A renovación do PSdeG

abril 2, 2008 at 12:47 am 6 comentarios

El Pas

Estes días estase a falar moito, a raíz dunhas declaracións realizadas por Emilio Pérez Touriño, dunha previsible renovación no PSdeG. O secretario xeral dixo que incorporará unha nova xeración de idades comprendidas entre 30 e 40 anos á Executiva Nacional.A verdade é que eu non sei porque unhas palabras como estas poden crear tanta sorpresa, xa que calquera formación política que queira perdurar no tempo con garantías debe de ir renovando os seus cargos de dirección, porque sempre é positivo ir aportando aire fresco ás ideas e ao traballo diario das moitas veces atascadas e anquilosadas estructuras do partidos.

Eu coincido plenamente co secretario xeral e considero que o momento oportuno para iniciar unha renovación é o vindeiro Congreso Nacional, unha renovación medida e real que mesture a unha xeración nova e preparada que necesita un espazo na dirección socialista con aqueles máis veteranos e curtidos que aporten a súa experiencia.

Exemplos atopamos sempre, é un claro e próximo é a renovación do propio PSOE no ano 2000, cando Zapatero asumiu a Secretaría Xeral e resfrescou as caras da Executiva Federal; ao igual que aconteceu en Galicia no ano 1998 cando despois do Congreso de Ourense se renovou o PSdeG da man do propio Touriño. Está claro, polo tanto, que a intención manifestada polo secretario xeral do PSdeG, non é nova, aínda que é complicado e difícil ver estes cambios nos partidos que están no goberno.

O PSdeG, tal e como di Touriño, “está coñecendo unha gran transformación”; e, esta ten que verse plasmada na vindeira executiva porque non me cabe dúbida que vai a poñer aos socialistas galegos en disposición de gobernar novamente na próxima lexislatura. Espero que os obstáculo a esta renovación necesaria sexan os mínimos, porque é fundamental que todos pensemos no futuro do PSdeG e non nos dediquemos a mirarnos o embigo.

Anuncios

Entry filed under: Galicia, Persoal, Política, PSdeG-PSOE. Tags: , , .

O PSdeG en Facebook Non é coña!!!!

6 comentarios Add your own

  • 1. José Manuel Calvo Suárez  |  abril 2, 2008 en 9:39 am

    Ofrezoche a miña opinión non como afiliado o PSdeG, máis ben cono simpatizante, votante e colaborador.
    Eu creo que a sorpresa do anuncio do secretario xeral ven motivada a que o ultimo partido de goberno, o PP pasou varias lexislaturas sen motiverse e introduciu cambios puntuais cando xa era demasiado tarde, aínda que só perdeu o goberno con un escano.
    O PP de Galicia renovouse (quitando a provincia de Ourense, claro) gracias a renuncia a Fraga, polo que o PSdeG creo que o debe facer tamén se quere conservar a presidencia da Xunta ou se se quere convertir en primeira forza do hemiciclo galego.
    Pero este cambio non debe ser só na candidatura a diputados na Xunta, creo que se debería producir tamén un cambio nas alcaldías, porque non me parece moi creíble que se fale de renovar a nivel autonómico, teno a nivel municipal alcaldes ou candidatos a alcaldes que levan xa varias lexislaturas.
    Esta renovación debería comezar de abaixo a arriba.
    Creo que cada un debería, como dí Touriño, deixar de mirarse o embigo e, sexa por gratitud, sentido de responsabilidade deixar o seu paso a novas promesas, pero tamén o mesmo tempo intentar acadar novas responsabilidades.
    Eu creo que a renovación non debe significar o cambio de xente entre os 40 e 50 anos por xente de entre 30 o 40 anos, se non se hai xente, sexa da idade que sexa que leva anos dedicandose a política municipal e que crea que pode aportar máis a nivel autonómico que o faga.
    Para min responsabilidade non é só deixar o seu posto as novas xeracions (non se me malinterprete) senon tamén aspirar a tarefas novas.

  • […] Blas García ( adjunto al Secretario de Organización del PSdeG – PSOE) un interesante post sobre el anuncio del […]

  • 3. frmartinez  |  abril 3, 2008 en 2:10 pm

    Díxeno no foro de Facebook, e quero insistir aquí: a forza sen control non serve de nada!!!

    O anuncio dun cambio xeracional, ou dun cambio ‘de caras’, de nada serve se esa xeración non innova, senón que reproduce e mimetiza o actual PSdeG-PSOE. E, francamente, de xente nova que actúa sendo “máis papista có papa” xa ando ben servido.

    O que quero ver no Congreso é un ‘Socialismo Galego do séc. XXI’ con novas, importantes e transcendentes propostas para modernizar o partido e, sobre todo, para cambiar Galicia.

    Como? A miña opinión sempre a tiven clara: un PSdeG-PSOE do séc. XXI debe afondar máis na definición das súas tres principais siglas: + Partido, + Socialista, e + Galego. En definitiva, un PSdeG máis aberto á cidadanía, máis horizontal e de base (máis aberto á militancia), e máis aberto ás novas ideas e novas formas de facer de Galicia unha sociedade avanzada.

    Grazas, Blas, por abrir o debate. Ogallá as ilusións que compartimos podan converterse, ben pronto, en proxectos e realidades compartidas. Apertas.

  • 4. Nico  |  abril 4, 2008 en 5:07 pm

    A min paréceme ben que haxa que irse renovando, pero como se di ademais de caras hai que aportar novas solucións, propostas e innovar, que ideas este partido as ten dende hai máis dun século e son universais.
    Penso que en accións de goberno estamos sendo bastante socialistas pero quizas deberiamos mostrarnos + galegos aínda.
    Iso sí o das idades supoño que o Sº Xeral o diría para que se visualizara o cambio, xa que non creo que ninguén quede fora por pasarse ou non chegar.
    Por último creo tamén que é un bo momento para ir tecendo pouco a pouco cada vez máis as diferentes agrupacións e coñecendonos mellor entre veciños(vilas, comarcas,etc) e compañeiros para dende abaixo facer máis partido. Compartindo as nosas experiencias do traballo de partido, sempre atopas cousas doutros compañeiros que poden ser interesantes . A maneira de sumar e abrirse é o traballo diario da xente da base , escoitando, falando e argumentando no día a día. Non con excesiva vehemencia pero sí con convencimento e sempre, dende logo, con moita tolerancia e paciencia.

  • 5. Nieves  |  abril 5, 2008 en 1:34 am

    Blas comparto a túa idea, pero o máis chistoso de todo esto é que si non hai renovación somos os mismos militantes os que decimos que sempre están as mismas caras, pero logo temos medo dos cambios, pois renovarse ou morrer non queda outra e penso que relacionar xente de 30 a 40 anos que aportan ideas novas coa veteranía de xente que xa leva tempo é a mellor forma que temos para mellorar. Pero eso si os cambios por favor escoitando á militancia mirando para o traballo da xente e sabendo que si estamos donde estamos é por toda esa xente que traballa anonimamente e que non cobra do partido sinón que paga por estar afiliada a este partido, que traballa o pouco tempo que queda libre despois da xornada laboral pero que o fai a gusto, renovación si pero escoitando a toda esta xente que ten moito que decir.

  • 6. A renovación do PSdeG - PSOE « Bitácora do Nordés  |  abril 7, 2008 en 1:04 am

    […] Published Abril 7, 2008 .gl / gz Tags: galeguismo, psdeg, psoe, socialismo Estes días, Blas García e Enrique Castro, falaban da renovación do PSdeG – PSOE. Suso de Toro, sumouse este domingo […]

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Calendario

abril 2008
L M X J V S D
« Mar   May »
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
282930  

O meu Twitter

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

A %d blogueros les gusta esto: