Un Congreso distinto

julio 17, 2008 at 5:27 pm 4 comentarios

Blog do 11º Congreso

Blog do 11º Congreso

O 11 Congreso está a punto de empezar falta pouco máis dunha semana, e na Secretaría de Organización seguimos a traballar –como non podía ser doutro xeito- para preparar esta cita tan importante para os socialistas en particular, e para os galegos e galegas en xeral; xa que desta cita van a saír resolucións e conclusións importantes que influirán de maneira positiva- con seguridade- para todo o País.

Ademais dos temas de intendencia do propio Congreso, desde a organización socialista queremos que este evento teña unha presenza importante na rede, ese instrumento tan importante e necesario nos tempos no que vivimos, por esa razón estamos creando e poñendo en funcionamento as ferramentas necesarias para que todo o mundo que o desexe e que traballa coa rede de xeito habitual ou é usuario temporal poida coñecer o que acontece no Pazo de Congresos de Santiago o fin de semana do Apostol.

Nesta edición os bloggers van a ter unha presencia importante e fundamental, xa que van a ser os encargados de trasladar o desenvolvemento e as súas opinións sobre o que acontece en cada momento no Congreso. Máis de medio cento de persoas, entre Delegados e Delegadas, Observadores e Observadoras, Invitados ou membros da propia organización nos dedicaremos a postear a través das nosas bitácoras as sensacións e o traballo dos e das socialistas. Ademais traballaremos coas redes sociais Facebook e Twitter, teremos un espazo no Flickr, e desde fai uns días abrimos unha web específica do 11º Congreso con información diversa e de interese, especialmente para os participantes no mesmo, e contamos cun blog, no que pretendemos dar unha visión distinta desta xuntanza; ademais de restransmitir en directo por internet –pola PSdeGTV– as ceremonias de apertura e a clausura. En definitiva, facer un acto aberto e público, unha festa para os e as socialistas nos que todo o mundo poida participar.

Como vedes, desde esta casa ademais de predicar sobre as novas tecnoloxías tamén queremos que sexa unha realidade que todo o mundo poda palpar e comprobar.

Anuncios

Entry filed under: Galicia, Política, PSdeG-PSOE, Recomendacións. Tags: , , .

Ja sóc aquí Que pasaría??

4 comentarios Add your own

  • 1. As primeiras reaccións « 11 Congreso::PSdeG-PSOE  |  julio 19, 2008 en 2:50 am

    […] reaccións, e eso nótase no incremento das visitas. O primeiro foi Eladio Osorio, despois Blas García e a estes dous compañeiros do PSdeG uniuse Delfín de Cabanas. Grazas aos tres pola súa axuda a […]

  • 2. suso xsg lugo  |  julio 21, 2008 en 2:43 pm

    Pareceme estupendo o gran traballo que estades facendo para facer chegar os contidos do Congreso ó maior número de cidadáns posible.

    Agardo a vernos no Congreso.

    Un saúdo dende a cidade das murallas.

  • 3. alfonso gil  |  julio 24, 2008 en 9:31 pm

    Animo Blas, desde Euskadi rebibe nuestros mejores deseos para que vuestro Congreso sea un autentico éxito.
    Suerte….

  • 4. jlprieto.net »  Mis forza de Galicia  |  julio 25, 2008 en 3:31 am

    […] de anhelos medievalistas. Somos un Partido tan transparente, sen nada que ocultar sociedade, que nos abriremos en canle ante o resto dos galegos. Somos xente de […]

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


O máis ollado

Calendario

julio 2008
L M X J V S D
« Jun   Ago »
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031  

O meu Twitter

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

Fotos

Debuxo do Carrabouxo

Nevada (2)

Nevada (2)

Nevada (2)

Nevada (2)

Más fotos

A %d blogueros les gusta esto: