Archive for mayo 19, 2008

Traballando para o Congreso

Levo varios días desconectado da blogosfera por motivos de traballo. A verdade é que estes días foron bastante laboriosos, non hai tempo para aburrirse. A organización do 11 Congreso do PSdeG está a xerar bastante actividade na Rúa do Pino, e esta semana estivemos centrados na elaboración da Ponencia Marco e eu particularmente no Informe de Xestión da CENG.

O venres tiñamos que deixar todo listo para poder imprimila, razón pola cal Castiñeiras e eu estivemos no Pino ata as 10 da noite, e durante o sábado pola mañá e parte da tarde houbo que estar pendente de como quedaba definitivamente, para poder imprimila e darlle as últimas correccións durante a maquetación. É de agradecer tamén o traballo e o esforzo de Michel, un dos empregados de Sementeira, a imprenta que traballa habitualmente con nós.

Esa é a razón fundamental pola que este blog leva varios días sen actualizar, a pesares de que moitas foron as novas que foron xurdindo durante estes días. Entre elas, e no que se refire ao ámbito político, a espantada de María San Gil, que decidiu deixar colgado ao pobre de Rajoy. O pobre Mariano non gana para desgustos, e cada vez as diferencias entre os dirixentes do PP son máis grandes e máis visibles, chegando incluso os partidarios de Esperanza a abuchear e insultar ao Alcalde de Madrid a semana pasada, durante un acto oficial.

Cada vez que vexo as dificultades do pobre Mariano venme á cabeza aquel fermoso ballenato da campaña electoral:

“Vamos Rajoy
Mariano Rajoy
y el Partido Popular
contigo estoy

y en el ponemos toda la esperanza
Rajoy presidente
por el vamos a votar”

Que tempos aqueles!!, dirá Mariano, sentado no sofá da súa casa fumando un puro habano, tomando un grolo de brandy gran reserva e lendo o Marca. “Lo que pudo ser y no fue!!”.

Pero, as historias de Mariano e o PP quedan para outro día.

mayo 19, 2008 at 2:04 pm 3 comentarios


Calendario

mayo 2008
L M X J V S D
« Abr   Jun »
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  

O meu Twitter

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.