Archive for abril 11, 2008

Celso García de la Riega

Celso Garca de la Riega

Na web do PSdeG-PSOE (www.psdeg-psoe.com) vimos de iniciar unha nova sección, á que por certo aínda non lle puxemos nome e para a cal podedes facer propostas, desde a cal vos vamos a dar a coñecer a diversas persoas que forman parte desta organización ben como afiliados ou como simpatizantes.

Á primeira persoa que decidiron deste o Departamento de Comunicación é Celso García de la Riega, o militante máis vello do PSdeG. Este home natural de Pontevedra e que ten case 93 anos ten moitas cousas que contar, xa que a súa vida estivo marcada por innumerables feitos e ademais mantivo relación con persoaxes ilustres e populares do noso País – Borobó, Castelao ou Bóveda-.

Celso amósanos que é unha persoa con moitas lembranzas, pero tamén con moitas ganas de vivir e moi ilusionada, que remata dicindo: “… teño aínda futuro por diante, espero votar no 2012”

Recoméndovos esta entrevista.

Entrevista íntegra

abril 11, 2008 at 5:15 pm 3 comentarios

Zapatero Presidente!!

Aínda que a nova non é ningunha novidade para ninguén, José Luis Rodríguez Zapatero acaba de ser investido polo Congreso como Presidente do goberno cos votos a favor dos Deputados e Deputadas socialistas.

Noraboa e a traballar!!

abril 11, 2008 at 1:51 pm 2 comentarios


Calendario

abril 2008
L M X J V S D
« Mar   May »
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
282930  

O meu Twitter

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.