Archive for junio 30, 2008
Puidemos
Fai menos dun mes poucos eran os que confiaban en que a selección española de fútbol puidese gañar a Eurocopa. Se alguén se atrevese a dicir algo así a principios de xuño diriamos que estaba tolo, ou que era un soñador. Pero, tras o Podemos lanzado como slogan pola cadea de televisión Cuatro agochábase unha ilusión encuberta que ao final fíxose realidade, e en verdade puidemos: España Campeona!!.
Pero o mellor, é que a selección española, ese grupo de rapaces novos fixo posible que todo un estado se ilusionase con eles, e conseguiron que fose en Madrid, Cataluña, Euskadi ou Galicia se sentisen e se vivisen as cores da selección, as cores de España. Prazas e pobos de calquera punto ateigáronse de xente para animar á selección, fuxindo de banais nacionalismos separatistas que só están na cabeza dalgúns irresponsables que viven a costa de fomentar un odio inexistente.
O certo é que despois dun partido intenso, e grazas ao gol dun rapaz chaval de vinte e catro anos, conseguimos gañar un Eurocopa, corenta e catro anos despois. Un día histórico, non só pola victoria –que foi o máis importante-, senón tamén pola unidade amosada por millóns de persoas que fomos capaces de vestir unha camiseta vermella e festexar un triunfo. Que dirán agora os Urkullus, os Puigcercós ou os Quintanas de turno?. Quizais estivesen máis alegres coa victoria de Alemaña, pero a realidade é que gañou un pobo, un estado, un sentimento: gañou España.
Ah!!!, e por certo, gañamos con Zapatero no palco; polo tanto, non debe de ser tan gafe como algúns dicían.
Comentarios