Archive for abril 2, 2008

Non é coña!!!!

Rodríguez Zapatero se pasa de Yahoo! a dirigir Google España

Menuda nova!!

abril 2, 2008 at 1:08 am Deja un comentario

A renovación do PSdeG

El Pas

Estes días estase a falar moito, a raíz dunhas declaracións realizadas por Emilio Pérez Touriño, dunha previsible renovación no PSdeG. O secretario xeral dixo que incorporará unha nova xeración de idades comprendidas entre 30 e 40 anos á Executiva Nacional.A verdade é que eu non sei porque unhas palabras como estas poden crear tanta sorpresa, xa que calquera formación política que queira perdurar no tempo con garantías debe de ir renovando os seus cargos de dirección, porque sempre é positivo ir aportando aire fresco ás ideas e ao traballo diario das moitas veces atascadas e anquilosadas estructuras do partidos.

Eu coincido plenamente co secretario xeral e considero que o momento oportuno para iniciar unha renovación é o vindeiro Congreso Nacional, unha renovación medida e real que mesture a unha xeración nova e preparada que necesita un espazo na dirección socialista con aqueles máis veteranos e curtidos que aporten a súa experiencia.

Exemplos atopamos sempre, é un claro e próximo é a renovación do propio PSOE no ano 2000, cando Zapatero asumiu a Secretaría Xeral e resfrescou as caras da Executiva Federal; ao igual que aconteceu en Galicia no ano 1998 cando despois do Congreso de Ourense se renovou o PSdeG da man do propio Touriño. Está claro, polo tanto, que a intención manifestada polo secretario xeral do PSdeG, non é nova, aínda que é complicado e difícil ver estes cambios nos partidos que están no goberno.

O PSdeG, tal e como di Touriño, “está coñecendo unha gran transformación”; e, esta ten que verse plasmada na vindeira executiva porque non me cabe dúbida que vai a poñer aos socialistas galegos en disposición de gobernar novamente na próxima lexislatura. Espero que os obstáculo a esta renovación necesaria sexan os mínimos, porque é fundamental que todos pensemos no futuro do PSdeG e non nos dediquemos a mirarnos o embigo.

abril 2, 2008 at 12:47 am 6 comentarios


Calendario

abril 2008
L M X J V S D
« Mar   May »
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
282930  

O meu Twitter

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.