitador social
«No sé qué habrá hecho Bibiana. Como no haya ganado algún torneo de peteneras».

Iñaki Ezkerra, columnista de La Razón
Nombrar a Aído parece «del Gran Hermano, no sé bien si orwelliano o televisivo».

Grupo de Estudios Estratégicos. Chiringuito de opinión fascista
¿Puede un ministerio como el de Defensa ponerse en manos de quien probablemente cogerá la baja dentro de pocos meses?

O nomeamento do novo goberno por parte de José Luis Rodríguez Zapatero trouxo infinidade de comentarios, como non podía ser doutro xeito; e, comentarios de todo tipo e todos –ou case- respectables, xa que cando un fala de nomes e de persoas as opinións sempre son diversas. Antón Losada dicíao onte no programa 59 segundos: “… en cada español hai un seleccionador nacional ou un presidente do goberno …”.

Pero o que non é nin respectable nin moito menos tolerable son certos comentarios tremendamente machistas que veñen de persoeiros indignos que se atreven a xulgar a varias das novas ministras non polas súas cualidades ou a súa valía, senón polo simple feito de ser muller, e algunha ata a xulgan por ser xoven.

A calidade moral e a falla de argumentos destes misóxinos e trasnoitados opinadores da dereita máis rancia queda patente nos seus absurdos e ofensivos comentarios, que nos amosan aos típicos “chuloputas nun puticlú de carretera”. Ao mellor pretendían ser graciosos, ou orixinais pero estes “cultos” homes amosan por un lado a súa baixeza, e pola outra o servilismo cara aqueles que os alimentan.

Pero tampouco se podía esperar moito máis destes “machos” que se xa con anterioridade lle lanzaran todo tipo de “eloxios e cariños” a Soraya Sáenz de Santamaría cando Rajoy a nomeou portavoz do PP

abril 15, 2008 at 7:26 pm 1 comentario

Viva a República!!!!

abril 14, 2008 at 1:27 am 2 comentarios

Celso García de la Riega

Celso Garca de la Riega

Na web do PSdeG-PSOE (www.psdeg-psoe.com) vimos de iniciar unha nova sección, á que por certo aínda non lle puxemos nome e para a cal podedes facer propostas, desde a cal vos vamos a dar a coñecer a diversas persoas que forman parte desta organización ben como afiliados ou como simpatizantes.

Á primeira persoa que decidiron deste o Departamento de Comunicación é Celso García de la Riega, o militante máis vello do PSdeG. Este home natural de Pontevedra e que ten case 93 anos ten moitas cousas que contar, xa que a súa vida estivo marcada por innumerables feitos e ademais mantivo relación con persoaxes ilustres e populares do noso País – Borobó, Castelao ou Bóveda-.

Celso amósanos que é unha persoa con moitas lembranzas, pero tamén con moitas ganas de vivir e moi ilusionada, que remata dicindo: “… teño aínda futuro por diante, espero votar no 2012”

Recoméndovos esta entrevista.

Entrevista íntegra

abril 11, 2008 at 5:15 pm 3 comentarios

Entradas anteriores


Calendario

abril 2008
L M X J V S D
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
282930  

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.