Archive for junio, 2008

Puidemos

Fai menos dun mes poucos eran os que confiaban en que a selección española de fútbol puidese gañar a Eurocopa. Se alguén se atrevese a dicir algo así a principios de xuño diriamos que estaba tolo, ou que era un soñador. Pero, tras o Podemos lanzado como slogan pola cadea de televisión Cuatro agochábase unha ilusión encuberta que ao final fíxose realidade, e en verdade puidemos: España Campeona!!.

Pero o mellor, é que a selección española, ese grupo de rapaces novos fixo posible que todo un estado se ilusionase con eles, e conseguiron que fose en Madrid, Cataluña, Euskadi ou Galicia se sentisen e se vivisen as cores da selección, as cores de España. Prazas e pobos de calquera punto ateigáronse de xente para animar á selección, fuxindo de banais nacionalismos separatistas que só están na cabeza dalgúns irresponsables que viven a costa de fomentar un odio inexistente.

O certo é que despois dun partido intenso, e grazas ao gol dun rapaz chaval de vinte e catro anos, conseguimos gañar un Eurocopa, corenta e catro anos despois. Un día histórico, non só pola victoria –que foi o máis importante-, senón tamén pola unidade amosada por millóns de persoas que fomos capaces de vestir unha camiseta vermella e festexar un triunfo. Que dirán agora os Urkullus, os Puigcercós ou os Quintanas de turno?. Quizais estivesen máis alegres coa victoria de Alemaña, pero a realidade é que gañou un pobo, un estado, un sentimento: gañou España.

Ah!!!, e por certo, gañamos con Zapatero no palco; polo tanto, non debe de ser tan gafe como algúns dicían.

junio 30, 2008 at 1:29 am 2 comentarios

Novos blog’s socialistas

Blog de Lucho

Dous novos compañeiros se suman á Rede de Blog’s do PSdeG, e xa case somos corenta. Pouco a pouco imos medrando, empezamos uns cantos innovadores, e pasiño a pasiño a rede socialista vai aumentando.

Carmela Silva, a portavoz socialista no Senado, e Lucho Lago, tamén Senador, acaban de incorporarse a esta tolería das novas tecnoloxías, a escribir nun ordenador e que centos de persoas poidan leelo e comentalo. Que te espidas en moitas ocasións diante de milleiros de descoñecidos.

Alégrome especialmente por Lucho, porque ademais é un bo amigo, unha boa persoa, á cal levo tempo animando a que abra un blog, porque ademais sei que lle gusta escribir, xa o ten feito en numerosas ocasións naquel blog do PSdeG que tivemos colgado durante case un ano.

Espero, e xa estamos traballando, que no próximo Congreso do PSdeG nos xuntemos unha boa parte dos blogueiros e blogueiras do PSdeG, e incluso algúns invitados. A nosa intención é que o Congreso dos días 25, 26 e 27 de xullo sexa un Congreso aberto e participativo, e queremos que os usuarios de internet coñezan o traballo dos socialistas galegos desde diferentes olladas. Desto xa vos irei informando.

Non vos esquezades de visitar os blogs de Lucho e de Carmela.

junio 29, 2008 at 1:33 am Deja un comentario

O Marianismo contra o Aznarismo

Aznar, don José María, un militante moi disciplinado do PP –segundo el- dixo no Congreso Popular que “o PP está no centro desde fai moitos anos, ao menos desde 1989”. Polo tanto, este humilde e modesto militante popular non comparte nin “comprende” esa mensaxe de ir cara ao centro.

Non, se ao final resulta que –segundo Aznar– Rajoy vai a querer levar ao PP cara ao socialismo, e o bo de Mariano vai a ser un tipo de esquerdas, un progre radical que se equivocou de Partido, sempre segundo se desprende das palabras do presidente da FAES.

Dixo Felipe González nunha ocasión que os ex presidentes son coma uns xarróns chineses, pero Aznar é máis ben unha espada de samurai lista para cortar cabezas, e parecía que no Congreso de Valencia estaba disposto para cortarlle a cabeza a Rajoy, así que o pontevedrés debe de empezar a poñer as barbas a remollo, porque o seu futuro no PP non pinta moi claro.

Rajoy, don Mariano, empeza a dar pasos para convertirse nun político máis moderado, máis conciliador e xa empeza a ofertarlle pactos ao goberno de Zapatero, pero vai ser difícil poder borrar a imaxe dun Rajoy opositando con crueldade e negándose a todo no Congreso durante a pasada lexislatura, xa que sacudirse, diante dos españois, esa imaxe negativa e do todo vale, que non lle deu o resultado esperado nas pasadas eleccións; a mudar agora a camiseta e volverse un home sereno, sensato, tolerante, …, para gañarse o voto –quizais para as próximas?-. As persoas non poden cambiar tanto en tan pouco tempo, ou é que nos estiveron enganando, e Rajoy carece de credibilidade porque despois da actitude e dos feitos amosados nos últimos anos non pode pretender ser un tipo de centro, porque si o era carecía entonces de personalidade e da valentía suficiente para sacudirse a influencia de Aznar o samurai.

Observaremos con inquietude e impaciencia o “Marianismo”, porque un cambio de rumbo do PP vai a beneficiar a todos e todas.

junio 25, 2008 at 1:03 am 2 comentarios

3 anos cambiando Galicia


Este é o vídeo que proxectamos no acto do Polideportivo do Restollal.

junio 23, 2008 at 1:19 pm Deja un comentario

España rompe o gafe

Era hora!!. E é merecido. A selección española de fútbol foi capaz de romper coa historia e un 22 de xuño de 2008 pasou de cuartos de final, rompendo o maleficio ao que estabamos acostumados. Agora xa podemos dicir que xogamos coma sempre e gañamos como nunca.

Pero ademais a victoria prodúcese contra Italia e aos penaltis, algo impensable fai uns días. Agora tocan as semifinais, e pasará o que pase, pero alomenos conseguimos romper coa racha de mala sorte que nos acompañaba desde fai anos; demasiados anos.

Luis Aragonés, ese adestrador criticado por todos e respectado por moi poucos, foi capaz de crear un conxunto de rapaces xóvenes aos que lle deu confianza e apoio e como un avó calquera coidou, protexeu e ensinou e fixoos medrar para convertilos en adultos e facer historia con eles.

Ánimo a todos: Villa, Xavi, Iker, Sena, Silva, Iniesta, Puyol, …, a todos os xogadores da selección.

Por certo, dicir que en Boiro hai festa, e os bares está coa música a tope celebrando o triunfo da selección española. Por algo será? Imaxino que ao final neste país –en Galicia- a xente

junio 22, 2008 at 11:49 pm Deja un comentario

De concerto

O venres estivemos no Multiusos do Sar no concerto de Juanes. Fomos varios compañeiros de traballo: Víctor e a súa dona Pilar, Fernando Martínez, Eva, Ánxela, a miña muller –Eva– e eu. Alí atopámonos con bastantes coñecidos que tamén decidiran ir a disfrutar da música deste fantástico cantante colombiano.

Ás cancións máis populares: La camisa negra, Volverte a ver, Para tu amor ou a Dios le pido, coa que comezou o concerto; sumou as cancións máis novas, as do seu novo disco La vida es un ratico. O concerto foi subindo en intensidade e forza a medida de que pasaban as cancións, e rematou despois de dúas horas de calor intenso e de moito baile e suor.

Eu, a verdade, ía un pouco temeroso, xa que a acústica do Multiusos non é a mellor para este tipo de concertos, pero teño que recoñecer que ao final o son era bastante bo, e as gorxas das máis de sete mil persoas que estabamos alí disfrutamos enormemente cun concerto maxistral.

A min gústanme todas as cancións de Juanes, pero especialmente Fotografía, que canta con Nelly Furtado, aínda que o venres cantouna el só.

junio 21, 2008 at 12:08 am Deja un comentario

Os Men in Black de Baltar

Os Men in black de Baltar agredindo aos veciños de Calvos

Esta semana celebrouse en Calvos de Randín unha moción de censura. Esta moción ía dirixida contra un alcalde socialista, Aquilino Valencia, que nas últimas eleccións municipais ganou por maioría absoluta, pero que por aquelo da compra-venta de vontades un concelleiro socialista decidiu venderse ao PP de Baltar e Albertiño Núñez para poder gobernar este pobo.

Os do PP de Calvos disfrazáronse de tránsfugas para liberar de culpa a Baltar, pero a estas alturas nin o “trombonista de Ourense” nin os seus secuaces poden enganar a ninguén; e intentaron cambiar de xeito antidemocrático a vontade dun pobo. E o pobo enfadouse e saíu á rúa para defenderse da invasión duns fascistas preocupados por manter os seus negocietes.

Pero o lío armouse cando Baltar mandou aos men in black, unhas pantasmas vestidos de negro que intentaron intimidar a todo un pobo a base de golpes e ameazas, e un dos damnificados foi o compañeiro e amigo Eladio Osorio, ao cal agrediron estes chulos prepotentes; ao igual que outros varios veciños.

Desde aquí o que pretendo con este post e felicitar aos veciños e veciñas de Calvos pola súa valentía e por defender os seus intereses, e animar a Eladio por defender aquelo no que cre, a democracia e a liberdade; termos aos que outros lle teñen alerxia.

Máis información no blog de Caldelao

junio 15, 2008 at 1:45 am 2 comentarios

65 horas!!!. Están tolos??

A Unión Europea quere que traballemos 65 horas á semana. Esto é unha loucura e un claro retroceso social, pero que ademais demostra que certos dirixentes europeos viven de costas á realidade laboral, quizais porque levan moito tempo sen traballar ou non traballaron na súa vida.

13 horas diarias teriamos que traballar, de luns a venres, se esto vai a diante; ou máis de 10 horas e media de luns a sábado. Quen no seu xuízo pode estar de acordo con esto, e máis agora que estamos a falar de conciliar a vida laboral e familiar. Cando a conciliaríamos?.

Esta nova está tendo moita repercusión na rede, e unha das persoas que está a organizar e a encauzar as protestas é César Calderón a través do seu blog, NetoRatón, e a través do Facebook coa campaña co Grupo ¿65 horas?. Ni de coña”.

Este humilde traballador non dubida en unirse a esta campaña, e ademais invítovos a todos a unirse e protestar por este retroceso e abuso.

Campaña de Sinaturas
Materiais de campaña

junio 14, 2008 at 12:20 am Deja un comentario

Rafa Nadal: sen comentarios

6-1, 6-3 e 6-0. Este é o resultado co que Rafa Nadal ganou o seu cuarto Roland Garros contra o mellor xogador de tenis do mundo, Roger Federer.

Poderíanse dicir moitas cousas de Rafa, pero o tenista mallorquín xa o dixo todo na pista central do trofeo francés. 6-1, 6-3 e 6-0, e punto.

junio 9, 2008 at 12:43 am Deja un comentario

Galicia chámase Galicia

A Real Academia Galega, ante unha consulta da Consellería de Cultura, e por tanto do BNG, acaba de resolver que Galicia é a denominación normativa e xuridicamente lexitima oficial do País.

Galiza, ese topónimo medieval co que os nacionalistas intentaron sementar as dúbidas, continuará a ser un elemento de división e confrontación entre os galegos e as galegas?; ou, acatarán os nacionalistas a “sentencia” dos académicos galegos, e comezarán a chamar ao País polo seu nome oficial?.

junio 9, 2008 at 12:03 am 7 comentarios

Entradas anteriores


Calendario

junio 2008
L M X J V S D
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30  

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.