O Marianismo contra o Aznarismo

junio 25, 2008 at 1:03 am 2 comentarios

Aznar, don José María, un militante moi disciplinado do PP –segundo el- dixo no Congreso Popular que “o PP está no centro desde fai moitos anos, ao menos desde 1989”. Polo tanto, este humilde e modesto militante popular non comparte nin “comprende” esa mensaxe de ir cara ao centro.

Non, se ao final resulta que –segundo Aznar– Rajoy vai a querer levar ao PP cara ao socialismo, e o bo de Mariano vai a ser un tipo de esquerdas, un progre radical que se equivocou de Partido, sempre segundo se desprende das palabras do presidente da FAES.

Dixo Felipe González nunha ocasión que os ex presidentes son coma uns xarróns chineses, pero Aznar é máis ben unha espada de samurai lista para cortar cabezas, e parecía que no Congreso de Valencia estaba disposto para cortarlle a cabeza a Rajoy, así que o pontevedrés debe de empezar a poñer as barbas a remollo, porque o seu futuro no PP non pinta moi claro.

Rajoy, don Mariano, empeza a dar pasos para convertirse nun político máis moderado, máis conciliador e xa empeza a ofertarlle pactos ao goberno de Zapatero, pero vai ser difícil poder borrar a imaxe dun Rajoy opositando con crueldade e negándose a todo no Congreso durante a pasada lexislatura, xa que sacudirse, diante dos españois, esa imaxe negativa e do todo vale, que non lle deu o resultado esperado nas pasadas eleccións; a mudar agora a camiseta e volverse un home sereno, sensato, tolerante, …, para gañarse o voto –quizais para as próximas?-. As persoas non poden cambiar tanto en tan pouco tempo, ou é que nos estiveron enganando, e Rajoy carece de credibilidade porque despois da actitude e dos feitos amosados nos últimos anos non pode pretender ser un tipo de centro, porque si o era carecía entonces de personalidade e da valentía suficiente para sacudirse a influencia de Aznar o samurai.

Observaremos con inquietude e impaciencia o “Marianismo”, porque un cambio de rumbo do PP vai a beneficiar a todos e todas.

Anuncios

Entry filed under: Política, PP. Tags: , , .

3 anos cambiando Galicia Novos blog’s socialistas

2 comentarios Add your own

  • 1. frmartinez  |  junio 28, 2008 en 9:37 am

    Despois de ler este post só hai unha cousa coa que non concordo, que é a de que Rajoy non ten credibilidade. Para moita xente, creo que unha maioría, Rajoy era un home “secuestrado” politicamente por unha ideoloxía e unha forma de facer as cousas que non era “a súa”. A iso correspondeu todo o teje-maneje postelectoral: a saída de Acebes, o “deputado raso” de Zaplana, o “no confío en ti” de María San Gil, o “me voy” de Ortega Lara…

    O “apoyo responsable” de Aznar no Congreso do PP veu a “oficializar” algo que era unha opinión, e que Esperanza Aguirre se encargou de “consolidar” coa súa caprichosa reforma do goberno de Madrid. O PP ten dúas almas, a dereita “civilizada” e a dereita “confrontadora”. Outrora, cunha imaxe “moderada”, a de Rajoy, os “frontistas” buscaban copar poder e seguir facendo as mesmas políticas de sempre. Agora, o “civismo” non é só unha imaxe, senón unha oportunidade real de facer política.

    A sociedade entende isto mesmo: Rajoy xa non ten lastres “frontistas” e busca, agora si, “ser como el é”. E isto, en si mesmo, é bo, porque demostra a saúde democrática dunha cidadanía que pode valorar na súa xusta medida o significado dos feitos e as realidades políticas -tan opacas a máis das veces. Se ben foi precisa unha división manifesta e unha oposición “a la última sangre” para que isto fose posible.

    O traballo do goberno agora é, por tanto, máis esixente ca antes. Rajoy ten crédito e credibilidade, bo equipo, e creo que as condicións sociais e económicas son moi favorables ao seu discurso e políticas. Pois mesmo con taxas próximas ao pleno emprego, España segue pensando que o PP é máis apto para os momentos de crise. E o PSOE, nese campo, está facéndoo realmente mal. Agora toca, entón, sermos autoesixentes con nós mesmos, e responsables coa importante misión que nos encomendaron estes tempos “complicados” en España e en Galicia.

    Adiante!

  • 2. blas  |  junio 29, 2008 en 1:40 am

    Fran, creo que ti mesmo xustificas en que Rajoy ten pouca credibilidade, xa que tal e como ti dis:

    Rajoy era un home “secuestrado” politicamente por unha ideoloxía e unha forma de facer as cousas que non era “a súa”.

    Precisamente por iso Rajoy carece de credibilidade e de personalidade, xa que se deixou secuestrar e non loitou nin deixou que xurdiran as súas propias ideas, non foi capaz de crear o PP, o novo PP, que agora defende. E durante a lexislatura pasada permitiu e votou en contra por exemplo, da lei de igualdade, e agora pretende ser o libertador da muller.

    Rajoy, por desgracia para el, ten un pasado político, o cal coñecen os españois, porque ademais presumiu del.

    Fran, un saúdo e grazas por pasearte de cando en vez por este blog.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Calendario

junio 2008
L M X J V S D
« May   Jul »
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30  

O meu Twitter

  • @xaime Puff!! Non sei eu como vai ese estudo, en Ames hai alomenos dous e non aparece nada pintado no mapa 1 day ago
  • Esta noite sobre as 23.30 h. houbo un incendio en Fraíz, na parroquia de Viduído. Dúas cuadrillas da Xunta, GES... fb.me/3cUZrlMJn 1 day ago
  • RT @policia: En estos momentos, operación policial en #Cambrils ante posible ataque terrorista. ¡Evita estar en la calle! Permanece en cas… 2 days ago
  • RT @policia: 🚩Por respeto a las víctimas y a sus familias, por favor, NO compartas imágenes de heridos en atropello de #Ramblas de Barcelona 2 days ago
  • Esta tarde houbo un incendio forestal perigoso en Aldea Nova que saltou ata Os Batáns. Afortunadamente os medios... fb.me/F9WAJiw1 4 days ago

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

A %d blogueros les gusta esto: