Meu Pradolongo

abril 3, 2008 at 12:07 am 6 comentarios

Tamara Canosa

Teño que confesarvos que aínda non vin a “peli” de Tamara, pero estouno desexando. Estou esperando a que a estreen e Santiago para ir a vela, pero o que si vos podo dicir é que todas as persoas que a viron me falaron marabillas do filme.Pradolongo, ademais débelle moita parte do seu éxito á promoción que están a facer por toda Galicia: en institutos, asociacións, facultades; en definitiva chegando ao público dun xeito directo, contactando con eles persoalmente tanto os protagonistas coma o director.

O éxito da película que dirixe Ignacio Vilar está a desbordar as espectativas iniciais, xa que por citar un exemplo, na súa primeira fin de semana en carteleira en Ourense foi a película máis vista con máis de mil douscentos espectadores, superando incluso a películas como “En el punto de mira” con Dennis Quaid, “La noche es nuestra” con Joaquin Phoenix e Eva Mendes, etc… E en Valdeorras había colas enormes. O que si vos pode dicir é que o meu blog desde que colguei o post de Pradolongo máis de trescentas persoas entraron de xeito directo a velo, e son moitas a entradas que rexistra a través de buscadores, especialmente de Google; e boa parte desas entradas son tamén buscando información de Tamara.

Na web que vos vou a recomendar: www.meupradolongo.com, poderedes acceder a vídeos, fotos, información sobre a promoción da película, e ata contactar mediante preguntas e mensaxes cos actores e actrices.

De Tamara non vou a volver a falarvos, porque podería aburrirvos contándovos só cousas boas e positivas dela –aínda que tamén ten o seu carácter-, pero déixovos unha foto na que sae guapísima.

Anuncios

Entry filed under: Galicia, Persoal, Recomendacións. Tags: , , .

Non é coña!!!! Eu non son racista, pero …!!

6 comentarios Add your own

  • 1. Dani  |  abril 3, 2008 en 2:04 pm

    Gracias por el enlace, con tu permiso te correspondo en el mío, enhorabuena por el Blog.

  • 2. frmartinez  |  abril 3, 2008 en 2:14 pm

    Non difames a Tamara, oh!! Pero como que “unha foto” na que sae guapísima????!!!! Dime ti, en que foto non sae Tamara belida como unha rosa fresca??? En ningunha. Porque esa alma limpa que ela ten se lle ve nos ollos luminosos. E xente coma esa sae sempre ben fermosa, por moitas fotos que lle saquen.

    Rapaces, ide ver Pradolongo, que ben merece a pena só por ver a Tamara!!!

  • 3. Tamara  |  abril 5, 2008 en 4:37 pm

    Ola!!!

    Agora que estamos a sábado e teño tempo para poñerme ó día das vosas vidas…encóntrome con estas sorpresas!!

    Que podo dicirche Blas…que espero que cando vexas a película non te sintas decepcionado…que despois das palabras que me adicas sería moito traballo ter que enmendalas!!

    BIcos!!

    Espero vervos pronto!!!!

  • 4. Manuel  |  abril 6, 2008 en 10:13 pm

    Gustoume moito a tu pelicula
    eres moy fermosa e encantariame poder coñecerte algun dia,
    aparte que mais me gusto foy o final,como non jaja.
    Un bico moy grande e enhoraboa pola pelicula.

  • 5. Benxamín  |  octubre 7, 2008 en 11:36 pm

    O 23 de setembro, Pradolongo recibiu o seu merecido premio en Donostia. Estaban todos… estaban cheos de ledicia… arroupados por xente de Galicia da diáspora.
    O filme foi moi aplaudido e gabado. Aos actores e director faltaballes tempo para atender aos convidados na “festa de Pradolongo” no María Cristina. Actores vascos nos acompañaron na festa.
    “Pradolongo” pasou por San Sebastián regalando a beleza das súas localizacións, a xuventude dos seus protagonistas,que nos agasallaron con un agarimo enxebre e galego. O preciso retrato dos amores de xuventude e dos grandes problemas ecolóxicos transportounos á nosa terra. Falouse en galego en Donostia, falouse galego a esgalla, galego de valdeorras, de Fisterra, de Ourense e de Lemos; galego sen trabas nin condicións.
    Tamara estaba fermosa e agarimosa e a luz da súa mirada deixounos prendados a todos. Rubén foi moi disputado nos parladoiros da festa. Roberto prometeu volver a San Sebastián, como premiado de novo, claro. Ignacio, o director, que soubo sacar o mellor dos tres rapaces para levar á pantalla de xeito tan claro á mensaxe do guión.

  • 6. ismael  |  abril 14, 2010 en 8:56 pm

    Hl Tamara. Eres 1 cielo.bss

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Calendario

abril 2008
L M X J V S D
« Mar   May »
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
282930  

O meu Twitter

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

A %d blogueros les gusta esto: