Archive for abril, 2008

Zapatero Presidente!!

Aínda que a nova non é ningunha novidade para ninguén, José Luis Rodríguez Zapatero acaba de ser investido polo Congreso como Presidente do goberno cos votos a favor dos Deputados e Deputadas socialistas.

Noraboa e a traballar!!

abril 11, 2008 at 1:51 pm 2 comentarios

Eu non son racista, pero …!!

As últimas semanas vimos como xurdiron protestas veciñais en barrios das cidades de A Coruña, Pontevedra e Poio polo realoxo de familias xitanas. Estes veciños que se decidiron a saír á rúa protestan e maniféstanse porque non queren convivir con estas familias de outra raza; e a escusa que poñen é que non é porque sexan xitanos, senón porque non queren convivir con traficantes de droga.

O que máis me sorprende da actitude destes veciños son os “clichés” nos que se moven, que por desgracia son os mesmos que aplica e emprega o resto da sociedade. XITANO=DROGRA. Pero o peor é que cando falamos de racismo o habitual é dicir que non somos racistas, que respectamos a todo o mundo, pero non somos capaces de tratar a persoas de igual xeito a persoas doutras razas ou doutra cor. Claro, pero para todo hai excepcións porque se estes xitanos fosen as irmáns Encarni ou Toñi Salazar (Azúcar Moreno), os futbolistas José Antonio Reyes (Atlético de Madrid) ou Jesús Navas (Sevilla), o bailarín Joaquín Cortés, ou calquera outro famoso as manifestacións veciñais serían para recibilos e pedirlle autógrafos.

Como podemos ser tan hipócritas?. Agora mesmo acabo de ver a unha destas veciñas nun programa de televisión dicindo que ela non é racista … que ata ten amigos “negritos”. Cando vamos a aprender a respectar aos demais?. Calquera persoa ten dereito a vivir dignamente e de ter a posibilidade de integrarse na sociedade, sexa da raza que sexa, porque non todos os xitanos son malos ao igual que non todos os paios son bos.

Entre as persoas “normais” –definición empregada habitualmente polos “nonsonracistaspero”– tamén hai persoas que trafican con droga, pero estes non son marxinados polo seu entorno porque habitan en pazos e conducen Audi´s e teñen restaurantes e negocios prósperos que empregan para branquear os millóns de euros que gañan a costa das vidas de milleiros de persoas e da destrucción de centos de familias. Pero contra estes narcotraficantes que todos e todas coñecemos e cos que nos cruzamos pola rúa non nos atrevemos a manifestarnos e moito menos a insultalos. Lembro o exemplo daquel “narco” famoso dos anos noventa que ata foi presidente do equipo de fútbol do seu pobo e que logrou ascender ata Segunda División B a base de talonario, e os seus veciños e veciñas facíanlle homenaxes e coreaban o seu nome; pero, por desgracia este non é o único exemplo.

En definitiva, que preferimos vivir cun narcotraficante poderoso e recoñecido que cun xitano, pero non, non somos racistas, pero …

abril 9, 2008 at 1:08 am 4 comentarios

Meu Pradolongo

Tamara Canosa

Teño que confesarvos que aínda non vin a “peli” de Tamara, pero estouno desexando. Estou esperando a que a estreen e Santiago para ir a vela, pero o que si vos podo dicir é que todas as persoas que a viron me falaron marabillas do filme.Pradolongo, ademais débelle moita parte do seu éxito á promoción que están a facer por toda Galicia: en institutos, asociacións, facultades; en definitiva chegando ao público dun xeito directo, contactando con eles persoalmente tanto os protagonistas coma o director.

O éxito da película que dirixe Ignacio Vilar está a desbordar as espectativas iniciais, xa que por citar un exemplo, na súa primeira fin de semana en carteleira en Ourense foi a película máis vista con máis de mil douscentos espectadores, superando incluso a películas como “En el punto de mira” con Dennis Quaid, “La noche es nuestra” con Joaquin Phoenix e Eva Mendes, etc… E en Valdeorras había colas enormes. O que si vos pode dicir é que o meu blog desde que colguei o post de Pradolongo máis de trescentas persoas entraron de xeito directo a velo, e son moitas a entradas que rexistra a través de buscadores, especialmente de Google; e boa parte desas entradas son tamén buscando información de Tamara.

Na web que vos vou a recomendar: www.meupradolongo.com, poderedes acceder a vídeos, fotos, información sobre a promoción da película, e ata contactar mediante preguntas e mensaxes cos actores e actrices.

De Tamara non vou a volver a falarvos, porque podería aburrirvos contándovos só cousas boas e positivas dela –aínda que tamén ten o seu carácter-, pero déixovos unha foto na que sae guapísima.

abril 3, 2008 at 12:07 am 6 comentarios

Non é coña!!!!

Rodríguez Zapatero se pasa de Yahoo! a dirigir Google España

Menuda nova!!

abril 2, 2008 at 1:08 am Deja un comentario

A renovación do PSdeG

El Pas

Estes días estase a falar moito, a raíz dunhas declaracións realizadas por Emilio Pérez Touriño, dunha previsible renovación no PSdeG. O secretario xeral dixo que incorporará unha nova xeración de idades comprendidas entre 30 e 40 anos á Executiva Nacional.A verdade é que eu non sei porque unhas palabras como estas poden crear tanta sorpresa, xa que calquera formación política que queira perdurar no tempo con garantías debe de ir renovando os seus cargos de dirección, porque sempre é positivo ir aportando aire fresco ás ideas e ao traballo diario das moitas veces atascadas e anquilosadas estructuras do partidos.

Eu coincido plenamente co secretario xeral e considero que o momento oportuno para iniciar unha renovación é o vindeiro Congreso Nacional, unha renovación medida e real que mesture a unha xeración nova e preparada que necesita un espazo na dirección socialista con aqueles máis veteranos e curtidos que aporten a súa experiencia.

Exemplos atopamos sempre, é un claro e próximo é a renovación do propio PSOE no ano 2000, cando Zapatero asumiu a Secretaría Xeral e resfrescou as caras da Executiva Federal; ao igual que aconteceu en Galicia no ano 1998 cando despois do Congreso de Ourense se renovou o PSdeG da man do propio Touriño. Está claro, polo tanto, que a intención manifestada polo secretario xeral do PSdeG, non é nova, aínda que é complicado e difícil ver estes cambios nos partidos que están no goberno.

O PSdeG, tal e como di Touriño, “está coñecendo unha gran transformación”; e, esta ten que verse plasmada na vindeira executiva porque non me cabe dúbida que vai a poñer aos socialistas galegos en disposición de gobernar novamente na próxima lexislatura. Espero que os obstáculo a esta renovación necesaria sexan os mínimos, porque é fundamental que todos pensemos no futuro do PSdeG e non nos dediquemos a mirarnos o embigo.

abril 2, 2008 at 12:47 am 6 comentarios

Entradas recientes


Calendario

abril 2008
L M X J V S D
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
282930  

O meu Twitter

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.