Os Men in Black de Baltar
junio 15, 2008 at 1:45 am 2 comentarios
Esta semana celebrouse en Calvos de Randín unha moción de censura. Esta moción ía dirixida contra un alcalde socialista, Aquilino Valencia, que nas últimas eleccións municipais ganou por maioría absoluta, pero que por aquelo da compra-venta de vontades un concelleiro socialista decidiu venderse ao PP de Baltar e Albertiño Núñez para poder gobernar este pobo.
Os do PP de Calvos disfrazáronse de tránsfugas para liberar de culpa a Baltar, pero a estas alturas nin o “trombonista de Ourense” nin os seus secuaces poden enganar a ninguén; e intentaron cambiar de xeito antidemocrático a vontade dun pobo. E o pobo enfadouse e saíu á rúa para defenderse da invasión duns fascistas preocupados por manter os seus negocietes.
Pero o lío armouse cando Baltar mandou aos men in black, unhas pantasmas vestidos de negro que intentaron intimidar a todo un pobo a base de golpes e ameazas, e un dos damnificados foi o compañeiro e amigo Eladio Osorio, ao cal agrediron estes chulos prepotentes; ao igual que outros varios veciños.
Desde aquí o que pretendo con este post e felicitar aos veciños e veciñas de Calvos pola súa valentía e por defender os seus intereses, e animar a Eladio por defender aquelo no que cre, a democracia e a liberdade; termos aos que outros lle teñen alerxia.
Máis información no blog de Caldelao
Entry filed under: Política, PP, PSdeG-PSOE. Tags: PP.
1.
suso | junio 18, 2008 de 11:17 pm
ola
Son Suso de Xuventudes Socialistas de Lugo, convidarte a que visites o noso novo blog, elaborado polo amigo Diego e por un humilde servidor.
wwww.xsglugo.blogspot.com
2.
Maruxa | junio 21, 2008 de 11:36 am
lendo a tua cronica do sucedido, recordame aos comunicados que lian no “partes” radiofonicos do reximen anterior.
Dician mais ou menos ” elementos subversivos interrupieron en el acto de …….. Los ciudadanos presentes en el acto abuchearon a estos alboratadores y dieron vivas al Caudillo, a España y al Glorioso Movimiento Nacional”
Seri bo ter listas abertas nas eleccions, para que os cidadans ( e tamen as cidadanas ) elixan o que queren.
Lastima que os partidos politicos estades a outras cousas ( asa vosas) e non vos interese .
Asi vos vai, os cidadans ( e cidadanas), os votantes ( e votantas) cada dia pasan mais de vos. Cada dia aburrides mais.