Archive for junio, 2008

65 horas!!!. Están tolos??

A Unión Europea quere que traballemos 65 horas á semana. Esto é unha loucura e un claro retroceso social, pero que ademais demostra que certos dirixentes europeos viven de costas á realidade laboral, quizais porque levan moito tempo sen traballar ou non traballaron na súa vida.

13 horas diarias teriamos que traballar, de luns a venres, se esto vai a diante; ou máis de 10 horas e media de luns a sábado. Quen no seu xuízo pode estar de acordo con esto, e máis agora que estamos a falar de conciliar a vida laboral e familiar. Cando a conciliaríamos?.

Esta nova está tendo moita repercusión na rede, e unha das persoas que está a organizar e a encauzar as protestas é César Calderón a través do seu blog, NetoRatón, e a través do Facebook coa campaña co Grupo ¿65 horas?. Ni de coña”.

Este humilde traballador non dubida en unirse a esta campaña, e ademais invítovos a todos a unirse e protestar por este retroceso e abuso.

Campaña de Sinaturas
Materiais de campaña

Anuncios

junio 14, 2008 at 12:20 am Deja un comentario

Rafa Nadal: sen comentarios

6-1, 6-3 e 6-0. Este é o resultado co que Rafa Nadal ganou o seu cuarto Roland Garros contra o mellor xogador de tenis do mundo, Roger Federer.

Poderíanse dicir moitas cousas de Rafa, pero o tenista mallorquín xa o dixo todo na pista central do trofeo francés. 6-1, 6-3 e 6-0, e punto.

junio 9, 2008 at 12:43 am Deja un comentario

Galicia chámase Galicia

A Real Academia Galega, ante unha consulta da Consellería de Cultura, e por tanto do BNG, acaba de resolver que Galicia é a denominación normativa e xuridicamente lexitima oficial do País.

Galiza, ese topónimo medieval co que os nacionalistas intentaron sementar as dúbidas, continuará a ser un elemento de división e confrontación entre os galegos e as galegas?; ou, acatarán os nacionalistas a “sentencia” dos académicos galegos, e comezarán a chamar ao País polo seu nome oficial?.

junio 9, 2008 at 12:03 am 7 comentarios

Contador fai historia

Alberto Contador é o segundo ciclista español que gaña o Giro de Italia, o anterior foi Indurain. Pero Contador gaña ademais este Giro despois de que os organizadores do Tour de Francia anunciaran que o seu equipo non ía a tomar parte na saída deste ano, a pesares de ser o gañador do ano pasado; o que sen dúbida lle fixo un gran dano á súa moral, xa que a decepción para el foi tremenda, porque non ía a poder demostrar que non foi só unha sorpresa ou unha casualidade froito dos abandonos forzosos de varios ciclistas que deron positivo, ou dos que se dubidaba da súa legalidade.

Algúns, ata puxeron en entredito a victoria do ciclista madrileño na ronda francesa do ano pasado, pero Contador demostrou neste Giro a súa clase e a súa categoría ao ser capaz de facerse coa maglia rosa, a pesares de que días antes do seu comezo se atopase de vacacións e non se imaxinase nin polo máis mínimo de que ía a participar na carreira italiana. Pero, por sorpresa, a organización do Giro decidiu invitar ao Astaná, o seu equipo, e Contador tivo que facer as maletas, e case sen adestramento, e moito menos a forma axeitada subirse á bici e dar pedaladas polas estradas transalpinas. Ninguén daba un euro por el, algúns, os máis entendidos dicían que só ía aguantar unha semana, pero ao final, dándolle unha lección a todos, o bravo corredor, o sucesor de Indurain acabou impoñéndose ás estatísticas e gañando unha dura carreira.

Que dirán agora os organizadores do Tour, que pensarán os que o acusaron ou dubidaron da súa profesionalidade. Seguramente, haberá de todo, e os chauvinistas organizadores do Tour seguirán crendo que foron acertados na súa decisión, pero o certo é que Alberto Contador acaba de facer historia.

junio 1, 2008 at 7:19 pm 1 comentario

Entradas recientes


O máis ollado

Calendario

junio 2008
L M X J V S D
« May   Jul »
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30  

O meu Twitter

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.