Galicia chámase Galicia

junio 9, 2008 at 12:03 am 7 comentarios

A Real Academia Galega, ante unha consulta da Consellería de Cultura, e por tanto do BNG, acaba de resolver que Galicia é a denominación normativa e xuridicamente lexitima oficial do País.

Galiza, ese topónimo medieval co que os nacionalistas intentaron sementar as dúbidas, continuará a ser un elemento de división e confrontación entre os galegos e as galegas?; ou, acatarán os nacionalistas a “sentencia” dos académicos galegos, e comezarán a chamar ao País polo seu nome oficial?.

Anuncios

Entry filed under: BNG, Galicia, Política, Xunta. Tags: .

Contador fai historia Rafa Nadal: sen comentarios

7 comentarios Add your own

  • 1. marcus.es » Os eles e as zetas  |  junio 9, 2008 en 1:29 am

    […] Este tema está a dar moito que falar en Chuza, El Correo Gallego, Vieiros e algún que outro blog. Non me sorprendería que se convertese nun tema de debate durante as vindeiras semanas (a nivel […]

  • 2. Nemigo  |  junio 9, 2008 en 12:46 pm

    a RAG carece de competencia en toponimia polo que a súa “resposta” carece de valor vinculante
    Por outra banda a RAG ten a francisco franco baamonde nas súas filas… vamos todo un exemplo de democracia, liberdade e opinión razonada

  • 3. Manuel Cendán  |  junio 9, 2008 en 11:24 pm

    Creo que é un erro a estas alturas andar a garrotazos polo gl ou gz. O país necesita de que os nosos políticos e líderes de opinión se poñan de acordo en temas de máis importancia.
    Persoalmente, uso Galicia, máis en Portugal uso Galiza. Dame igual, para min non ten maior significado. Darlle un valor político a isto é un erro e unha perda de tempo.
    O importante é o novo estatuto, chegar a acordos no diseño básico de infraestruturas, buscar unha solución viable á situación do Sergas, sacar a Reganosa da ría de Ferrol… Facer País. E para iso fai falla acordos entre todos os grupos políticos.
    As cousas serán mellores cando usar “Galiza” ou “Galicia” non teña significado político. Estamos debatendo, desde a Transición democrática, sobre o olor e non sobre o contido (de como facer país).
    E non estou criticando a túa postura, senón constatando friamente e de xeito, creo que obxectivo, un debate que non conduce a ningures, e si a non poñernos de acordo en Galicia, cando temos moito que arar.
    Unha aperta fraternal.

  • 4. jlprieto.net »  Galiza  |  junio 10, 2008 en 6:18 pm

    […] que no mundo real ngaselles… e en penltima instancia, un Estado dentro do Estado co que dividirnos aos galegos entre os “puros” e os de mentira. Porque “Galiza” era unha forma de […]

  • 5. Luisa  |  junio 13, 2008 en 1:30 am

    OS QUE VIDES AGORA CON ESTAS SODES UNS IRRESPONSABEIS.

    Traizoades aos vosos sócios de governo, e aos seu eleitores, a miles de galegos nacionalistas que din Galicia, Galiza, Ghalisia e creron nun cambio ” de progreso” para este pais. O CASO ESTA NA RUDA ADVERSIDADE URXENTE, a frase era de Pondal(?) e rescaou-na o Beiras. … Galiza a de Beiras, a de Castelao a nosa. Agora a vosa urxencia e a verba “Galiza”, ides adiantar as eleicións?, que mais puñaladas aturará o BNG antes de dicer ATE AQUI CHEGAMOS !!!

    Galiza é unha verba galega 100%. Castelao usou-na para a sua obra maxistral e que recolle ainda hoxe o programa político do nacionalismo se se é quen de contextualizar e analisar.

    GALIZA é o noso nome próprio.

  • 6. Carlos Insúa  |  junio 21, 2008 en 9:05 am

    Galicia se chama Galiza. Tamén os arbores se chaman rumorosos. Tamén os nenos “medran en galego” segundo algúns concelleiros do BNG. Fixade ben, non medran en Galicia, nin aprendendo galego, medran dun xeito especial. Os nosos nenos son diferentes hasta medrando, si medran en alemán xa no son galegos aínda que saiban galego mellor que o mestre, politicamente reconvertido, para non complicarse a vida.
    Teño lido “Sempre en Galiza” de Castelao varias veces. Chamarlle a esa obra maxistral e moi atrevido. E un recordatorio de vivezas súas e unha alusión a unha Galicia cristián, parroquial, cooperativista e sempre sumida, “mexan por nos, pero nos deixamos que o fagan”, diría eu, as cousas teñen cambiado, non si?
    Ademais, ¿para qué pensar? O BNG xa o ten todo pensado para nos.

  • 7. eu  |  junio 23, 2008 en 3:47 pm

    GZ

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Calendario

junio 2008
L M X J V S D
« May   Jul »
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30  

O meu Twitter

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

A %d blogueros les gusta esto: