Archive for mayo 5, 2008

Oh, sorpresa!!

Dando un “paseiño” pola rede acabo de atoparme cunha moi grata sorpresa: Mar Barcón ten un blog!!.

Menuda alegría descubrir que cada día somos máis os que nos atrevemos a escribir e facer públicas as nosas opinións; aquelas cousas que pensamos e o que cremos sen temor nin rubor a que nos lean, e ata asumimos o reto de que poidan comentar e opinar sobre as nosas reflexións. Ter un blog é algo así como contar cun diario de confesións pero ao que todo mundo pode acceder, por iso considero que é un acto de valentía, e máis para persoas como Mar, que pola súa vida política forman parte dese escaparate público ao que parece que é máis doado atacar e criticar.

Pero se algo teño claro é que Mar non é covarde, nin se agacha nunca. Por iso non podo facer outra cousa que felicitala pola súa iniciativa e darlle as grazas por dar este paso, porque con ela xa sumamos un/unha máis.

Así que quedades todos e todas convidadas a visitar o diario de Mar Barcón.

mayo 5, 2008 at 11:04 pm Deja un comentario

Entrevista a Mª Amelia

Que non coñece á avoa blogeira?. Eu creo que moi poucos son os que non escoitaron falar nunca de María Amelia, esa muxián entrañable de 96 anos que apareceu na rede fai algo máis dun ano e desde aquela converteuse nun referente para todos os que tecleamos e seguimos este marabilloso mundo dos blogs e “da internet” como di ela.

Nesta ocasión a web do PSdeG-PSOE (www.psdeg-psoe.com) faille unha entrevista a María Amelia na que nos fala de todo un pouco, da súa vida, de como se fixo socialista, de cando coñeceu a Zapatero, etc. A verdade é que ela ten moitas cousas que contar, e ademais pódovos asegurar que falar con ela é un pracer, máis ben escoitala porque falar fala case todo ela. Lembro a primeira vez que a miña filla falou por teléfono con ela, e eu observaba que Paula non dicía nada, pensei que era debido á súa timidez, e díxenlle en voz baixa: “dille algo, fala con ela”, e Paula dime: “Papá non podo, non me deixa dicir nada”.

Polo tanto, recoméndovos esta entrevista que fixo o gabinete de comunicación do PSdeG-PSOE, e espero que vos guste.

E a adorable María Amelia dicirlle que grazas polos vos momentos que me fixo pasar, e que é unha honra coñecela. Un bico!!!

Entrevista
Vídeo

mayo 5, 2008 at 8:21 pm Deja un comentario


Calendario

mayo 2008
L M X J V S D
« Abr   Jun »
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  

O meu Twitter

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.