O PSdeG e a política 2.0

mayo 25, 2008 at 2:45 am Deja un comentario

Como xa vos teño contando días atrás, levamos un tempo traballando na Ponencia Marco do PSdeG para o 11 Congreso Nacional, e na parte que fala do Partido incluímos, como non podía ser doutro xeito, un apartado relativo ás novas tecnoloxías e a política 2.0.

Esta parte –a relativa ao modelo de Partido- foi elaborado por José Manuel Lage, o primeiro político galego que tivo un blog, e como é lóxico non vos vou a poñer toda a Ponencia, pero si vos deixo os apartados que antes vos citei, por si queredes realizar algunha aportación. Comentareivos que algunha xa xurdiu por aí, e que inclúe n seu blog o amigo José Luis Prieto.

Eu, creo lembrar, que é a primeira vez que se cita nunha Ponencia do PSdeG algo relativo ás redes sociais, á blogosfera e desde logo á web 2.0, polo que é un gran avance. O que si vos direi que o PSdeG nos últimos tempos, e grazas ao interese e o traballo dalgúns compañeiros e compañeiras, intentou sempre ter unha presenza activa na rede, para facilitar o contacto e a participacións da cidadanía a través da rede. Como exemplo podería citarvos a presenza en Facebook, Flickr, Youtube, etc.

Anímovos a todos e todas os que o desexedes a participar, e a deixar os vosos comentarios e aportacións.

As redes sociais e as novas tecnoloxías

O PSdeG ten avanzado substancialmente na definición e modernización da súa imaxe externa nos últimos anos, cumprindo as resolucións dos pasados procesos congresuais.

A comunicación social ten experimentado grandes cambios nos últimos tempos sendo preciso un impulso ó sistema de comunicación externa do Partido así como un fortalecemento das ferramentas internas que permitan unha mellor utilización da información e das mensaxes políticas.

Na era da sociedade do coñecemento, a rede xoga un papel fundamental que transformou as formas de produción, de organización do traballo e ata das relacións humanas e por iso dende o PSdeG imos profundizar no traballo en rede, favorecendo a fluidez na transmisión da información e incrementando os recursos internos para facer máis eficaz a nosa tarefa social e política.

O PSdeG seguirá apostando polas novas tecnoloxías, favorecendo non só a chegada da nosa mensaxe a máis cidadáns senón tamén incrementando as posibilidades de contacto directo dos cidadáns co Partido e cos representantes e cargos públicos socialistas.

Os e as socialistas galegos incrementaremos os nosos esforzos para mellorar a nosa presenza en Internet, non só dende un punto de vista estático senón fomentando activamente a participación dos nosos militantes nas redes sociais existentes, e favorecendo a participación social e política de moitos cidadáns que simpatizan co Partido e que colaboran con nós a través da rede en campañas electorais e fóra delas.

A política 2.0, un reto para o PSdeG

A aparición da Web 2.0 supuxo un cambio no espazo público: miles de cidadáns e cidadás opinan, dialogan, debaten e participan na denominada “gran conversación”. A Web 2.0 amplía os espazos de participación e comunicación e ponse ao alcance de todo o mundo. O gran cambio é a superación de intermediarios, deixa de haber uns poucos emisores de información e opinión. É clave a participación das persoas con responsabilidades neste espazo.

O PSdeG apostará pola presenza na blogosfera afrontando a política 2.0 con todas as súas implicacións, é dicir, implicando ós responsables executivos e ós cargos públicos na relación directa cos cidadáns a través de espazos propios na rede e fomentando tamén lugares de información debate e opinión

A política 2.0 non é só escoitar, senón que permite a construción de programas en relación e a partir das persoas. As persoas teñen un protagonismo máis importante. Quérese coñecer o que opina cada responsable político. Permite construír a rede social e conformar novos espazos de encontro, debate e información facilitando o activismo político e unha mellor optimización dos recursos e das mensaxes.

Anuncios

Entry filed under: Galicia, Política, PSdeG-PSOE. Tags: , .

Quen é Bob Dylan?? Contador fai historia

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Calendario

mayo 2008
L M X J V S D
« Abr   Jun »
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  

O meu Twitter

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

Fotos

Debuxo do Carrabouxo

Nevada (2)

Nevada (2)

Nevada (2)

Nevada (2)

Más fotos

A %d blogueros les gusta esto: