Archive for abril 29, 2008

Dobre ou nada

O Barça decidiu xogarse esta tempada á ruleta, e apostou en Manchester a dobre ou nada e ao final, como case sempre nestes casos, saíu nada.

É unha mágoa que un equipo –este ano máis ben un grupo de amiguetes millonarios- coma o Barça pase unha tempada en branco –que non merengue- e o peor é que xa é a segunda. E encima dando o espectáculo bochornoso que deu este ano.

É certo que hoxe en Manchester xogou un bo partido, pero víronse as carencias tamén máis que nunca: un equipo con pouca forma física, un Eto’o totalmente desatinado e falto de “olfato”, unha defensa débil, Iniesta mal colocado e en baixa forma, …, e un adestrador perdido e sen confianza; do presidente é mellor non falar. Se o Barça fose aquel equipo con ilusión e que disfrutaba xogando ao fútbol outro galo cantaría, pero o que hai é o que hai.

Esta tempada, nada de nada!!, pero eu espero que esto sirva para reflexionar aos dirixentes culés e invistan en novos xogadores e un adestrador. E que procuren que estes novas adquisicións aprendan principalmente a sufrir, a suar e a querer as cores do club, e non sexan meros mercenarios.

De todas formas: VISÇA EL BARÇA!!!!!

abril 29, 2008 at 11:57 pm Deja un comentario

Vaise “Alomejó”

Que día máis triste para a política española!!. Estou consternado ante a nova de que nos deixa Zaplana. Ese home que tanto nos deu que falar e escribir, ese político de nivel que baseou a súa carreira política en dous mandamentos, por un lado na teoría do “alomejó” segundo a cal todo político do PSOE era culpable de algo mentres non demostrase o contrario; e o outro naquela famosa frase “estoy en política para forrarme”.

Estou seguro de que imos a botar de menos a Exduardo, a ese home de pel morena polos raios uva, pelo engominado e traxes de Armani. Tamén é certo que a súa saída temporal da política e bastante digna –para si a quererían moitos-, marcha para como Delegado de Telefónica en Europa –un cholliño pequeno e cun salario escaso-.

Eu ante esta lamentable marcha, só podo dicir: que vaia con Deus, e que quede alí!!

abril 29, 2008 at 12:38 pm 1 comentario


Calendario

abril 2008
L M X J V S D
« Mar   May »
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
282930  

O meu Twitter

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.